Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 163/01P e cinco máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 4 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expte. nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito probado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

(euros)

OU-163/01PMiguel Ángel Norte Escudero

21371053

Monte Penamá 30-1º A

(Ourense)

Pescar empregando engado natural (bicho vermello), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º30,05 A

OU-167/01PTomás Rodríguez Justo

76704967

Alameda nº 37

32600 Verín (Ourense)

Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º30,05 A

OU-171/01PJosé Carlos Feijóo Sousa

BI-8215504

Santa María Maior

Chaves-Portugal

Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º30,05 A

OU-188/01PEnrique Batlle Asensi

35094211-Y

Avda. Diagonal 421-4º

Barcelona

Pescar en luns non festivo, día inhábil para a pesca.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º60,10 A

OU-197/01PLuis Pousa Blanco

34593259

Leñeros 8-3º dr.

28039 Madrid

Pescar en luns non festivo, día inhábil para a pesca.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º60,10 A

OU-207/01PLuis Gonzalves Cunha

44480026-G

Barrio-Recanto do Caravel 14-4º es

(Ourense)

Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º60,10 A

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE