Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente 9/2000 de clasificación dun monte desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2 de abril de 2002 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis

tración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñal en man común o monte seguinte:

-Expediente número 9/2000.

Denominación: monte: Ganderiña, Monteagudo, Penediños, A Serra, Rosende, Bosque, Penasobreira, Pico da Vara, Varalongo e Camiño Real.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Covela.

Concello: O Incio.

Superficie: 70 hectáreas.

Estremas da parcela Ganderiña-5,36 hectáreas:

Norte: predios particulares da parroquia de Covela. Leste: predios particulares e camiño en desuso. Sur e oeste: predios particulares e estrada local de Covela á Cervela.

Estremas da parcela Monteagudo-3,18 hectáreas:

Norte, leste e sur: predios particulares. Oeste: estrada local de Covela á Cervela.

Estremas da parcela Penediños-1,87 hectáreas:

Norte e oeste: camiño público. Leste: camiño público que chega en vértice á estrada local de Covela á Cervela. Sur: camiño público e predios particulares.

Estremas da parcela A Serra-15,40 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: predios particulares e camiño público. Sur: monte veciñal en man común da Cervela, cabarca divisoria con predios particulares e camiño público. Oeste: camiño público, predios particulares e monte veciñal en man común da Cervela.

Estremas das parcelas Rosende, Bosque e Penasobreira-5 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: parcela A Serra e predios particulares separados en parte do monte veciñal por muros e cabarcas. Sur: termo municipal de Bóveda e predios particulares. Oeste: monte veciñal en man común da Cervela e predios particulares.

Estremas das parcelas Pico da Vara e Varalongo-38,40 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: predios particulares con cabarcas divisorias. Sur: termo municipal de Bóveda. Oeste: predios particulares con cabarcas divisorias.

Estremas da parcela Camiño Real-0,79 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: muro divisorio con predios particulares.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado

Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 2 de abril de 2002.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo