Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.213

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (266/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 266/2002 por instancia de Rosa Viejo María contra a empresa Fogar Gas, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 23 de maio de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 266/2002, seguidos por instancia de Rosa Viejo María, maior de idade, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Fogar Gas, S.L., que non compareceu en autos, é o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Rosa Viejo María, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Fogar Gas, S.L. e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando á empresa a que aboe á demandante unha indemnización de 3.155,83 euros máis 2.049,04 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo

de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Fogar Gas, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, o 23 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA