Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.485

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BANDE

CÉDULA de notificación (123/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución, con data do 1 de abril deste ano, do teor literal seguinte:

«O exhorto devolto sen cubrir polo Servicio Común de Actos de Comunicación do Decanato dos xulgados de Madrid, por non te-lo seu domicilio a demandada Nets Sharing, na rúa Serrano 240 de Madrid, únase ós autos.

Suspéndese a dilixencia sinalada para o día 8 de abril ás 11 horas, quedando fixada para o día 29 de maio ás 11 horas.

Visto o estado das presentes actuacións, dado que foron negativas as sucesivas dilixencias practicadas nos domicilios facilitados no seu día pola parte demandante, cítese á referida entidade Nets Sharing por edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Nets Sharing, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación».

Bande, un de abril de dous mil dous.

O xuíz

Rubricado