Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 318/2001, interposto por Pedro María García Cacho, en nome e representación de Joaquín Rodríguez Obes contra a resolución da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso administrativo interposto por Joaquín Rodríguez Obes contra a asignación, con carácter provisional, do posto de traballo PR.C02.00.004.15770.107, a consecuencia da modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2001.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela estase a tramitar

recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado nº 318/2001, interposto por Pedro María García Cacho en nome e representación de Joaquín Rodríguez Obes contra a resolución da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso administrativo interposto por Joaquín Rodríguez Obes contra a asignación con carácter provisional, do posto de traballo PR.C02.00.004.15770.107, a consecuencia da modificación da relación de postos de traballo polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2001 (DOG nº 65, do 2 de abril).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, no prazo de nove días (9 días) contados desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública