Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza

urbana e de praias de Vigo con nº de código 3601791, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 13-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegaicón provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificiación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias da cidade de Vigo

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. O presente convenio colectivo regulará as condicións de traballo da empresa Fomento de Construccións e Contratas, S.A. co seu persoal adscrito ós servicios de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias da cidade de Vigo.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será de 3 anos e estenderase ata o 31 de decembro de 2004.

2. Non obstante, seguirase aplicando ata a sinatura do novo convenio que o substitúa e neste momento observarase o que determine a lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

3. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura. As condicións económicas terán a súa vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 3º.-Denuncia.

1. O presente convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez terminada a vixencia prevista no artigo anterior, sen necesidade de aviso previo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

1. Tódalas condicións económicas ou de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas por anteriores adxudicatarios que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as veñen desfrutando.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

1. As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

2. Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións legais só serán aplicables cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario serán compensadas e absorbidas e o presente convenio manterase nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

1. No prazo máximo de 10 días a partir do asinamento do convenio constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

2. Estará formada por 6 representantes da parte económica e 6 da parte social, pertencentes ó comité de empresa. Ámbalas partes poderán contar con asesores.

3. Reuniranse por instancia de parte cantas veces sexa necesario, debendo realiza-la reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

4. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio que poidan afecta-lo seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

5. Cando as reunións da comisión mixta paritaria sexan convocadas pola parte empresarial, o día será por conta da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social, será ó 50%, é dicir, o día investido nunha reunión será por conta da parte social e a próxima por conta da empresa. Despois de cada negociación dun convenio colectivo, as catro primeiras reunións desta comisión serán por conta da empresa.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ámbalas partes conveñen en que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo máximo de 48 horas a partir do día seguinte en que fose solicitado.

3. As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 8º.-Condicións económicas.

1. As condicións económicas serán as que para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos seguintes.

2. O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou en sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

3. O traballador, logo de notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, achegando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 9º.-Salario base.

1. O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa. O salario base devengarase por día natural.

Artigo 10º.-Antigüidade.

1. O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% sobre o salario base de cada categoría.

2. A antigüidade aboarase o primeiro mes do ano en que se cumpra o bienio ou o quinquenio.

Artigo 11º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

1. O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento de posto de traballo denominado complemento tóxico, penoso e perigoso e o seu importe será do 25 % do salario base de cada categoría.

2. Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnico-administrativos, que percibirán un complemento de calidade, da mesma contía que o complemento tóxico.

3. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 12º.-Complemento de actividade.

1. Para as categorías e polos importes que figuran nas táboas anexas devengarase este complemento por día efectivamente traballado.

2. Todo o persoal percibirao cando efectúe o seu traballo cun rendemento correcto.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

1. Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento extrasalarial, denominado complemento de transporte, e o seu importe será o establecido na táboa salarial anexa.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 14º.-Complemento de nocturnidade.

1. Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 22 e as 6 horas percibirán un complemento de nocturnidade, consistente no 30 % do salario base de cada categoría.

2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal e beneficios aboaranse, cada unha, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

2. As pagas de verán e de Nadal devengaranse semestralmente. A de verán, do 1 de xaneiro ó 30 de xuño. A paga de decembro devengarase do 1 de xullo ó 31 de decembro. Aboaranse os días 20 dos meses de xullo e de decembro, respectivamente.

3. A paga extraordinaria de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro e aboarase o día 20 de marzo do ano seguinte ó do seu devengo.

4. As pagas extras devengaranse día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas. Nos casos de ILT aplicarase o disposto no art. 26º.

Artigo 16º.-Complemento de productividade.

1. O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento do posto de traballo, denominado complemento de productividade que, para cada categoría, será o que se especifica nas táboas salariais anexas.

2. Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnicos administrativos.

3. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 16º bis.-Complemento de vehículo lixeiro.

1. Os operarios que utilicen os vehículos lixeiros (porters, varredoras de beirarrúas e de calzadas, baldeadoras de beirarrúas, tractores con calquera implemento, motocacas e vehículos gator), percibirán este complemento na contía que se especifica nas táboas anexas.

2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 17º.-Festivos traballados.

1. Os festivos traballados serán aboados na contía de 67,43 euros, (11.219 ptas.) para tódalas categorías, concedendo a empresa, ademais, un día de descanso compensatorio, que se aboará como día efectivamente traballado.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

1. Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que haxa que pasa-la noite no lugar de desprazamento ou cando sexa necesario xantar ou cear nel.

2. Compensarase do seguinte xeito:

Axuda de custo completa: 52,04 euros/día, (8.658 ptas./día).

Medias axudas de custo: 23,14 euros/día, (3.850 ptas./día).

Artigo 19º.-Incrementos salariais.

O incremento salarial dos tres anos de vixencia será do IPC real de cada ano, máis 1,5 puntos, aplicando este incremento sobre as táboas salariais e demais conceptos económicos vixentes no período anterior. Este incremento distribuirase linealmente en tódalas categorías.

Artigo 19º bis.-Cláusula de garantía salarial.

1. Para facer efectiva a aplicación do previsto no artigo 19º, en cada ano de vixencia do convenio aplicarase ás táboas salariais do ano anterior o incremento do IPC previsto polo Goberno para o ano, máis 1,5 puntos.

2. Unha vez coñecido o IPC real de cada ano e no caso de que o IPC previsto polo Goberno rexistrara, ó 31 de decembro de cada ano, unha modificación con respecto ó inicialmente previsto, efectuarase unha revisión salarial, na variación sobre a indicada cifra. Tal diferencia regularizarase con efectos de primeiro de xaneiro do ano que corresponda, servindo de base para as táboas salariais do ano seguinte.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

1. Establécese unha xornada anual de 225 días de traballo efectivo, que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo).

2. Os días de descanso totais por operario serán de 48 días ó ano e retribuiranse como efectivamente traballados. Co fin de levar á práctica este descanso de forma equitativa para todo o persoal, establecerase un correquendas semanal.

3. A xornada de traballo dos servicios de recollida e limpeza distribuirase de luns a sábado.

4. Nos días 24 e 31 de decembro non se realizarán servicios de recollida.

Artigo 21º.-Calendario laboral.

1. Xúntase como anexo II o calendario laboral para o ano 2003.

Artigo 22º.-Descanso semanal.

1. Como norma xeral, o persoal das quendas de mañá e tarde realizará o seu descanso semanal o domingo. O persoal que efectúe a súa xornada na quenda de noite descansará a noite do domingo ó luns.

2. Non obstante o especificado no punto anterior, e ó tratarse dun servicio público de inescusable realización, existe a obrigatoriedade de presta-lo servicio en domingos e festivos. Os traballadores que teñan que traballar nestes días desfrutarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade noutro día, salvo o persoal de limpeza que preste servicio na quenda de día e teña que realiza-lo traballo en domingos ou festivos, que desfrutará o seu descanso semanal o día anterior ou posterior ó dito festivo sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Artigo 23º.-Vacacións.

1. Todo o persoal adscrito ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

2. As vacacións retribuiranse a razón de 30 días de salario base, antigüidade e 25 días de complemento tóxico, complemento de actividade e complemento de productividade. Igualmente, engadiráselle a cantidade que resulte de dividir por tres a percepción dos tres meses anteriores ó do desfrute das vacacións polo concepto de nocturnidade.

3. No ano 2003 aboaranse ademais 12,5 días de complemento de transporte. No ano 2004 aboaranse outros 12,5 días de complemento de transporte.

4. As vacacións desfrutaranse durante os meses de xuño a setembro, ambos incluídos. Con tal fin confeccionarase un calendario de vacacións.

5. A empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite o desfrute das vacacións fóra do período establecido neste convenio, sempre que as necesidades do servicio o permitan e, en todo caso, antes da confección do calendario de vacacións anual.

6. Nos anos 2003 e seguintes, sempre e cando a organización do servicio así o permita, procurarase que as vacacións se desfruten nos meses de xullo, agosto e setembro.

7. Os traballadores poderán intercambiar entre si 15 ou 30 días ininterrompidos de vacacións, dos que lles corresponden anualmente dentro do período vacacional, sempre que esta variación se efectúe entre traballadores da mesma categoría, e antes da confección definitiva do calendario de vacacións anual.

Artigo 24º.-Permisos e licencias.

1. O persoal afecto ó presente convenio terá dereito ós seguintes permisos e licencias:

2. A. Permisos. A empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite e por causas xustificadas ata 15 días de permiso ó ano sen soldo, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Os permisos deberán ser solicitados coa anticipación de 15 días, salvo casos de urxente necesidade.

3. B. Licencias. O persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lei, a desfrutar de licencias retribuídas na forma e condicións que a seguir se indican:

a) Por matrimonio do traballador: 18 días naturais.

b) Matrimonio de fillos: 2 días se é na provincia e 3 se é fóra dela.

c) Por nacemento de fillos ou adopción: 3 días.

En caso de intervención cirúrxica no parto: 4 días.

Se o nacemento é fóra da provincia: 5 días.

d) Falecemento, accidente ou enfermidade grave de cónxuxe, pais ou fillos: 4 días.

e) Falecemento, accidente ou enfermidade grave de avós, irmáns e netos: 3 días.

f) Falecemento de tíos ou sobriños: 1 día

g) Por traslado do domicilio habitual: 2 días

h) Para renovación do carné de conducir das clases C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo que lle sexa necesario para efectuar recoñecemento psicotécnico ou exames.

i) A empresa, logo de petición dos traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional e posterior xustificación, concederá as oportunas licencias para asistir a exames.

j) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

k) Todo traballador que, unha vez iniciada a súa xornada de traballo e que no transcurso dela se sentise enfermo, ou recibise notificación de accidente ou enfermidade grave dalgún familiar de ata segundo grao e tivese que abandona-lo seu posto de traballo, con posterior xustificación médica, percibirá o importe total da dita xornada. Nestes casos a licencia comezará a cumprirse a partir do día seguinte.

4. Como norma xeral, as licencias comezaranse a contar na data en que se produza o feito que as motiva. Se por motivos de hospitalización de familiares debida a enfermidade grave ou por necesidade de operación, se establecesen quendas de estadía no hospital co fin de atende-lo enfermo, o traballador podería comeza-la súa licencia en data posterior ó feito causante.

5. A referencia que nos puntos anteriores se fai ó cónxuxe entenderase feita, así mesmo, á compañeira/o que, de forma estable e en situación de feito

asimilable ó matrimonio, conviva co traballador/a, logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 25º.-Póliza de accidentes.

1. A empresa subscribirá unha póliza de accidentes que garanta as seguintes indemnizacións:

2.a) En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 17.898,14 euros, (2.978.000 ptas.).

b) En caso de incapacidade permanente total para a profesión habitual derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 15.716,47 euros, (2.615.000 ptas).

c) En caso de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 20.951,28 euros, (3.486.000 ptas.).

3. Para os efectos deste artigo considerarase accidente de traballo e enfermidade profesional o sufrido con ocasión da prestación de servicios para esta empresa, incluíndo cando se produza in itinere.

4. O titular poderá designar, ante a entidade aseguradora e por escrito, os seus propios beneficiarios.

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

1. Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario mensual desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta.

2. De igual xeito complementarase ata o 100% do salario mensual nos casos de hospitalización mentres dure esta.

3. Nos supostos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa completará ata o 75% do salario mensual os vinte primeiros días e ata o 100% a partir do día 21 da baixa.

4. Igual criterio se seguirá con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

5. Será de aplicación a este artigo a retroactividade do seu aboamento a partir do 1 de xaneiro de 2002, así como en anos sucesivos.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

1. Conductores.

Roupa de invernoRoupa de verán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak1 cazadora

1 roupa de auga2 pares de calcetíns

1 cazadora1 chaleco de alta visibilidade

1 gorra1 gorro de la

2 medias ou un xersei

2 pares de calcetíns

2. Peóns.

Roupa de invernoRoupa de verán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 par de botas de auga 1 cazadora

1 par de luvas2 pares de calcetíns

1 anorak1 chaleco de alta visibilidade

1 roupa de auga

1 gorra

1 gorro de la.

2 medias ou un xersei

2 pares de calcetíns

1 cazadora

3. Mecánicos

Roupa de inverno Roupa de verán

2 camisas2 camisas

3 pantalóns3 pantalóns

3 cazadoras3 cazadoras

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak2 pares de calcetíns

1 gorra1 chaleco de alta visibilidade

2 medias ou un xersei1 gorro de la

2 pares de calcetíns

1 roupa de auga

4. Entregarase, ademais, ó persoal que voluntariamente o solicite, unha faixa lumbar.

5. A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 30 de setembro.

6. Cando a roupa rompa ou quede inservible realizando o traballo, a empresa cambiaraa por unha nova, logo de entrega da roupa deteriorada.

7. Cando o comité de seguridade e hixiene elixa a roupa, entregaráselle unha mostra dela.

Artigo 28º.-Retirada do permiso de conducir.

1. No suposto de que a un traballador coa categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo coa función que lle fose encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acoplarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectándolle a retribución de conductor, por un período máximo de dous anos. Ó final da suspensión do permiso de conducir será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempeñen os labores de conductor rexeranse por este artigo.

2. Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debida a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 29º.-Rotacións.

1. As quendas serán rotativas obrigatoriamente, sempre que non haxa persoal voluntario, ou exceda o dito persoal, para cubrir aquelas.

2. Os distritos serán rotativos obrigatoriamente para todo o persoal.

3. Os traballadores maiores de 50 anos non rotarán nas quendas e permanecerán na quenda de día, salvo que voluntariamente se queiran incluír na rotación. Os ditos traballadores, de non entraren na rotación, non poderán cambiar de quenda co resto do persoal. Cando o persoal maior de 50 anos supere o 50%

dos postos necesarios nas quendas de día, rotarán entre eles.

4. A comisión mixta paritaria confeccionará un calendario anual de rotacións.

Artigo 29º bis.-Rotacións de conductores.

1. Establecerase un sistema de rotacións entre aqueles traballadores que voluntariamente opten a efectua-lo servicio, tanto nos vehículos lixeiros como no resto dos vehículos da empresa, adscritos á contrata.

2. En caso de non cubrirse o servicio con voluntarios, procederase a cubri-los postos vacantes na forma que determine a comisión mixta paritaria.

Artigo 30º.-Mobilidade.

1. Nos servicios de recollida e limpeza viaria e por necesidades de organización, a empresa poderá trasladar provisionalmente os traballadores adscritos dun dos servicios ó outro.

2. Cando o traslado sexa definitivo, o traballador quedará adscrito ó novo servicio; neste caso, comunicaráselle previamente ó comité e de acordo co traballador.

3. A comisión mixta paritaria confeccionará un calendario anual de mobilidade entre os peóns de limpeza viaria, anotados como voluntarios para o servicio de recollida.

4. Cando existan prazas vacantes no servicio de recollida cubriranse con persoal fixo de limpeza. A comisión mixta paritaria establecerá os criterios para este cambio.

5. No caso de que a empresa introduza innovacións nalgún dos servicios e que estas supoñan reducción de persoal, a empresa adaptará os traballadores afectados a outro servicio existente ou novo, mantendo a categoría laboral se existise nese servicio.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Artigo 31º.-Seguridade e hixiene.

1. Dada a importancia que recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese neste capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. E considerando ámbalas partes de obrigada aplicación a lexislación sobre seguridade e hixiene, organizarase para este efecto un comité de seguridade e saúde, con obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 32º.-Medidas de seguridade e hixiene.

1. A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacións e instrumentos que pon ó dispor dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente os traballadores, obrigándose a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instrumentos de traballo se encontren en perfectas con

dicións, debendo pór en coñecemento do comité de seguridade e saúde ou, no seu defecto, do comité de empresa tódalas anomalías que se detecten para que aquel adopte as medidas oportunas.

Artigo 33º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde terá unha composición de carácter paritario. A representación da parte social estará composta por seis delegados de prevención, tres dos cales pertencerán ó comité de empresa. Os membros non pertencentes ó comité de empresa terán un crédito mensual igual ó dos representantes dos traballadores.

Artigo 34º.-Funcións do comité de seguridade e saúde.

1. As funcións do comité de seguridade e saúde serán as seguintes:

a) Promove-la observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimula-lo ensino, divulgación, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos traballadores, tanto do comité de representantes como entre os propios membros do comité de seguridade e saúde.

2. A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ó día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 35º.-Recoñecemento médico e vacinación.

1. Anualmente faráselles a tódolos traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario.

2. O recoñecemento médico consistirá como mínimo en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análise de sangue.

-Análise de ouriños.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

3. Os resultados do recoñecemento médico entregaránselle ó traballador.

4. A campaña de vacinación consistirá como mínimo no seguinte:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B con análise de sangue previa.

Capítulo V

Melloras sociais

Artigo 36º.-Cota sindical.

1. A empresa descontará da nómina dos traballadores a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Artigo 37º.-Horas sindicais.

1. Logo de notificación á empresa, poderanse acumula-las horas sindicais nalgún membro do comité de empresa, delegados sindicais ou membros do comité de seguridade e saúde. A comisión mixta paritaria establecerá e regulará os métodos para establecer cómputos de horas sindicais para efectos da súa utilización.

2. Os membros do comité de empresa, delegados sindicais e do comité de seguridade e saúde terán dereito a 55 días/ano para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 38º.-Excedencias.

1. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria dun a cinco anos. A empresa reservará o posto de traballo ó traballador na dita situación, concertando para o efecto o contrato de interinidade ou substitución correspondente.

2. O dito contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor no momento da substitución e ata que esta finalice.

3. Se a excedencia fose solicitada por un prazo inferior a cinco anos, o traballador poderá, logo de comunicarllo á empresa, prorroga-la dita situación anualmente, ata alcanza-los cinco anos. O traballador avisará a empresa con dous meses de anticipación á data prevista para a súa reincorporación, ou prórroga da excedencia, ó posto de traballo.

4. Este dereito só poderá volver a ser exercido polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

5. En todo o non previsto neste artigo aplicarase o establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 39º.-Información de absentismo.

1. O comité de seguridade e saúde será informado trimestralmente sobre absentismo, baixas por accidente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas do persoal afectado por este convenio.

Artigo 40º.-Axuda familiar.

1. Os traballadores afectados por este convenio, que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo de xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 48,38 euros mensuais, 8.050 ptas. mensuais.

Artigo 41º.-Control de ascensos, promoción interna.

1. A comisión mixta paritaria redactará un regulamento que regule este aspecto para adaptalo á cobertura dos postos de capataz, mecánico e conductor.

2. En caso de ausencia de regulación, aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector.

Artigo 42º.-Altas e baixas na empresa.

1. Facilitaránselle ó comité de empresa os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

2. Ó traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

3. Cando existan altas de novos traballadores fixos ou eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ó comité, indicando apelidos, nome e categoría do novo traballador, así como o tipo de contrato efectuado. Igualmente se procederá en caso de baixas.

4. O traballador que desexe cesar na empresa deberallo comunicar cunha anticipación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 43º.-Faltas e sancións.

1. Tódalas faltas e sancións comunicaranse simultaneamente ó traballador e ó comité de empresa.

Artigo 44º.-Dereito de información.

1. A empresa facilitaralle ó comité a información establecida con carácter xeral no art. 64.1º do Estatuto dos traballadores, referida á cidade de Vigo.

2. Así mesmo, facilitará información sobre o número de toneladas de lixo total e por distritos, así como a variación en superficie do servicio de limpeza.

Artigo 45º.-Xubilación.

1. Establécese un premio de xubilación anticipada segundo o seguinte baremo e con independencia dos anos de servicio:

Xubilación ós 60 anos: 160 días.

Xubilación ós 61 anos: 130 días.

Xubilación ós 62 anos: 100 días.

Xubilación ós 63 anos: 70 días.

Xubilación ós 64 anos: 40 días.

Artigo 46º.-Créditos persoais.

1. Crearase un fondo de 30.060,73 euros, 6.000.000 de ptas. A comisión mixta paritaria regulará a forma de distribución e reintegro.

Artigo 47º.-San Martiño de Porres.

1. O día de San Martiño de Porres, 3 de novembro, será considerado festivo. Cando o dito día caia en domingo ou festivo, a súa celebración adiantarase ou atrasarase ata o segundo día laborable anterior ou posterior, sempre que os ditos días non sexan, así mesmo, festivos.

Artigo 48º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun crédito de 12 horas anuais para a realización de asembleas dentro da xornada de traballo, logo de notificación á empresa.

Artigo 49º.-Servicio mecánico e lavacoches.

1. O servicio mecánico de noite estará destinado exclusivamente para facer servicios de retén.

O servicio mecánico terá que auxiliar nos casos de avaría, picaduras, etc. no desenvolvemento do traballo.

Artigo 50º.-Capacidade diminuída.

1. Ó traballador que, por causa de accidente ocorrido na prestación de traballo á empresa, lle sexa recoñecida polo tribunal médico de incapacidades unha incapacidade parcial para o seu traballo habitual, a empresa poderalle asignar un posto de traballo que se adapte á nova aptitude do traballador, sempre que exista praza vacante, na que o traballador terá prioridade sobre calquera contratación eventual.

Artigo 51º.- Fondo social.

Dotarase un fondo social coa cantidade de 1.866,14 euros, 310.500 pesetas. Este fondo será xestionado pola comisión mixta paritaria e estará destinado a financiar accións e programas de carácter social, cultural ou deportivo do persoal adscrito a este centro de traballo.

Artigo 52º.-Comisión de formación.

1. Constituirase unha comisión de formación integrada por tres representacións dos traballadores, pertencentes ó comité de empresa e por tres representantes da empresa, que programe, estudie e xestione as diversas actividades formativas que se lles impartirán ós traballadores.

2. As partes asinantes acordan adherirse ó III Acordo Nacional de Formación Continua, subscrito con data do 19 de decembro de 2000, por unha parte por CEOE e CEPYME e, por outra, por UGT, CC.OO. e CIG, e publicado no BOE nº 47, do 23 de febreiro de 2001.

Capítulo VI

Subrogación do persoal

Artigo 53º.-Subrogación do persoal.

1. O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma dela non extinguirá por si mesma a relación laboral e o novo empresario quedará subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio de titularidade esixirá o recoñecemento da representación sindical dos traballadores afectados.

2. Se algún dos servicios mencionados deixasen de prestarse pola non renovación ou rescisión da concesión administrativa, os traballadores adscritos ós ditos servicios serán absorbidos pola nova empresa adxudicataria ou, se ó o caso, polo propio Concello de Vigo, nas mesmas condicións económicas e laborais que se establecen no presente convenio ou no que o substitúa.

3. Tanto o empresario cedente como o novo concesionario responderán solidariamente das obrigas laborais nacidas con anterioridade á transmisión e que non fosen satisfeitas.

4. En todo o non previsto neste artigo aplicarase o estipulado con carácter xeral no capítulo XI do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros (BOE nº 58 de marzo do 7 de marzo de 1996), así como o establecido no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Disposición derradeira

Única.-En todo o non previsto no vixente convenio aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996), e no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

ANEXO II

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegación Galicia-Medio Ambiente

Servicio R.B.U. e L. Viaria de Vigo

Cadro horario para o ano 2002

1. Servicio de RBU:

* Luns a sábado:-Mañá de 6 a 13 horas.-Tarde de 13.45 a 20.45 horas.-Noite de 23 a 6 horas.

2. Limpeza viaria:

* Luns a sábado:-Mañá de 6 a 13 horas.-Tarde de 13.45 a 20.45 horas.-Noite de 23 a 6 horas.

3. Servicio de talleres:

* Luns a sábado:-Mañá de 6 a 13 horas.-Tarde de 13.45 a 20.45 horas.-Noite de 23 a 6 horas.

4. Servicio de almacén.

* 1 quenda: luns a venres:-Mañá de 9 a 14 horas.-Tarde de 16 a 18 horas.

* 2ª quenda: luns a venres: mañá de 7.45 a 13.45 horas.

* Sábado: mañá de 8 a 13 horas

5. Oficinas centrais: ver folla anexa.

6. Festivos locais:-Día 1 de abril.-Día 16 de agosto.

7. Festivos segundo artigo 47º do convenio:-Día 3 de novembro.

ANEXO II.1

Cadro horario para o ano 2002

Oficinas centrais

1. Horario de inverno: (de 1º de xaneiro ó 31 de maio).

Luns a xoves:-Mañá de 9 a 14 horas.-Tarde de 16 a 18.30 horas.

Venres:-Mañá de 9 a 14 horas.

2. Horario de verán: (do 1 de xuño ó 30 de setembro)

Luns a venres:-Mañá de 8 a 15 horas.

3. Horario de inverno: (do 1 de outubro ó 31 de decembro)

Luns a xoves:-Mañá de 9 a 14 horas.-Tarde de 16 a 18.30 horas.

Venres:

Mañá de 9 a 14 horas.

4. Festivos locais:-Día 1 de abril.-Día 16 de agosto.

5. Festivos segundo o artigo 48º do convenio.

-Día 3 de noviembre.

Táboa salarial

Recollida de lixo e limpeza

Ano 2002, Vigo

Pesetas

CategoríaSalario baseComplemento

tóx. pen/perig.

Complemento

nocturno

Complemento

actividade

Complemento

productividade

Complemento

transport.

Pagas extras

Encargado6.0581.514290227441181.740
Sub-encarg. noite5.6271.4071.688125227441168.810
Capataz día5.1781.295447227441155.340
Capataz noite5.1781.2951.553447227441155.340
Ofic. 1ª cond. día4.3211.080504227441129.630
Ofic. 1ª cond. noite4.3211.0801.296504227441129.630
Peón día4.2511.063260227441127.530
Peón noite4.2511.0631.275260227441127.530
Encargado taller6.0581.514290227441181.740
Ofic. 1ª mec. día4.8041.201807227441144.120
Ofic. 1ª mec. noite4.8041.2011.441807227441144.120
Peón mecánico4.2511.063260227441127.530

Festivos traballados: 11.219 ptas. para tódalas categorías.

Complemento vehículo lixeiro: 383 ptas./día.

Complemento lavacoches: 383 ptas./día.

CategoríaSalario

base

Complemento

calidade

Complemento

transporte

P. extras

xul./decemb.

Paga

beneficios

Oficial 1ª administrativo156.28534.77511.600202.660156.285
Oficial 2ª administrativo139.47040.75511.600191.825139.470
Auxiliar administrativo130.84041.36511.600183.805130.840
Almaceneiro129.61538.06511.600179.280129.615

Táboa salarial

Recollida de lixo e limpeza

Ano 2002, Vigo

Euros. 1 euro=166,386 ptas.

CategoríaSalario baseComplemento

tóx. pen/perig.

Complemento

nocturno

Complemento

actividade

Complemento

productividade

Complemento

transport.

Pagas extras

Encargado36,419,101,741,362,651.092,28
Sub-encarg. noite33,828,4610,150,751,362,651.014,57
Capataz día31,127,782,691,362,65933,61
Capataz noite31,127,789,332,691,362,65933,61
Ofic. 1ª cond. día25,976,493,031,362,65779,09
Ofic. 1ª cond. noite25,976,497,793,031,362,65779,09
Peón día25,556,391,561,362,65766,47
Peón noite25,556,397,661,561,362,65766,47
Encargado taller36,419,101,741,362,651.092,28
Ofic. 1ª mec. día28,877,224,851,362,65866,18
Ofic. 1ª mec. noite28,877,228,664,851,362,65866,18
Peón mecánico25,556,391,561,362,65766,47

Festivos traballados: 67,43 euros para tódalas categorías.

Complemento vehículo lixeiro: 2,30 euros/día.

Complemento lavacoches: 2,30 euros/día.

CategoríaSalario

base

Complemento

calidade

Complemento

transporte

P. extras

xul./decemb.

Paga

beneficios

Oficial 1ª administrativo939,29209,0069,721.218,01939,29
Oficial 2ª administrativo838,23244,9469,721.152,89838,23
Auxiliar administrativo786,36248,6169,721.104,69786,36
Almaceneiro779,00228,7869,721.077,49779,00