Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.212

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (959/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 959/2001 seguidos por instancia de Iván Ponte Antelo contra A.R. Vehículos Clássicos, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 16-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta por Iván Ponte Antelo, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 298.115 pesetas (1.791,71 euros) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno á empresa A.R. Vehículos Clássicos, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 1.791,71 euros (298.115 pesetas) polo concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade legal prevista no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselle esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que contra a dita resolución non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a A.R. Vehículos Clássicos, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Alcalde Platas Varela, 32 B de Vilarrodís, Arteixo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado