Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.484

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Cixtec, convocadas por Resolución do 29 de novembro de 2001 (DOG do 26 de decembro de 2001), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría de analistas-programadores, que figuran no anexo desta resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Cixtec, a documentación a que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de analistas programadores do Cixtec:

Nome e apelidosDNINota 1º exer.Nota 2º exer.Nota 3º exer.Nota 4º exer.Total

Fernández González, Manuel32797597-B8,008,004,82Apto20,82

Ferreiro Castro, Pilar33268598-H7,757,254,54Apto19,54

Arca Barca, Fernando33274657-M8,006,005,00Apto19,00

Martín Tirado, Miguel Ángel51915920-K6,887,254,82Apto18,95

Ferreiros Martínez, Sonia09410365-F6,507,004,40Apto17,90

Baña Grueiro, José Gabriel34097248-R7,256,504,12Apto17,87

Pedrido Castiñeiras, Manuel33280141-S6,257,004,60Apto17,85

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONT.-ADMTIVO., SEC. 1ª)