Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de servidores en rack e da ampliación do sistema de discos symmetrix 3830 do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 121, do martes 25 de xuño de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 9.863 punto 8 letra a) onde di: «Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial da Galicia». Debe dicir: «Data límite de presentación: 10 de xullo de 2002».

Na páxina 9.863 no 9 letra d) onde di: «Data: o quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de remate do prazo de presentación das proposicións». Debe dicir: «Data: 15 de xullo de 2002».