Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 198/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de María Ascensión Colazo Noya e María Isabel Bra Ríos, contra María Teresa Suárez Casal e Fogasa en reclamación de cantidade, dictouse, con data do dezaseis de maio de dous mil dous, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda interposta por María Ascensión Collazo Noya e María Isabel Bra Ríos contra a empresa María Teresa Suárez Casal e o Fondo de Garantía Salarial, en materia de reclamación de cantidade, debo condenar e condeno a devandita empresa a lle satisfacer á actora as seguintes cantidades: a María Ascensión Collazo Noya a cantidade de mil seiscentos sesenta e cinco euros con noventa e sete céntimos (277.194 ptas.), e a María Isabel Bra Ríos a cantidade de mil seiscentos sesenta e cinco euros con noventa e sete céntimos (277.194 ptas.).

E para que lle sirva de notificación de sentencia a María Teresa Suárez, con domicilio na r/ Dr. Maceira, 6-baixo, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber contra ela non cabe recurso ningún».

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o venres 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado