Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (84/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 84/2002 seguidos a instancia de Manuel López Novo e outros contra Granxas Carballos, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 24-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Manuel López Novo, Miguel Ángel Mourelle Porteiro, Constantino Villasuso Santalla e Rosa María Reborido Pardo, contra a empresa Granxas Carballos, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 6.273,53 A a Manuel López Novo, 6.326,18 A a Miguel Ángel Mourelle Porteiro, 6.494,53 A a Constantino Villasuso Santalla e 8.732,53 A a Rosa Mª Reborido Pardo que lles adeuda en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 84-2002 do Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 A en concepto de depósito, sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Granxas Carballos, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado