Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 10 de abril de 2002 de denegación das axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo FM 343D 2001/124-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución da denegación das axudas á contratación en prácticas da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1. Expedientes de procedemento: FM 343D 2001/124-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Colotel Digital, S.L.L.

Enderezo: rúa Sagasta, 20 baixo, 36002 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 10 de abril de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación en prácticas de traballador/es, presentada por Álvaro Gil Fernández, en nome e representación de Colotel Digital, S.L.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 29-6-2001.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación do expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la presente solicitude corresponde, por delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora vén motivado polas razóns seguintes:

O traballador non estaba inscrito como demandante de emprego no Servicio Púbico de Emprego na data de inicio da relación laboral obxecto da solicitude, polo que a súa contratación non está incluída no ámbito da aplicación das axudas establecido na base 4ª.2 do anexo D.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Non conceder a Colotel Digital, S.L.L., a axuda solicitada pola contratación indefinida de José Luis Sabarís Castro, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin a vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de abril de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 29 de maio de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra