Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 3 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 109, do 7 de xuño), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.
Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 109, do 7 de xuño).
Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.
Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.
O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras
Públicas e Vivenda
ANEXO
NRP/DNI: 3497814124 A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: Rodríguez Fontelo, Corona.
Código: OT.C05.00.000.15770.003.
Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.
Centro directivo: Direccion Xeral de Transportes.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: A1 Admón. xeral.
Nivel: 18.
Específico: 289,75.
CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,
ECONÓMICO-FINANCEIRA
E CONTABLE