Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 10 de xuño de 2002, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador PESAN1 2002/000126-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para presentaren ante a delegación comarcal as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000126-1.

Denunciado: Secundino M. Romero Cameán.

DNI: 33254571-K.

Enderezo: Santa Cruz-Rego, 6, A Pobra do Caramiñal.

Ribeira, 10 de xuño de 2002.

Carlos Martínez Pérez

Delegado comarcal de Ribeira

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE