Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Maderas Iglesias, S.A., con nº de código 3603612, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 15-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A.

2002-2004

Centros de traballo de Puxeiros (Vigo), Sanguiñeda (Mos) e Pontellas (O Porriño).

Capítulo I

Aspectos formais

Artigo 1º.-Partes asinantes.

1. Son partes asinantes do presente convenio, en representación da empresa e dos traballadores: a totalidade dos membros que forman parte da comisión negociadora do presente convenio, pola parte empresarial e social respectivamente.

2. Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbitos de aplicación.

1. Territorial. O presente convenio é de aplicación nos centros de traballo de Maderas Iglesias, S.A., sitos en Puxeiros (Vigo), Sanguiñeda (Mos) e Pontellas (O Porriño), e ós que no futuro se poidan crear na provincia de Pontevedra.

2. Persoal. As disposicións do presente convenio afectan na súa totalidade ó persoal da empresa Maderas Iglesias, S.A., coa única excepción do persoal de dirección, o cal regulará a súa relación laboral coa empresa a través do seu respectivo contrato de traballo.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. O presente convenio terá a duración de tres anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004. A súa vixencia será a da totalidade da súa duración.

2. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

3. Para dar cumprimento ó previsto no Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar que o presente convenio non precisa denuncia para a súa total extinción o 31-12-2004.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

As normas contidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas para o persoal que as establecidas polas disposicións vixentes.

Tódalas melloras contidas no convenio establécense co carácter de mínimas. Respectaranse as situacións económicas que, con carácter persoal e en cómputo anual, signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores e excedan das fixadas neste convenio.

Artigo 5º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente consideradas, superan o nivel total deste convenio; no caso contrario, estimaranse absorbidas polas melloras pactadas no mesmo.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por oito membros, designados catro por cada unha das partes, empresarial e social, coas funcións que se especifican no artigo seguinte. Todos eles serán membros da comisión negociadora do presente convenio. Poderán asisti-los asesores que estimen oportunos cada unha das partes.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisón paritaria reunirase sempre que o estime necesario unha das partes, e a convocatoria será asinada pola totalidade dos membros da parte solicitante.

4. A comisión paritaria estará composta por catro membros en representación dos traballadores e catro da empresa, que cada unha das partes nomeará unha vez entre en vixencia o presente convenio. Os cambios que se poidan producir serán comunicados sempre por escrito.

Desígnase como sede da comisión paritaria o centro de traballo que a empresa ten en Sanguiñeda-Mos.

Artigo 7º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) A instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, no seu caso, e previo acordo das partes e a solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos de carácter colectivo ou individual, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite, que será previo e preceptivo, a toda actuación administrativa ou xurisdicional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos ou individuais, de carácter xeral, puidesen formularse en relación á interpretación e aplicación del, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema formulado ou, se iso non fose posible, emita un dictame ó respecto. Este trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no punto 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que se poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asistan ó propoñente.

c) Proposta e petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta xuntaráselle cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá recabar, por vía de ampliación, canta información ou documentación se estime pertinente para unha ou máis completa información do asunto; para este efecto concederáselle ó propoñente un prazo que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión, unha vez recibido o escrito-proposta e, no seu caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión formulada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen se producir resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdicional competente.

6. Cando sexa preciso realizar consultas, o prazo poderá ser aprazado no tempo que a comisión determine.

Capítulo II

Ingreso e contratación

Artigo 8º.-Condicións xerais de ingreso.

1. O ingreso na empresa poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, e demais disposicións de desenvolvemento, e co disposto no presente convenio.

2. A empresa estará obrigada a solictar dos organismos públicos de emprego os traballadores que necesite, cando así llo esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

Artigo 9º.-Probas de aptitude.

1. A empresa, previamente ó ingreso, poderalle realizar ós interesados as probas de selección teórico-prácticas e psicotécnicas, que considere necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son axeitadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desempeñar.

2. O traballador con independencia da súa categoría profesional, e antes da súa admisión na empresa, someterase a un recoñecemento médico obrigatorio.

Artigo 10º.-Período de proba.

1. Salvo pacto en contrario por escrito, o ingreso será provisional ata en tanto no se teña cumprido o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a continuación, e que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: seis meses.

b) Técnicos non titulados, xefes e encargados: dous meses.

c) Oficiais: trinta días laborais.

d) Resto de persoal: quince días laborais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas corespondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do plantel, agás os derivados da resolución

da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-la desistencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá efectos plenos, computándose o tempo dos servicios prestados a efectos de antigüidade.

4. A situación de incapacidade temporal, maternidade, adopción ou acollemento, ou calquera outra causa da suspensión do contrato durante o período de proba, non interromperá o seu cómputo. Non obstante, a empresa, unha vez teña valorada as causas da non superación do período de proba, e o traballador as teña superadas, poderá reinicia-lo vínculo laboral se este fose interrompido con anterioridade.

Artigo 11º.-Contratación.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose sempre por escrito, entregando copia deste contrato ó interesado.

2. O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comenzo da prestación de servicios. As prórrogas que se formalicen realizaranse por escrito, así como o preaviso de remate do contrato.

3. A empresa entregará ó comité de empresa, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, unha copia básica de tódolos contratos que se realicen, ó mesmo tempo que ten que acreditar, por petición do comité, estar ó día nas cotizacións na Seguridade Social.

4. Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a incrementar un dez por cento a contratación indefinida existente en data 31-12-2001.

Artigo 12º.-Contrato fixo de plantel.

Entenderase como contrato fixo de plantel o que se concerte entre a empresa e o traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación.

Artigo 13º.-Contrato para a formación.

1. Este contrato terá por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica do traballador contratado, necesaria para o desempeño dunha profesión, oficio ou posto de traballo cualificado.

2. Poderase celebrar con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vinteún, que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas. Non se aplicará o límite máximo de idade cando o contrato se concerte cun traballador minusválido.

3. En ningún caso, a duración mínima poderá ser inferior a seis meses, nin a máxima superior a dous anos, ou catro se se concerta cunha persoa minus

válida. As partes poderán acordar dúas prórrogas, non podendo se-la duración de cada unha delas inferior a seis meses, nin supera-la duración máxima do contrato.

4. O número de contratos para a formación que pode realiza-la empresa non poderá supera-lo 6% do total do cadro de persoal.

5. A empresa informará ó comité de empresa dos plans de formación tanto individuais ou colectivos, sobre: réxime de xornada que se vai aplicar, distribución do tempo de formación teórica, necesidades segundo grupos profesionais, etc.

6. A formación teórica atenderá ás seguintes consideracións:

a) O tempo dedicado a formación deberase de alternar co traballo efectivo e será dun 15% da xornada máxima do convenio: 6 horas semanais. Estará dirixida ós grupos profesionais de fabricación, mantemento e administrativo.

b) Deberá ser impartida preferentemente nas instalacións da empresa. De non ser así, realizarase en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados e homologados.

c) A formación será financiada con cargo ó Acordo Tripartito de Formación Continua.

d) No caso de que a empresa incumpra as súas obrigas en materia de formación teórica, ou exceda a xornada máxima ordinaria do convenio, deberá aboar ó traballador o cento por cento do salario que lle corresponda a un oficial de 3ª do grupo profesional para o que está a realiza-la formación, desde o momento en que se constate o dito incumprimento.

7. A retribución do traballador contratado para a formación será en tódolos casos, e mentres dure o contrato, do 100% do salario do convenio da categoría máis baixa do grupo profeisonal que lle corresponda. A retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

8. Se á finalización do período temporal máximo, o traballador continuase coa prestación laboral, a empresa converterá o contrato de formación en indefinido, co desempeño dos labores para as que foi formado.

9. Se rematado o contrato, o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto do contrato de formación e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o traballador na súa formación práctica.

10. Os traballadores que subscriban un contrato de formación, se ó seu remate, continuasen na empresa, farano coa categoría de oficial de 3ª.

Artigo 14º.-Contrato en prácticas.

1. Este contrato concertarase con quen estivese en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos

oficialmente recoñecidos como equivalentes que o habiliten para o exercicio profesional.

A prestación do traballo retribuído permitiralle pola súa vez ó traballador aplicar e perfecciona-los seus coñecementos e facilitaralle unha práctica profesional axeitada ó seu nivel de estudios.

2. A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos, ou catro se se concerta cunha persoa minusválida. As partes poderán acordar dúas prórrogas, non podendo se-la duración de cada unha delas inferior a seis meses, nin supera-la duración máxima do contrato.

3. A retribución do traballador será do 100% do salario fixado en convenio. A retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

4. Se á finalización do período temporal máximo, o traballador continuase coa prestación laboral, a empresa converte o contrato en prácticas en indefinido, co desempeño dos labores nos que realizou as prácticas.

5. Se rematado o contrato, o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto do contrato en prácticas e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o traballador.

Artigo 15º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, e posterior e concordante lexislación, que ten por obxecto a realización, dunha obra ou traballo determinado, e cunha execución, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

2. A duración do contrato axustarase ós seguintes supostos:

a) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración. Rematará cando finalicen os traballos, do oficio e categoría, do traballador na dita obra.

b) Malia o punto anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal contratado para unha obra ou servicio determinado poderá seguir prestando servicios na empresa, en calquera dos centros de traballo, polo tempo máximo establecido no convenio do sector de rematantes e aserradeiros de madeiras da provincia de Pontevedra.

3. Os traballadores que formalicen un contrato para obra ou servicio determinado, terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. Esta indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, sen ter en conta a prestación de IT, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 12 meses de duración: 5%.

-De 12 a 24 meses de duración: 4,5%.

-Máis de 24 meses de duración: 2,5%.

De continua-lo traballador na empresa, unha vez teña finalizado o tempo acordado do contrato, non terá dereito ó cobramento das citadas indemnizacións.

As procentaxes das indemnizacións permanecerán inalterables ata o ano 2007.

Artigo 16º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

1. É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, e posterior e concordante lexislación, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

2. Este tipo de contrato estará suxeito ás seguintes consideracións:

a) O contrato establecerá a causa ou circunstancia que o xustifique.

b) A duración máxima deste contrato será de doce meses dentro dun período de quince meses, conforme se establece no convenio do sector de rematantes e aserradoiros de madeira da provincia de Pontevedra. No caso de que se concerte por un prazo inferior a doce meses, poderá ser prorrogado, por unha soa vez, con acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do máximo establecido.

3. Os traballadores que formalicen un contrato eventual por circunstancias da producción, terán dereito, unha vez rematado por expiración de tempo convido, a percibir unha indemnización. Esta indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, sen ter en conta a prestación de IT no seu caso, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 6 meses de duración: 7%.

-De 6 a 9 meses de duración: 5%.

-Máis de 9 meses de duración: 3,5%.

De continua-lo traballador na empresa, unha vez teña finalizado o tempo acordado do contrato, non terá dereito ó cobramento das citadas indemnizacións.

As porcentaxes das indemnizacións permanecerán inalterables ata o ano 2007.

Artigo 17º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

1. Por acordo entre a empresa e o traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos, e a empresa terá a obriga de contratar a un traballador que o substitúa o obxecto de que o primeiro se poida acoller ós beneficios establecidos no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, ou norma que puidese substituíla.

2. As partes asinantes, pactan neste convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será de 65 anos, sen prexuízo de que se poidan completa-los de carencia para a xubilación.

Artigo 18º.-Cesamentos.

1. O fin de contrato deberá ser comunicado, por escrito, ó traballador cunha antelación mínima de quince días naturais. Non obstante, poderase substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais do convenio.

Toda comunicación de preaviso de cesamento, deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación.

O traballador será asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de finiquito.

2. O cesamento voluntario por parte do traballador deberá ser comunicado á empresa, por escrito, e cunha antelación mínima de quince días naturais. O incumprimento desta obriga poderase sancionar, pola empresa, descontando un día de salario por cada día de falta de preaviso.

3. Do regulado con anterioridade, quedan exentos aqueles traballadores que teñan establecido condicións particulares na súa contratación, para os que, no propio contrato, fixaranse as condicións de aviso previo de cesamento voluntario e de finalización.

Capítulo III

Clasificación e promoción profesional

Artigo 19º.-Grupos profesionais.

Segundo a actividade que desempeña na empresa o persoal afectado por este convenio, clasificarase de conformidade cos seguintes grupos profesionais, que pola súa vez comprenden as categorías profesionais que se relacionan a continuación:

a) Persoal de fabricación:

-Peón.

-Oficial 3ª.

-Oficial 2ª.

-Oficial 1ª, xefe de equipo.

-Encargado de sección.

-Encargado xeral.

b) Persoal de mantemento:

-Peón.

-Oficial 3ª.

-Oficial 2ª.

-Oficial 1ª, conductor de camión.

-Xefe de taller.

-Xefe de mantemento.

c) Persoal técnico e administrativo:

-Auxiliar técnico/administrativo.

-Oficial 2ª técnico/administrativo.

-Oficial 1ª técnico/administrativo.

-Xefe de departamento técnico/administrativo.

-Director técnico/administrativo.

Ós efectos aclaratorios, en relación con anterior convenio colectivo (convenio de sector de rematantes e aserradoiros da provincia de Pontevedra) faise constar que no persoal de fabricación, a categoría de oficial de 1ª é equivalente á de xefe de grupo, afiador e aserrador de 1ª; a categoría de oficial de 2ª é equivalente á de carretilleiro e a categoría de oficial de 3ª, á de axudante de afiador.

Artigo 20º.-Ascensos.

Os ascensos dentro do sistema de clasificación profesional, produciranse de acordo cos seguintes criterios que se detallan a continuación:

1. A cobertura de vacante e ascensos para desempeñar postos de traballo que impliquen mando ou confianza, serán en todo caso, de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para acceder a unha categoría profesional superior, establecerase pola empresa un sistema de carácter obxectivo de avaliación de aptitudes, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado, aínda de maneira transitoria, funcións da categoría á que se aspira, sen que iso sexa imprescindible.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán as axeitadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar, e idénticas para tódolos aspirantes.

3. Establécese o ascenso automático desde a categoría máis baixa do grupo profesional á inmediatamente superior, nos seguintes períodos:

-Persoal de fabricación: de peón a oficial de 3ª, ó cumpri-lo ano de antigüidade.

-Persoal de mantemento: de peón a oficial de 3ª, ó cumpri-los dous anos de antigüidade.

-Persoal administrativo ou técnico: de auxiliar a oficial de 2ª, ó cumpri-los tres anos de antigüidade.

Para os efectos do cómputo da antigüidade requirida para o ascenso, faise constar que no caso de que a antigüidade se acumule en varios contratos de traballo, o período máximo entre a finalización dun contrato e comezo do seguinte non poderá ser superior a dous anos.

4. Se a empresa acreditase que o traballador non manifesta aptitudes suficientes para desempeña-los traballos da categoría superior, a súa promoción profesional quedaría en suspenso, ata que o comité de empresa se fixese cargo do expediente e dictaminase definitivamente.

Capítulo IV

Tempo de traballo, vacacións, licencias e excedencias

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

1. A duración máxima anual da xornada de traballo será de corenta horas semanais de traballo, de media en cómputo anual, para tódalas modalidades de traballo reguladas no presente convenio.

Para os anos 2002 e 2003 fíxase unha xornada máxima de traballo efectivo de 1.784 horas, e para o ano 2004 de 1.776 horas.

2. No período do mes anterior ó inicio de cada ano natural, de común acordo entre o comité e a dirección da empresa, elaborarase un calendario laboral, onde quedará establecido, tanto os horarios de traballo das distintas modalidades das xornadas, como o disfrute das vacacións das mesmas. No caso de desacordo, e previo dictame da comisión paritaria de persisti-lo desacordo, decidirá a xurisdición que legalmente lle corresponda.

3. Por acordo entre a empresa e o comité, os calendarios poderán ser obxecto de modificación durante o ano, cando resulte necesario por razóns de carácter técnico, económico ou productivo, respectando, en todo caso, a xornada anual establecida.

Esta circunstancia comunicaráselles ós traballadores cunha antelación mínima dun mes, e con dous meses, como mínimo, antes do inicio do período vacacional de verán.

4. Cando a xornada de traballo, sexa de seis horas ou máis, disporase de quince minutos de descanso, que se considerarán como traballo efectivo.

Artigo 22º.-Modalidades de xornada.

A xornada de traballo na empresa ten as seguintes modalidades:

1. Xornada partida: na modalidade de xornada partida, traballarase a razón de oito horas diarias de traballo de mañá e tarde, cunha interrupción mínima da xornada ó mediodía dunha hora. Na xornada da mañá disporán de quince mínutos de descanso así como cando desfruten da intensiva, que serán considerados como traballo efectivo.

2. Xornada continuada: na modalidade de xornada continuada a quendas, establécese un cómputo diario de oito horas de traballo efectivo, incluídos os quince minutos de descanso retribuídos pola empresa.

Artigo 23º.-Distribución da xornada anual.

A xornada anual de traballo será obxecto de distribución ó longo do ano, de conformidade cos criterios establecidos para cada un dos sistemas de traballo que se detallan a continuación, respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso diario e semanal legalmente establecidos.

1. Xornada partida:

a) A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres, a razón de oito horas de traballo efectivo.

b) O persoal de administración nos meses de xullo e agosto realizará xornada intensiva con dous horarios, de mañá e tarde (soamente para garantir servicios de administración na empresa):

-Mañá: de 7.30 a 15.30 horas.

-Tarde: de 12 a 20 horas.

c) O citado horario de xornada intensiva poderá ser cambiado, cando se elabore o calendario laboral anual, para adaptalo á xornada máxima anual vixente en cada ano.

2. Xornada continuada:

2.1. Xornada continuada fixa: este sistema de xornada realizarase de luns a venres, a razón de oito horas de traballo efectivo, en quendas fixas de mañá, tarde e noite.

2.2. Dúas quendas diarias con dous quendas de persoal (2Q/2P).

Este sistema de quendas realizarase de luns a venres, a razón de oito horas de traballo efectivo, en quendas de mañá e tarde e en rotación continuada.

2.3. Tres quendas diarias con tres quendas de persoal (3Q/3P).

Este sistema de quendas realizarase de luns a venres a razón de oito horas de traballo efectivo, en quendas de mañá, tarde e noite e en rotación continuada.

2.4. Tres quendas diarias con catro quendas de persoal (3T/4P).

a) Este sistema de traballo ten por obxecto realizar un proceso de producción que ten que ser continuado en quendas de mañá, tarde e noite, cubrindo tódolos días da semana, de acordo coa rotación continuada de quendas pactada.

b) O ciclo de traballo será de catro semanas, que se inicia en luns, coa rotación seguinte, establecida de maneira orientativa:

7 traballo-2 descansos-7 traballo-2 descansos-7 traballo-3 descansos.

5. Condicións comúns ó sistema de traballo a quendas.

Tódolos traballadores en réxime de quendas, disfrutarán de quince minutos de descanso en cada xornada, computables como xornada de traballo efectiva, e sen que iso implique trastorno ningún no proceso productivo.

O período de quince minutos de descanso disfrutarase, como criterio orientativo, da seguinte maneira:

-Quenda de mañá: entre as 9.30 e 10.30 horas.

-Quenda de tarde: entre as 17.30 e 18.30 horas.

-Quenda de noite: entre as 1.30 e 2.30 horas.

Cando por motivos de necesidade non puidesen disfrutar do citado tempo de descanso, será retribuido como exceso de xornada, con valor de hora extra.

Artigo 24º.-Días festivos.

1. Os traballadores con sistemas de traballo de: xornada partida, dúas quendas (2Q/2P), tres quendas (3Q/3P) e catro quendas (3Q/4P), disfrutarán dos doce días festivos establecidos no calendario oficial promulgado pola Xunta de Galicia.

Tamén e para os efectos da distribución, compensación e adecuación da xornada anual, con vixencia para o ano 2002, consideraranse como días non laborables e retribuídos (festivos de convenio), os seguintes días: 18 de marzo, 2 e 3 de maio, 24 e 31 de decembro, e un día máis que será determinado polas partes negociadoras do convenio.

A 31 de decembro de cada ano negociarase os festivos correspondentes ó ano natural seguinte.

2. Os traballadores co sistema de traballo de catro quendas (3Q/4P), estarán suxeitos ás seguintes consideracións:

a) No calendario anual para o sitema de 3Q/4P, a empresa non poderá incluír como días de traballo un máximo de seis festivos do total (calendario oficial máis festivos de convenio) do punto anterior, respectando en todo caso, os descansos nas seguintes festas: 24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro e 1 de maio, desde as vintedúas horas dos días anteriores das festas respectivas, agás no día 6 de xaneiro, no que o desfrute do festivo comezará ás 14 horas do día anterior.

b) En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como laborais, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso como permiso retribuído, sempre dentro dos dous meses seguintes ó día festivo deixado de desfrutar, cando o traballador o solicite con quince días de antelación, e sexa compatible coa continuidade da producción.

c) Unha vez teña finalizado o período de vacacións pactado, os traballadores terán opción a cobra-los días festivos na nómina do mes en que se traballen, percibindo como compensación o importe de oito horas extras festivas por día festivo traballado.

d) No mes de decembro, a empresa aboará en horas extras festivas, os días de descanso pendentes de disfrute, salvo que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. Disposicións comúns ás distintas modalidades de xornada:

a) O calendario de vacacións, negociado e acordado entre a empresa e o comité, será coñecido polos traballadores, con dous meses de antelación ó seu desfrute. Unha vez aprobado, quedará exposto no taboleiro de anuncios da empresa.

b) As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

c) O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, aínda que as vacacións en parte correspondan ó ano natural anterior.

d) Para os efectos do devengo das vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal (IT), sexa cal fose a súa causa.

e) Se no momento no que a un traballador lle correspondese, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se atopase en situación de IT por calquera motivo, poderá apraza-lo seu desfrute de común acordo coa empresa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa.

f) No caso de que o traballador cese en situación de IT mentres estivese a desfrutar das vacacións, a duración dela computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percebi-la diferencia entre a retribución correspondente ás vacacións e a prestación de IT.

g) A retribución das vacacións consistirá en: salario base, antigüidade consolidada, e, se é o caso, complemento de especialidade, complemento de nocturnidade (media dos últimos tres meses), complemento de turnicidade e complemento de toxicidade. Os complementos seranlle aboados ó persoal, que pola razón do seu posto de traballo, vén percibindo habitualmente.

h) No caso de producirse o cesamento voluntario, se o traballador ten desfrutado das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral durante o ano.

2. Sistema de xornada partida, continuada fixa, dous (2Q/2P) e tres (3Q/3P) quendas:

a) O persoal adscrito a estes sistemas desfrutarán de trinta días naturais, dos que vinteún, como mínimo, serán laborables.

b) O calendario das vacacións constará de dous períodos: un, nos meses de xullo e agosto; e outro, nas festas do Nadal.

3. Sistema de catro (3Q/4P) quendas:

a) O persoal adscrito a este sistema terá dereito a trinta días naturais, dos que vinteún, como mínimo serán laborables. O desfrute das vacacións será no período de verán, comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

b) O calendario vacacional dividirase en dous períodos: un dos cales será, como mínimo, de 15 días laborais ininterrompidos que se desfrutarán no período de verán; e outro, nas festas do Nadal.

Artigo 26º.-Licencias.

1. O persoal da empresa terá dereito a desfrutar sen perda de retribución, mediante aviso previo ou documento xustificativo posterior, e sempre que non estea desfrutando das súas vacacións ou descansos regulamentarios e estes cubran a totalidade do período solicitado da licencia, das licencias que a continuación se relacionan:

a) Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Por nacemento ou adopción de fillos: 3 días.

c) Por enfermidade grave de:

-Cónxuxe ou fillo: 4 días.

-Pais, irmáns, netos e avós: 2 días.

Entenderase que existe enfermidade grave, exclusivamente, nos supsostos nos que se teña producido hospitalización ou intervención cirúrxica.

O tempo de licencia deste punto poderá ser ampliado, sen dereito a remuneración, logo de certificado médico esixible pola empresa, cando a enfermidade supere os prazos establecidos.

d) Por falecemento de:

-Cónxuxe, fillos, pais que convivan co traballador ou dos que este sexa fillo único: 5 días.

-Pais que non convivan co traballador: 3 días.

-Irmáns, netos e avós: 2 días.

e) Por consulta ó médico:

-Especialista: pola saídas e tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

-De cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poian supera-las 18 horas ó ano.

f) Por traslado a centro médico, causados por enfermidade do cónxuxe ou fillos que convivan co traballador: 6 horas ó ano.

No caso de que os dous pais traballen na empresa, o permiso limitarase a só un deles.

g) Por voda dun fillo: o día da voda.

h) Por cambio de domicilio: un día ó ano.

i) Pola lactación dun fillo, ata nove meses despois do parto, os traballadores/as terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora.

Poderase substituír este dereito por reducción da xornada nunha hora, que terá que ser sempre ó comezo ou ó final da xornada laboral. Cando os dous pais traballen, soamente un poderá exercer tal dereito.

k) Os traballadores terán dereito, así mesmo, a dispor de dous días ó ano, non retribuídos, calquera que sexa a causa alegada na súa petición. O permiso haberá de ser solicitado, por escrito, á empresa cunha antelación mínima de cinco días, e será concedido sempre que o seu desfrute non dificulte o ritmo de producción da empresa.

q) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

2. Disposicións comúns:

a) O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva, de non ter sido solicitada en tal sentido non terá lugar a dita licencia.

b) Nas licencias concedidas por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe dos puntos c) e d) do punto anterior, entenderanse de igual maneira, e con idénticos efectos, naqueles casos nos que non existindo unión matrimonial, se manteña unha relación análoga de afectividade, sempre e cando exista unha efectiva convivencia de parella.

c) Os distintos graos de parentesco do punto anterior, serano tanto por consanguinidade (familiares directos do traballador), ou afinidade (familiares directos do cónxuxe do traballador).

d) No caso de ter que facer un desprazamento superior ós 150 km, nos puntos c) e d), as licencias retribuídas serán ampliadas en dous días.

e) As licencias dos apartados c) e d) do punto anterior poderán ser ampliadas ata dous días máis, sen retribución.

f) Os días de licencia ós que se refire o punto primeiro serán sempre naturais.

Artigo 27º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser forzosa, voluntaria e por coidado de familiares.

A) Forzosa:

1. O traballador poderá situarse en situación de excedencia forzosa, que dará lugar ó dereito á coservación do posto de traballo, nos seguintes casos:

a) Cando fose elixido para un cargo público que imposibilite a súa asistenca ó traballo.

b) Cando exerza un cargo ou funcións sindicais de ámbito provincial ou superior. Neste caso a solicitude irá acompañada dunha certificación da cen

tral sindical á que pertenza, na que consta o cargo ou función sindical para a que foi elixido.

2. O reingreso será automático e solicitarase dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

No reingreso ocuparase unha praza da mesma categoría que tiña antes da excedencia, así como ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia.

3. O traballador con, alomenos, unha antigüidade de quince anos, poderá solicitar excedencia por un prazo de ata dous anos.

Mentres dure o período de excedencia, o traballador non poderá efectuar ningunha actividade profesional, nin por conta propia nin allea.

O reingreso será automático á finalización do período de excedencia solicitado, e conservarase o posto de traballo que o traballador tiña antes do inicio da excendencia.

B) Voluntaria:

1. O traballador con, alomenos, unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco.

Este dereito só poderá ser exercitado de novo polo mesmo traballador, se é o caso, se teñen transcorrido catro anos desde o final da anterior excedencia, salvo casos excepcionais, nos que de mutuo acordo poderá reducirse o dito prazo.

2. O traballador excedente conserva tan só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes, de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o soliciten con, alomenos, un mes de antelación ó termo da excedencia.

C) Excedencia por coidado de familiares:

1. a) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data do nacemento, ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

b) Os sucesivos fillos darán dereito a un período de excedencia que, se é o caso, porán fin ó que se viñera desfrutando.

Cando o pai e nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

c) Durante o primeiro ano terá dereito á conservación e reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

2. a) Os traballadores tamén terán dereito, por unha soa vez do mesmo suxeito causante, a un período de excedencia non superior a nove meses, para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non puidese valerse por si mesmo.

b) Tal situación deberá quedar necesariamente acreditada no momento de solicitude da excedencia. A inexistencia da causa ou condición xeradora do dereito, supón un incumprimento contractual que é tipificado como falta moi grave.

c) Se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

d) Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o inicio da mesma dará fin ó que, se é o caso, se viñera desfrutando.

e) A presente situación de excedencia dá dereito á conservación e reserva do seu posto de traballo.

D) Disposiccións comúns:

1. Nas excedencias nas que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a duración del, non se verá alterada pola situación de excedencia do traballador, e no caso de chegar ó termo deste durante o transcurso dela, extinguirase o dito contrato logo da súa denuncia avisada no prazo mínimo de quince días, salvo pacto en contrario.

2. Durante o período de excedencia, o traballador, en ningún caso, poderá prestar servicios que supoñan unha concorrencia desleal en relación coa empresa. Se así o fixese, perdería automaticamente o seu dereito de reingreso.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 28º.-Estructura salarial.

As retribucións económicas dos traballadores, salariais e non salariais, son as constituídas pola suma, segundo cada caso, dos seguintes conceptos:

1. Retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais.

-Antigüidade consolidada.

-Garantía ad personam.

-Complemento de turnicidade.

-Complemento de nocturnidade.

-Complemento de especialidade.

-Complemento por toxicidade, penosidade e perigosidade.

-Horas extraordinarias:

En día laborable.

En día festivo.

-Gratificacións extraordinarias.

Paga de verán.

Paga de Nadal.

Paga de marzo.

2. Retribucións non salariais:

-Axudas de custo.

-Complemento de transporte.

-Indemnización por cesamento e despedimento.

Artigo 29º.-Salario base.

1. Entendese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo ou de vencemento periódico superior ó mes.

2. A contía de salarios base establecidos para cada categoría profesional, son os que recollen nas táboas do anexo I deste convenio.

3. Para todo o persoal, independentemente do número de días que teña cada mes, consideraranse as mensualidades de trinta días.

O salario base día que se van aplicar a aqueles traballadores que por diferentes causas non traballen o mes completo, será, segundo cada categoría, o resultado de dividir entre 30 o salario base-mes. O salario-día está reflectido tamén no anexo I.

4. Incrementos salariais para os anos 2003 e 2004:

a) Incremento para o 2003: aplicarase un 1,5% máis da previsión do Goberno do IPC para o 2003, á táboa salarial vixente a 31-12-2002.

b) Incremento para o 2004: aplicarase un 2% máis da previsión do Goberno do IPC para o 2004, á táboa salarial vixente a 31-12-2003.

Artigo 30º.-Revisión salarial.

1. Para o ano 2002:

a) No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 2002, supere o 3%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso da dita porcentaxe. De producirse revisión salarial, aboarase a partir do mes en que se supere o 3%.

b) Se o IPC a 31 de decembro de 2002 é superior ó 2%, efectuarase unha revisión no exceso producido, para efectos de que sirva de base de cálculo para as táboas salariais do ano 2003.

2. Para o ano 2003 e 2004:

a) No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de cada un dos dous anos, supere a previsión do Goberno nos respectivos anos, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso da dita porcentaxe. De producirse revisión salarial, aboarase a partir do mes en que se supere a citada previsión.

b) Se o IPC a 31 de decembro de cada un dos dous anos, supere a previsión do Goberno nos respectivos anos, efectuarase unha revisión no exceso producido, para efectos de que sirva de base de cálculo para as táboas salariais dos anos 2004 e 2005 respectivamente.

Artigo 31º.-Complemento garantía ad personam.

1. Os traballadores que veñen percibindo cantidades mensuais en concepto de complemento ad personam (en nómina «complemento persoal»), que retribúen unha circunstancia especial ou específica do traballador, tales como idiomas, títulos, coñecementos especiais e outros (ata o de agora denominada de distintas maneiras), percibirán a dita cantidade na diferencia da retribución que viñan percibindo e a resultante da aplicación dos conceptos salariais e extrasalariais existentes no presente convenio e aplicables ó posto de traballo.

2. Cada ano a retribución total do traballador incrementarase como mínimo no IPC, aumentando ou diminuíndo a contía do complemento persoal na medida en que resulte de aplica-los conceptos retributivos pactados no presente convenio para os anos 2003 e 2004.

3. A presente regulación rexerá durante o tempo de vixencia do presente convenio.

Artigo 32º.-Antigüidade consolidada.

1. Os traballadores manterán e consolidarán as cantidades, que polo concepto de antigüidade desfrutaban en data 31 de decembro de 2001.

2. A contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento personal, baixo o concepto «antigüidade consolidada». Esta contía manterase invariable e por tempo indefinido, e non producirá modificación en ningún sentido e por ningunha causa.

3. O concepto de antigüidade consolidada irá sempre unido, e incrementará, ó de salario base.

Artigo 33º.-Complemento por quenda.

Os traballadores que realicen a súa actividade na modalidade de xornada a catro quendas (3Q/4P), percibirán, por mensualidades, en concepto de complemento de quenda as seguintes cantidades:

-Ano 2002: o 12% do salario base dun peón de fabricación.

-Ano 2003: o 14% do salario base dun peón de fabricación.

-Ano 2004: o 15% do salario base dun peón de fabricación.

No caso de que o 40% dos traballadores do centro de traballo de Pontellas, estivesen traballando no sistema de tres quendas (3Q/3P), a empresa e o comité de empresa negociará a contía dun complemento de quenda para este sistema de traballo.

Artigo 34º.-Complemento nocturnidade.

1. As horas traballadas entre as 22 horas e as 6 horas da mañá do día seguinte, retribuiranse co complemento denominado de nocturnidade cunha contía que se fixa nun incremento do 20% do seu respectivo salario base máis antigüidade consolidada, se é o caso.

2. Aboarase por día de traballo efectivo en xornada de noite. O complemento de nocturnidade aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teñan unha coincidencia superior a catro horas; se a coincidencia fóra de catro horas ou inferior a ese tempo, a retribución que se aboará será a proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

3. O persoal que traballe en dúas quendas, cando a coincidencia horaria entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora, non terá dereito ó complemento de nocturnidade.

Artigo 35º.-Complemento de especialidade.

1. Este concepto salarial aboarase ó persoal de mantemento que, por razón do seu oficio fóra exclusivamente contratado para garanti-lo mantemento industrial (eléctrico, electrónico e mecánico) das plantas de producción.

2. O complemento de especialidade empezará a percibirse a partir do mes seguinte ó que se teña cumprido un ano de antigüidade na empresa. O importe será calculado sobre as seguintes porcentaxes do salario base, na categoría de peón de fabricación.

-Ano 2002: 9%.

-Ano 2003: 10%.

-Ano 2004: 11%.

3. A porcentaxe aplicarase para a categoría máis baixa do persoal de mantemento, incrementándose nun dous por cento para cada unha das categorías superiores. A categoría de conductor de camión non devenga complemento de especialidade.

4. As cantidades correspondentes ó ano 2002, serán as seguintes:

Peón: 56,98 A.

Oficial 3ª: 69,64 A.

Oficial 2ª: 82,30 A.

Oficial 1ª: 94,96 A.

Xefe de taller: 107,62 A.

Xefe de mantemento: 120,28 A.

Artigo 36º.-Complemento de penosidade, toxicidade e perigosidade.

1. O persoal que realice traballos penosos, tóxicos ou perigosos, recibirá por parte da empresa os medios de protección axeitados que eliminen o seu carácter de penosidade, toxicidade ou perigosidade. Segui

rase sempre o establecido na Lei de prevención de riscos laborais e á avaliación de riscos da empresa.

2. No caso de discrepancia entre a empresa e o comité, sobre se un determinado traballo, labor ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, corresponde á comisión paritaria do presente convenio resolve-lo que proceda, logo de informe técnico elaborado polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Xunta de Galicia, da provincia de Pontevedra.

3. Os traballadores que teñan que realizar labores continuadas que resulten excepcionalmete penosas, tóxicas ou perigosas, deberá aboárselle un incremento do 25% sobre o seu salario base, máis antigüidade, se é o caso. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo relamente traballado.

4. Se por calquera causa desapareceran as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os sinalados incrementos. Non tendo polo tanto carácter consolidable.

Artigo 37º.-Gratificacións extraordinarias.

1. A tódolos traballadores aboaráselles tres pagas extras, coa denominación de verán, Nadal e marzo. Devengaranse da seguinte maneira:

-Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-Paga de marzo: do 1 de marzo o 28 de febreiro.

2. A contía das pagas de verán e Nadal serán de trinta días de salario, e a de marzo de quince días, nos seguintes conceptos: salario base e antigüidade consolidada.

3. O aboamento das pagas de verán, de Nadal, e de marzo, faranse efectivas antes do 20 de xullo, do 20 de decembro e do 20 de marzo, respectivamente.

4. O importe de cada unha das pagas extras será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante o seu corrrespondente período do devengo.

5. O período de incapacidade temporal (IT) derivada de accidente laboral computará como efectivamente traballado para os efectos do cálculo das pagas; non así coas IT derivadas de enfermidade común, accidente non laboral, accidente in itinere e enfermidade profesional.

Artigo 38º.-Horas extraordinarias.

1. Consideracións comúns a tódolos traballadores:

a) Son horas extras de forza maior aquelas cunha realización que está motivada por un acontecemento orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial; incendio, inundación, explosión, derrubas, temporais, etc. A súa realización será obrigatoria.

b) Son horas extras estructurais as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

Neste suposto, o número de horas extras realizadas ó cabo do ano, non excedarán das oitenta.

c) Clasificación e consideración das horas extras:

-Hora extra en día laborable (normal): son as que se realizan, antes ou a continuación da xornada de traballo que cada traballador ten asignada en función da súa modalidade de xornada. Nesta modalidade están incluídas as realizadas en sábado polos traballadores con sistema de xornada partida de: continuada fixa e de quendas de (2Q/2P) e (3Q/3P).

-Hora extra en día festivo (festiva): son as realizadas en xornadas festivas, nas que ó traballador, pola súa modalidade de xornada, lle correspondería descanso.

2. O valor da hora extra para os próximos tres anos será conforme a seguinte escala:

Ano 2002

NormalFestiva

Ano 2003

NormalFestiva

Ano 2004

NormalFestiva

a) Fabricación:
-Peón/Oficial 3ª7,698,298,268,868,869,47
-Oficial 2ª7,998,598,569,179,179,77
-Oficial 1ª8,298,898,869,479,4710,07
-Encargado sección8,298,898,869,479,4710,07
-Encargado xeral8,599,209,179,779,7710,37

b) Mantemento:
-Peón/Oficial 3ª7,698,298,268,868,869,47
-Oficial 2ª7,998,598,569,179,179,77
-Oficial 1ª8,298,898,869,479,4710,07
-Xefe de taller8,298,899,869,479,4710,07
-Xefe mantemento8,599,209,179,779,7710,37

c) Técnico e admstivo:
-Auxiliar7,698,298,268,868,869,47
-Oficial 2ª7,998,598,569,179,179,77
-Oficial 1ª8,298,898,869,479,4710,07
-Xefe deptarmento8,298,898,869,479,4710,07
-Director8,599,209,179,779,7710,37

3. Opción ó desfrute en descanso:

a) En lugar de que lle sexan aboadas as horas extras, os traballadores terán a opción da súa compensación por tempo de descanso retribuído.

No caso de exerce-la opción, por cada hora extra realizada en día laborable, o traballador desfrutará de 1 hora e 15 minutos de descanso retribuído; se a hora extra fose realizada en festivo, a compensación será de 1 hora e 30 minutos.

b) No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o momento do desfrute del será sempre pactado entre empresario e o traballador, para evitar trastornos no proceso productivo, sen que supere o prazo dos tres meses.

4. Os traballadores que teñan sistema de traballo a catro quendas, cando un festivo coincide en día de descanso semanal, percibirán como horas festivas as horas efectivamente traballadas. Enténdese que a

xornada que, segundo o seu réxime de quenda, se realiza en domingo, non ten a consideración de horas festivas en canto que é compensado con descanso semanal.

Artigo 39º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realiza-las comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custos completa con pernocta: 42,07 A.

-Axuda de custos completa: 18,03 A.

-Media axuda de custos: 9,01 A.

2. Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superen o importe das axudas de custo antes reflectidas, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non aboará cantidade ningunha por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 40º.-Complemento de transporte.

1. Establecese un complemento de transporte, que se aboará por día efectivo de traballo, para tódolos traballadores da empresa, sexa cal sexa a súa modalidade de xornada, polos seguintes importes:

a) Traballadores que non estean a utilizar nin utilicen no futuro os servicios de transporte na empresa, 2,40 A. Esta cantidade incrementarase cada ano conforme o establecido no artigo 30º referente ó incremento de salarios para o ano 2003 e 2004.

b) Traballadores que estean a utilizar algún dos servicios de transporte da empresa, 2,36 A.

2. Aqueles traballadores que por calquera circunstancia deixaran de utiliza-lo transporte da empresa con carácter definitivo recibirá o complemento de transporte na contía establecida no punto primeiro, letra a).

Artigo 41º.-Pagamento do salario.

1. A liquidación e pagamento do salario farase documentalmente mediante recibos de salarios, nos que figurarán tódolos datos de identificación da empresa e o traballador, e os conceptos devengados polo traballador debidamente especificados.

2. Tódalas percepcións, agás as de vencemento superior ó mes, aboaranse por períodos vencidos antes do último día natural de cada mes.

Para todo o persoal, consideraranse as mensualidades de 30 días.

3. O persoal poderá solicitar, e por unha soa vez no mes, coa debida antelación, anticipos á conta de haberes devengados.

4. A empresa poderá paga-las retribucións e anticipos mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidades bancarias ou financeiras.

No momento do pagamento do salario, ou, se é o caso, anticipo á conta, o traballador asinará o recibo correspondente e se lle entregará copia del.

Capítulo VI

Prestacións sociais

Artigo 42º.-Complemento de prestacións de incapacidade temporal.

A empresa complementará a prestación económica por incapacidade temporal (IT) ata o 100% do salario real do traballador (salario base, antigüidade consolidada, garantía ad personam, pagas extras e os complementos xerados polo posto de traballo), do mes anterior ó que ten lugar a situación de IT, nos seguintes casos, e durante o tempo que se indica en cada un deles:

1. IT derivada de accidente laboral: desde o primeiro día e ata un máximo de 120 días.

2. IT derivada de accidente laboral, in itinere: desde o primeiro día e ata un máximo de 30 días.

3. IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de 60 días.

Neste suposto terase dereito á prestación, cando o traballador permaneza ingresado máis de catro días, ou un só día se houbese intervención cirúrxica.

Artigo 43º.-Póliza de accidentes.

1. A empresa garantizará, durante a vixencia do presente convenio, unha póliza de seguro colectivo por: accidente de traballo, accidente in itinere, e enfermidade profesional, para tódolos traballadores, que cubra as seguintes continxencias, e polas contías indemnizatorias que se relacionan:

a) No caso de morte: 18.100 A.

b) No caso de invalidez permanente total: 21.100 A.

c) No caso de absoluta ou grande invalidez: 24.100 A.

2. Así mesmo, no caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral indemnizarase con tres mensualidades, de tódolos conceptos salariais do convenio, vixente en cada momento.

Artigo 44º.-Servicio de gardería.

A dirección da empresa e os representantes legais dos traballadores en prol a mellor conciliación da vida laboral e familiar, adoptarán e porán en marcha tódalas medidas necesarias co fin de conseguir un servicio de gardería para tódolos traballadores de Maderas Iglesias, S.A.

Polo que dirixirán diante os organismos públicos competentes as solicitudes e xestións que foran pertinentes.

Capítulo VII

Mobilidade funcional, xeográfica e modificacións das condicións de traballo

Artigo 45º.-Mobilidade funcional.

1. A mobilidade funcional no seo da empresa terá as limitacións esixidas polas titulacións académicas

ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional.

A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes unicamente será posible se existen razóns técnicas ou organizativas que a xustifiquen e polo tempo imprescindible para á súa atención.

2. No caso de que ó traballador se lle encomendasen funcións de inferior categoría, sempre xustificadas polas necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva; a decisión deberá ser comunicada previamente ó comité, indicando o prazo polo que estima que pode dura-la dita situación, que en ningún caso será superior ós dous meses.

Neste caso, o traballador seguirá percibindo ás retribucións que lle viñan sendo propias, mentres dure a situación de actividade na categoría inferior.

3. No caso de encomendárselle funcións de superior categoría, por un tempo de tres meses durante un período de seis meses ou de seis meses no dun ano, o traballador estará en condicións de poder reclamar e solicita-la categoría profesional superior na que desenvolve a súa actividade.

Neste suposto o traballador percibirá a retribución correspondente á categoría profesional que efectivamente estea a realizar transitoriamente, polo tempo que dure a actividade na superior categoría.

A empresa deberá responder por escrito ó traballador nun prazo de quince días, así como ó comité, co fin de que poida coñece-los motivos dela e poida, se é o caso, emitir informe no suposto caso de que o traballador pretenda exercitar unha acción de reclamación ante a xurisdición competente.

Artigo 46º.-Mobilidade xeográfica.

A empresa por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción poderá propoñe-lo traslado de traballadores a un centro de traballo distinto da mesma empresa, nos seguintes supostos:

1. Traslado individual:

a) No suposto de traslado individual, a decisión e os motivos dela, deberán ser comunicados ós afectados e ó comité, con alomenos trinta días de antelación á efectividade do traslado.

b) O citado período de comunicación coa representación dos traballadores e o propio interesado, ten por obxecto analiza-las causas ás que responde a medida, e rebaixa-las na medida do posible, de acordo coas circunstancias que concorran en cada un dos traballadores, sen prexuízo da efectividade do traslado.

2. Traslado colectivo:

a) No suposto de traslado colectivo, abrirase un período non inferior a quince días, no que o comité e os traballadores afectados, deberán negocia-las condicións do traslado co obxetivo de alcanzar un acordo, no que se establecerán as condicións e o prazo da súa efectividade.

b) De non alcanzarse un acordo, rematado o dito prazo, a empresa notificará por escrito á representación dos traballadores e á autoridade laboral a súa decisión.

3. Consideracións comúns:

a) En caso de acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, o afectado poderá exerce-lo seu dereito persoal e particular de impugna-la decisión ante a xurisdición competente.

b) Antes de iniciarse o proceso formal de consultas, a través da primeira comunicación por parte da empresa, esta informará ó comité das súas pretensións de traslado -individual ou colectivo-, coa finalidade de coñecer, se existisen, propostas voluntarias de traballadores en acceder ó traslado anunciado.

Artigo 47º.-Modificación substancial das condicións de traballo.

A empresa por motivos de carácter organizativo, técnico, de producción, ou por causas económicas, poderá propoñer modificacións substanciais das condicións de traballo en materia de: xornada de traballo, horario e réxime de traballo a quendas.

As modificacións tramitaranse de acordo co procedemento que se establece a continuación:

A) Modificacións de carácter individual ou colectivo:

1. Individual:

A empresa notificaralle ó afectado e ó comité, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa efectividade, as causas que motivan a decisión e os termos e condicións nos que terá efectos, co fin de que tanto o interesado como o comité poidan formula-las propostas e alegacións que estimen oportunas.

2. Colectiva:

A empresa notificaralle ó colectivo de afectados e ó comité, cunha antelación de trinta días, abríndose un período de consultas non inferior a quince días, coas dúas partes, no que se exporán as causas que motivan a decisión da empresa, os traballadores que resultarán afectados pola modificación e os obxectos que se pretenden alcanzar con ela.

3. Condicións comúns:

a) Antes de iniciarse o proceso formal de consultas, a través da primeira comunicación por parte da empresa, esta informará ó comité das súas pretensións de modificacións -individual ou colectivo-, coa finalidade de coñecer, se existisen, propostas voluntarias de traballadores en acceder ás modificacións anunciadas.

b) No período de consultas, as partes deberán negociar con vistas a alcanzar un acordo, e tratarase sobre as causas motivadoras da decisión da empresa e a posibilidade de evitar ou reduci-los seus efectos, así como das medidas necesarias para atenua-las súas consecuencias para os traballadores afectados.

c) O traballador ou traballadores que se mostren desconformes coa decisión da empresa, ou desta co comité, poderá impugnala diante da xurisdición competente.

Capítulo VIII

Representación dos traballadres

Artigo 48º.-Dereitos sindicais.

1. A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Non poderá condiciona-lo emprego dun traballador á obriga de non afiliarse ou renunciar á súa afiliación sindical, no poderán despedir a un traballador nin prexudicalo, de calquera outra maneira, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. A empresa permitiralles, ós traballadores afiliados a un sindicato e ós propios sindicatos, celebrar reunións, logo de comunicación; recadar cotas e distribuir información sindical fóra de horas de traballo sen que perturbe a súa actividade normal.

3. A empresa facilitará ó comité de empresa un local perfectamente acondicionado, dentro da empresa, e onde poida realiza-las súas actividades sindicais.

4. A empresa porá, á disposición da representación sindical, un taboleiro de anuncios nun lugar visible e de acceso a tódolos traballadores.

5. Os traballadores que teñan dezoito anos cumpridos e unha antigüidade mínima de tres meses na empresa poderán ser elixibles nas eleccións a representantes dos traballdores.

Artigo 49º.-Garantías do comité.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais, desfrutarán das seguintes garantías:

1. Non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte do seu cesamento, salvo que éste se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

2. Posuirá prioridades de permanencia na empresa, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

3. Se o despedimento ou calquera outra sanción, por suposta falta grave ou moi grave, obedecera a outras causas deberá tramitarse expedente contradictorio, no que será escoitado á parte do interesado, o comité de empresa.

4. Non poderán ser discriminados, na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

5. Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas, para o exercicio das súas funcións, de acordo coa seguinte escala:

a) De douscentos cincoenta e un a cinco centos: trinta horas.

b) De cinco centos un a setecentos cincoenta: trinta e cinco horas.

6. Poderán acumularse horas dos distintos membros do comité, nun ou varios compoñentes, sen supera-lo máximo total, debéndose producir un aviso previo de, alomenos, quince días co fin de que a empresa poida programa-la substitución do traballador que se trate.

Farase sempre mención ó período no que se vai facer uso da acumulación.

7. Non se lle computarán no seu crédito de horas, para o exercicio das súas funcións de representación, aquelas que se produzan con motivo da designación como compoñentes da comisión negociadora do convenio ou das comisión paritarias.

Artigo 50º.-Competencias do comité.

Os membros do comité de empresa terán as seguintes competencias:

1. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, daqueles documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións.

2. Emitir informe, con carácter previo, á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Restructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reducción da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudo de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

e) Cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume do emprego.

3. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

4. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade, de acordo co pactado no presente convenio.

Artigo 51º.-Dereito de reunións.

1. a) Os traballadores da empresa teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polo comité ou por un número de traballadores non inferior ó 33% do plantel de cada centro de traballo no que se vaia celebra-la asemblea.

b) A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité, que será responsable do seu normal desenvolvemento, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa.

c) Na asemblea só poderán tratarse os asuntos que previamente fosen incluídos na orde do día.

2. a) A presidencia da asemblea comunicará á empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian a asistir á asemblea, e acordarán entre ámbalas dúas partes as medidas necesarias para o seu normal desenvolvemento.

b) Cando non se poida reunir a todo o plantel na mesma asemblea, para trata-la mesma orde do día,

as diversas reunións parciais que teñan de celebrarse consideraranse como unha soa.

3. As asembleas celebraranse fóra das horas de traballo. A celebración porase en coñecemento da empresa, cunha antelación mínima de corenta e oito horas, indicando: orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e a duración previsible.

Artigo 52º.-Delegados sindicais.

1. O delegado sindical será designado pola central sindical á que pertenza. Será o representante legal do sindicato, para tódolos efectos, na empresa. Poderá ser nomeado como delegado sindical, calquera afiliado ó sindicato, aínda que non sexa membro do comité.

2. O delegado sindical terá as garantías recoñecidas para os membros do comité, e reguladas no artigo 49º do presente convenio. Estarán obrigados a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias que legalmente proceda.

3. O delegado sindical terá as seguintes funcións.

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos afiliados del, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato e a empresa.

b) Asistir ás reunións do comité de empresa e do comité de seguridade e saúde, con voz e sen voto.

c) Ser informado e escoitado pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, a tódolos traballadores da empresa, e en particular ós afiliados ó seu sindicato, especialmente nos despedimentos ou sancións destes últimos.

d) Ter acceso á información e domuntación que a empresa poña a disposición do comité de empresa.

e) E aqueloutras determinadas pola lei.

4. Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do comité, disporán dun crédito horario, así mesmo como tamén acumular horas, segundo o regulado no artigo 49.5º e 49.6º respectivamente.

Capítulo IX

Saúde laboral

Artigo 53º.-Revisión médica.

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico periódico a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. O recoñecemento farase sempre dentro da xornada laboral.

Artigo 54º.-Roupa de traballo.

1. As empresas entregarán a todo o persoal, que o necesite polo posto de traballo que desempeñe, un conxunto de chaquetiña e pantalón cada seis meses.

2. O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 31,85 A, en compensación por cada conxunto de prendas non entregadas.

3. A empresa facilitará a aqueles traballadores que especificamente o necesiten pola súa actividade: botas de protección, mascariñas, luvas, lentes, cascos, etc.

A periodicidade no recambio de cada unha da roupa de seguridade será, en cada caso, de acordo co tempo lóxico de duración ou ben polo seu estado de deterioración.

Artigo 55º.-Período de xestación e lactación.

1. A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o seu embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distinta á habitual cando as condicións do seu posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora ou do feto.

A solicitude á empresa do cambio, virá acompañada da prescrición do especialista que atenda o seu embarazo, se así o aconsella, así como dun informe do comité de seguridade e saúde.

Este cambio de posto non suporá modificación na súa categoría profesional, nin mingua nos seus dereitos económicos. Unha vez que finalice a causa que motivou o cambio de posto procederase á súa reincorporación ó seu destino orixinal.

2. O disposto no número anterior tamán será de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller ou do fillo, e así o certificase o médico que asista á traballadora.

3. A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos para a preparación ó parto.

Artigo 56º.-Consulta dos traballadores.

O empresario deberá consultar ós representantes dos traballadores, coa debida antelación, a adopción das decisións relativas á planificación e a organización do traballo na empresa e a introducción de nova tecnoloxía, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos traballadores.

Artigo 57º.-Risco grave e inminente.

1. O empresario estará obrigado a informa-lo antes posible a tódolos traballadores afectados, acerca da esixencia dun risco grave e inminente, e das medidas que se deban adoptar en materia de protección.

2. O traballador terá dereito a interrompe-la súa actividade e abandona-lo lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a dita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida e saúde, e comunicarllo de inmediato á empresa e ó comité.

3. Cando o empresario non adopte as medidas necesarias, os representantes legais dos traballadores poderán acordar, pola maioría dos seus membros, a paralización da actividade. Tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a cal nun prazo de vintecatro horas, anulará ou ratificará a paralización acordada.

4. Os traballadores ou os seus representantes non poderán sufrir ningún prexuízo derivado da adopción das medidas á que se refiren os puntos anteriores, alomenos que obrasen de mala fe ou cometido neglixencia grave.

Artigo 58º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo e serán designados por e entre os representantes do persoal, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 500 traballadores: 3 delegados de prevención.

-Máis de 500 traballadores: 4 delegados de prevención.

Disporán das competencias, facultades e garantías seguintes:

2. Competencias:

a) Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva e na organización de cursos básicos de prevención e saúde laboral.

b) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución na normativa de prevención dos riscos laborais.

c) Exerce-lo labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

d) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución na normativa de prevención dos riscos laborais.

e) Exerce-lo labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

f) Promover e fomentar que tódolos traballadores da empresa realicen, alomenos, un curso básico de prevención.

3. Facultades:

a) Acompañar ós técnicos na avaliacións de carácter preventivo, así como, ós inspectores de traballo nas visitas que realicen ós centros de traballo, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.

b) Ser informado pola empresa sobre os danos producidos na saúde dos traballadores, unha vez que se houbese tido coñecemento deles.

c) Recibir da empresa as informacións obtidas por este, procendentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa.

d) Realizar visita ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo, de maneira que non se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

4. Garantías:

a) Na súa condición de representante dos traballadores, seranlle de aplicación as garantías contempladas no artigo 68 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

O tempo utilizado polos delegados de prevención nas súas actividades será considerado cono no exercicio das súas funcións de representación para efectos do crédito de horas mensuais retribuídas.

Non se computarán como tales as correspondentes a reunións do comité de seguridade e saúde, reunións coa empresa en materia de prevención, ou as destinadas ás visitas previstas nas letras a) e d) do punto 3 deste artigo.

b) O empresario deberalles proporcionar ós delegados de prevención os medios e formación necesarios en materia preventiva.

O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo, para tódolos efectos.

c) Manterán o segredo profesional debido, respecto das informacións ás que tivesen acceso pola súa actuación na empresa.

5. a) O comité designará preferentemente como delegados de prevención a membros do propio comité. Non obstante tamén poderá designar a traballdores que non teñan a condición de membros do comité.

b) Os delegados de prevención que non pertenzan ó comité, poderán dispor do crédito horario mesual retribuído que lle correspondan ós membros do comité para desenvolver correctamente a súa actividade de prevención, logo de comunicación á empresa por escrito, como se se tratase dun permiso de carácter sindical.

c) Con carácter previo ó inicio da súa actividade, o comité deberá notificar á empresa, as horas de crédito retribuído que son obxecto de cesión ós delegados de prevención así como, se é o caso, a imputación ó crédito horario de cada unha das formacións sindicais que compoñen o comité.

Artigo 59º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o organo paritario e colexiado de participación destinado a consulta regular e periódica das actuacións da empresa, en materia de prevención de riscos.

2. Constituirase un comité de seguridade e saúde na empresa que estará formado polos delegados de prevención, dunha parte e, polo empresario e/ou os seus representantes en igual número, da outra, sen prexuízo da participación nel, con voz pero sen voto, daquelas persoas que conten cunha especial cualificación ou información respecto a esta materia.

Reuniranse trimestralmente, e sempre que o solicite algunha das representacións del. Adoptarán as súas propias normas de funcionamento.

3. Competencias:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos planos e programas de prevención de riscos na empresa.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos.

4. Facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención dos riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto, as visitas que estime oportunas.

b) Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan necesarios.

c) Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores.

d) Coñecer e informa-la memoria e programación anual de servicios de prevención.

Capítulo X

Formación

Artigo 60º.-Formación na empresa.

1. A maior cualificación do persoal é un obxectivo compartido pola empesa e a representación dos traballadores, que beneficia tanto ós traballadores como á empresa.

Para tal efecto, promoverase a mellor no nivel formativo dos traballadores, que permita a adaptación progresiva ós requirimentos das prestacións do traballo en cada momento, mediante a formación interna e externa.

2. Formación interna:

Poderá ser impartida con persoal e medios propios, ou mediante a contratación de persoal especializado para levarse a cabo na empresa e terá carácter obrigatorio e retribuído durante a xornada laboral.

A formación fóra de horas de traballo terá carácter voluntario e non retribuido.

3. Formación externa:

Neste caso a contratación e aboamento do curso será a cargo da empresa, percibindo o traballador a súa retribución como xornadas efectivamente traballadas, así como o importe dos gastos que deba facer fronte para a asistencia, logo de xustificación.

Artigo 61º.-Planos para a formación continua na empresa.

1. Ambalas dúas partes estudiarán a presentación de planos de formación de empresa, para a formación continua dos traballadores, de conformidade co disposto no Acordo Tripartito de Formación Continua, co obxectivo de que afecte a colectivos amplos de traballadores, ou seccións nas que prevexan cambios tecnolóxicos.

2. Na elaboración de actividades formativas, teranse en conta os seguintes criterios:

a) Priorizaranse as actividades en función das necesidades concretas da empresa, e con carácter xeral sinálanse as seguintes:

Incorporación de novas tecnoloxías, e adaptación a especificacións e normativa vixente, implantación de sistemas de calidade na empresa, atención do medio, reconversión profesional e mellora da seguridade e saúde no traballo, etc.

b) A orientación a colectivos afectados outorgará preferencia ás necesidades de reconversión e reciclaxe profesional, así como á formación especializada e novas tecnoloxías.

3. Tódolos planos de formación deberán especificar como contenido mínimo, os seguintes:

-Obxectivos e contidos das accións formativas que se van desenvolver.

-Colectivo afectado por categorías e número de participantes.

-Calendario de execución e lugares de impartición.

-Instrumentos de avaliación previstos.

-Custo estimado das accións formativas.

4. A aprobación dos planos formativos cos contidos mínimos determinados no número anterior, someteranse a información da representación legal dos traballadores, órgano que deberá emitir o seu informe no prazo de vinte días, a partir da recepción da documentación.

Artigo 62º.-Permisos para a asistencia ós cursos.

1. Tempo empregado en formación, por iniciativa do traballador:

a) Todo traballador que curse estudios de formación (non continua) e perfecionamento, por iniciativa propia, relacionados coa súa cualificación profesional, poderá solicita-la concesión dun permiso non retribuído, con reserva do posto de traballo, polo tempo de duración do curso.

b) Este período de permiso non retribuído, non computará para efectos do desfrute e devengo correspondentes a vacacións e pagas extras.

c) A solicitude de permiso deberá presentarse coa antelación mínima de vinte días antes do inicio, para que a empresa poida supli-la súa ausencia ó traballo, e a data que estima para a súa incorporación.

d) Nos demais supostos, cando se poida compatibiliza-la asistencia ós cursos, co traballo habitual, o traballador poderá solicita-la adaptación da xornada de traballo, ou a elección de quenda de traballo, sempre e cando as necesidades da sección de que se trate o permitan.

e) No suposto de que non fose posible tal modificación, o traballador poderá solicita-lo permiso á que fai referencia o parágrafo primeiro.

2. Tempos empregados en formación continua:

a) Aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, que estean relacionadas coa súa actividade ou profesión, o 50% das horas que precise na acción formativa serán por conta empresa, e non suporán en ningún caso máis de vinte horas anuais, cando o traballador realizase unha soa acción formativa no ano, que se incrementará en dez horas por cada acción formativa máis que o traballador realice.

b) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. A denegación só poderá levarse a cabo se leva aparellada a aprobación do comité.

c) O traballador solicitante deberá ter superado o perídodo de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima de tres meses na empresa.

d) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle corresponda como se estivese traballando en hora ordinaria.

e) O traballador deberá de acreditar diante da empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

f) Así mesmo, o traballador poderá solicita-los permisos individuais de formación de conformidade co disposto no Acordo Tripartito de Formación Continua.

Capítulo XI

Faltas e sancións

Artigo 63º.-Faltas e sancións.

Considerarase falta laboral toda acción ou omisión da que resulte responsable o traballador, que se produza con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que constitúa un incumprimento grave e culpable das súa obrigas.

As faltas graduaranse atendendo á súa importancia, transcendencia, voluntariedade e malicia na súa comisión, en: leves, graves e moi graves.

Artigo 64º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen causa xustificada, de dúas a catro faltas no período dun mes ou de trinta días naturais.

2. Non cursar no momento oportuno a comunicación correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono ou ausencia do posto de traballo, sen previo aviso ou autorización, aínda que sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se causase algún prexuízo á empresa ou fose causa de accidente ós compañeiros de traballo, será considerada como grave ou moi grave.

4. Pequenos descoidos na conservación do material, maquinaria, ferramentas e instalacións, salvo que iso repercuta na boa marcha do servicio, neste caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non atender ó público coa correción e dilixencia debida.

6. Non informar á empresa dos cambios de domicilio.

7. As discusións sobre asuntos estranos ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante calquera acto de servicio. Se se produce con notorio escándalo poden ser consideradas como graves ou moi graves.

8. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo ou saúde laboral, que non entrañen risco para o traballador nin para os seus compañeiros de traballo ou terceiras persoas, xa que de darse estas circunstancias será considerado como grave ou moi grave segundo os casos.

9. Usa-lo teléfono da empresa para asuntos particulares, sen autorización.

10. A embriaguez ocasional.

11. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios ou efectos persoais dos compañeiros de traballo, sen a debida autorización dos interesados.

Artigo 65º.-Faltas graves.

1. Alegar motivos falsos para a obtención de licencias ou permisos.

2. Atoparse no local de traballo, fóra das horas de traballo, sen autorización.

3. Máis de catro faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, durante un mes ou trinta días naturais.

4. Faltar ó traballo dun a tres días durante o mes sen causa xustificada.

5. Non comunicar con dilixencia debida as alteracións familiares que poidan afectar ós procesos administrativos ou prestacións sociais. Se mediara algunha malicia será considerada como moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador na empresa mediante calquera forma.

7. A neglixencia no traballo que afecte á boa marcha nel.

8. A imprudencia no traballo, que se implicase risco de accidente para o traballador ou outros, ou ben perigo de avaría na maquinaria, ferramentas ou instalacións, poderá ser considerada moi grave.

9. A asistencia reiterada ó traballo en estado de embriaguez ou toxicomanía.

10. A reincidencia en falta leve dentro dun trimestre, cando exista sanción por escrito da empresa.

11. Non advertir e instruír axeitadamente a outros traballadores sobre os que teña algunha relación de autoridade ou mando, do risco do traballo que se vai executar e do posible modo de evitalo.

12. Transitar ou permiti-lo tránsito por lugares ou zonas perigosas portando útiles de ignición, así como por lugares expostos ó risco de incendio.

13. A falta de sixilo profesional divulgando dados, informes ou antecedentes que poidan producir prexuízo de calquera tipo á empresa.

14. Calquera falsidade ou inexactitude deliberada nos partes ou documentos de traballo, ou á negativa a súa formalización, así coma proporcionar falsa información á dirección da empresa, ou ós seus superiores en relación co traballo.

15. A inxustificada delegación de funcións ou traballo en persoal de inferior rango laboral ou non cualificado para a súa realización.

16. A aceptación de dádivas ou regalos por dispensar trato de favor no servicio.

17. A diminución voluntaria do rendemento do traballo normal.

18. Non informar coa debida dilixencia ós seus xefes, ó empresario, ou a quen o represente de calquera

anomalía que observe nas instalacións e demais útiles, ferramentas, maquinaria e materiais.

19. Descoidos de importancia na conservación, limpeza ou utilización de materiais, máquinas, ferramentas e instalacións que o traballador utilice.

20. O uso indebido do correo electrónico ou ferramentas informáticas da empresa, que non tiveran relación directa coa actividade profesional.

Artigo 66º.-Faltas moi graves.

1. A desobediencia continuada ou persistente no traballo.

2. Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de tres meses ou de vinte durante seis meses.

3. A fraude, a deslealdade, ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a terceira persoa, dentro das instalacións da empresa ou durante o desenvolvemento da súa actividade profesional.

4. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como empregar ferramentas, útiles ou materiais para uso propio.

5. Maliciosamente, facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou casusar desperfectos en materiais, ferramentas, útis, aparellos, instalacións, vehículos, edificios, enxoval e mesmo documentos da empresa.

6. A condena por sentencia firme por delictos de roubo, furto, violación ou abusos sexuais, así como calquera outro delicto que puidesen implicar desconfianza da empresa respecto ó seu autor, aínda cando éstes fosen cometidos fóra da empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual durante o traballo que repercuta negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños á empresa dados desta de obrigada reserva.

10. Dedicarse a actividades profesionais, por conta propia, en empresas da competencia, sen a oportuna e expresa autorización.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración ós superiores, compañeiros ou subordinados.

12. A imprudencia, neglixencia ou incumprimento das normas ou ordes sobre seguridade e hixiene no traballo, cando por iso se produza grave risco para os traballadores ou danos para as instalacións.

13. Causar accidentes graves por neglixencia, descuido ou imprudencia inescusables ou serio perigo para as empresas.

14. A non utilización dos medios ou materiais de prevención de riscos de accidentes de traballo, facilitados pola empresa.

15. Abandona-lo posto de traballo en cargo de responsabilidade ou cando con iso causara un prexuízo grave no proceso productivo, deterioración importante das cousas ou serio perigo para as persoas.

16. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun período de seis meses, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

18. A falta de asistencia ó traballo non xustificda por máis de tres días, no mes ou de trinta días naturais.

19. A comisión de erros repetidos e intencionados, que poidan orixinar prexuízos á empresa.

20. A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable, de informes errados ou a sabendas de que non son exactos.

21. A simulación de supostos de incapacidade temporal, accidente ou excedencia obrigatoria.

22. O uso indebido do sistema de información ou do correo electrónico da empresa que tivera como consecuencia o bloqueo do sistema, a introducción do virus, ou calquera disfunción que impida o funcionamento correcto del.

Artigo 67º.-Graduación das sancións.

1. As sancións que poderá impoñe-la empresa en cada caso, graduaranse atendendo á gravidade da falta cometida, podendo se-las seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 1 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 90 días.

-Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A categoría profesional del.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

3. Na aplicación das faltas mui graves, a empresa comunicaralle ó comité, no momento de facelo ó afectado, dos motivos e por proposta de sanción, co ánimo

de que se poida rebaixar ou atenua-la graduación da sanción.

Categorías

Salario mes

Euros

Salario día

Euros

Persoal fabricación
Peón633,0521,10
Oficial 3ª645,0721,50
Oficial 2ª633,1022,10
Oficial 1ª693,1523,10
Encargado de sección753,2525,11
Encargado xeral843,4028,11

Persoal mantemento
Peón651,0821,70
Oficial 3ª663,1022,10
Oficial 2ª681,1322,70
Oficial 1ª711,1823,71
Xefe de taller771,2825,71
Xefe mantemento861,4328,71

Persoal técnico e administrativo
Auxiliar645,0721,50
Oficial 2ª663,1023,10
Oficial 1ª693,1523,10
Xefe departamento753,2525,11
Director879,4729,32

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA