De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:
1. Expedientes de procedemento: FM 343B 2001/1034-5.
Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).
Interesada: Mª José Araújo Vidal.
Enderezo: Gregorio Espino, 52-ent., oficina 5-7, 36205 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 8 de abril de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.
Resolución:
«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballador/es, presentada Mª José Araújo Vidal, en nome e representación de Mª José Araújo Vidal, e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes:
Primeiro.-A solicitude foi presentada o 18-9-2001.
Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación do expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.
Terceiro.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.
Fundamentos:
Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la presente solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22 de maio) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.
Segundo.-Do actuado e da documentación achegada resulta que non se cumpren as condicións e requisitos esixidos na orde reguladora, polas razóns seguintes:
O contrato de duración determinada transformado en indefinido non está incluído na base 8ª do anexo B, polo que a conversión obxecto da solicitude non é subvencionable.
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
ACORDA:
Non conceder a Mª José Araújo Vidal, a axuda solicitada pola contratación indefinida de Iria Estévez Casqueiro, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.
Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin a vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 8 de abril de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».
Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.
Vigo, 29 de maio de 2002.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra