Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun edificio institucional en San Lázaro, Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun edificio institucional en San Lázaro, Santiago de Compostela:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 22/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de construcción dun edificio institucional en San Lázaro, Santiago de Compostela.

c) Lugar de execución: complexo administrativo de San Lázaro.

d) Prazo de execución: dezaoito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns catrocentos noventa e un mil setecentos corenta e oito euros e cincuenta e dous céntimos, IVE incluído (11.491.748,52 A), distribuído nas seguintes anualidades:

2002: 1.326.943,61 A.

2003: 7.691.962,02 A.

2004: 2.472.842,89 A.

5. Garantía provisional.

Importe: 2% do orzamento de licitación: douscentos vintenove mil oitocentos trinta e catro euros e noventa e sete céntimos (229.834,97 A).

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 58.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono: 981 59 03 02.

e) Telefax: 981 59 03 02.

f) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C subgrupos todos categoría f.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 19-8-2002.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado, edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 12 horas do día 27 de agosto de 2002.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á presente convocatoria: www.xunta.es/contratacion.

13. Data de remisión do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27 de xuño de 2002.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio