Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.212

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (210/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 210/2002 seguidos por instancia de Carmen Rodríguez Ferreira contra Cegape, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 16-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Cegape, S.L. a que readmita inmediatamente a María del Carmen Rodríguez Ferreira nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, a que faga o pagamento á parte demandante dunha indemnización de 841,42 euros (140.000 pesetas).

A dita opción deberá exercitarse no térmo de 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo se que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a súa elección, condeno así mesmo á parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non percibira desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do E.T. e que ata a data ascende á cantidade de 2.127,58 euros (354.000 pesetas).

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da responsabilidade legal prevista no artigo 33 do E.T.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados

desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 150,25 euros, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Cegape, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Buenos Aires, 5-6-1º A, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado