Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002 pola que se inscribe á Asociación Medio Ambiente y Cultura en el Espacio Rural (Mecer) no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Medio Ambiente y Cultura en el Espacio Rural (Mecer), de data 18 de xaneiro de 2002.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Medio Ambiente y Cultura en el Espacio Rural (Mecer) quede inscrita no Rexistro

de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 136.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Andrés González Murga

Secretario xeral