Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de maio de 2002, do director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, da asistencia técnica para a realización de traballos de análise e programación con destino á aplicación de nómina da Xunta de Galicia. (Expediente 13/2002).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 123, do xoves 27 de xuño de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 10.053 no enunciado onde di: «Resolución do 28 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, da asistencia técnica para a realización de traballos de análise e programación con destino á aplicación de nómina da Xunta de Galicia. (Expediente 13/2002)». Debe dicir: «Resolución do 28 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da asistencia técnica para a realización de traballos de análise e programación con destino á aplicación de nómina da Xunta de Galicia. (Expediente 13/2002)».

Na páxina 10.053 no punto 3 letra a) onde di: «Tramitación: ordinaria (anticipada de gasto)». Debe dicir: «Tramitación: ordinaria».