Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.318

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (63/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 63/2002 seguidos por instancia de Jorge García López e outros contra Dacoilcor, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 24-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Joge García López, Eugenio Sánchez Louzan e Manuel del Llano Suárez, contra a empresa Dacoilcor, S.L., condeno a mesma a aboarlle a cantidade de 8.168,85 A e Jorge García López, 5.456,33 A Eugenio Sánchez Louzan, 5.626,07 A a Manuel del Llano Suárez, que lle debe en concepto de salarios.

Absolvendo das pretensións de demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra a mesma cabe interpoñer

recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 63-2002 do Banco BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 A en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando o pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dacoilcor, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado