Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000757/2002 (Dereitos Fundamentais) interposto pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), Sindicato Nacional Comisións Obreiras de Galicia e a Confederación Intersindical Galega, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 17 de xuño de 2002, pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para o día 20 de xuño de 2002.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estase a tramitar recurso contencioso-administrativo 01/0000757/2002 (Dereitos Fundamentais) interposto pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), Sindicato Nacional Comisións Obreiras de Galicia e a Confederación Intersindical Galega, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 17 de xuño de 2002, pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais

durante a folga convocada para o día 20 de xuño de 2002.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días (5 días) contados desde o día seguinte, da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública