Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 28 de xaneiro de 2002 de desistencia das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/807-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 343B 2001/807-5.

Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Parquets Besada, S.L.

Enderezo: Eduardo Pondal, 60, 36003 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 28 de xaneiro de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Carlos Sartages Besada, en nome e representación de Parquets Besada, S.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 24-8-2001.

Segundo.-O Servicio de Fomento o Emprego desta delegación provincial notificou ó interesado o 25-9-2001 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 3 da Orde do 10-5-2001 (DOG do 22) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Segundo.-Artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo,

con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de xaneiro de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 29 de maio de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra