Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador PO-I-01/203 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo mediante o impreso que ten ó seu dispor no Servicio Técnico Xurídico da Delegación Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Benito Corbal 47, 5ª planta. O período voluntario de pagamento será, segundo o artigo 20.2º do Regulamento xeral de recadación: a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo. As débedas non satisfeitas nos períodos citados nas alíneas anteriores esixiranse en vía de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 30 de maio de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/203.

Denunciado: Cesar Fernández Groba.

Último enderezo coñecido: Couso, 48-Guláns, 36869 Ponteareas.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.