Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (262/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 262/2002 seguidos por instancia de Luis Julio Santiago Fuentes contra Rediscarta Galicia, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 24-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Luis Santiago Fuentes, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Rediscarta Galicia, S.L., a que á súa elección, que ten que efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 1.778,94 A, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia e que ata a data ascenden á cantidade de 2.678,84 A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 262-2002 do Banco BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 A en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación

e cumprimento, xulgando pronúncioo, mando e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rediscarta Galicia, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado