Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza nas dependencias das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda na Coruña, Ourense e Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 03/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: limpeza nas dependencias das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, Ourense e Pontevedra.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 4 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e oito mil cento noventa euros (98.190 A) IVE incluído, distribuído segundo o detalle seguinte:

Nº loteOrzamento mensualOrzamentos total

Lote I (A Coruña) 4.000 A36.000 A

Lote II (Ourense)

Rúa do Progreso, nº 38

Rúa do Progreso, nº 117

1.510 A

1.000 A

13.590 A

9.000 A

Lote III (Pontevedra)4.400 A39.600 A

Total 98.190 A

5. Adxudicación.

Lote I:

a) Data: 26 de abril de 2002.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteoito mil novecentos noventa e un euros con oitenta e oito céntimos (28.991,88 A), IVE incluído; corresponden 25.770,56 A á anualidade de 2002 e 3.221,32 A á anualidade de 2003.

Lote II:

a) Data: 26 de abril de 2002.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaoito mil oitocentos doce euros con oitenta e oito céntimos (18.812,88 A), IVE incluído; corresponden 16.722,56 A á anualidade de 2002 e 2.090,32 A á anualidade de 2003.

Lote III:

a) Data: 26 de abril de 2002.

b) Contratista: Limpisa Grupo Norte, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e catro mil trescentos oitenta euros con noventa e nove céntimos (34.380,99 A), IVE incluído; corresponden 30.560,88 A á anualidade de 2002 e 3.820,11 A á anualidade de 2003.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio