Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO-CONVOCATORIA que contén as bases xerais e as específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego público do ano 2001.

No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º c) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal, sendo as bases xerais e específicas aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión do 27 de maio de 2002, as seguintes:

Bases xerais e específicas

A) Persoal funcionario.

I. Obxecto da convocatoria.

E a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2001, que se acordan ofertar e que son as seguintes:

Técnico admón. xeral: 1 praza.

Administrativo de admón. xeral: 4 prazas.

Auxiliar de admón. xeral: 1 praza.

Técnico de sistemas: 3 prazas.

Técnico medio serv. económicos: 1 praza.

Inspector auxiliar urbanismo: 1 praza.

Suboficial da policía local: 3 prazas.

Garda: 26 prazas.

Bombeiro: 5 prazas.

Conductor-bombeiro: 3 prazas.

II. Natureza e características.

En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre.

III. Publicidade das convocatorias.

As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da casa do concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

a) Ser español/a.

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cás dos españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

As reservas a aspirantes de nacionalidade española deberán estar motivadas en estar relacionadas específica e directamente co exercicio do poder público e farase constar expresamente en cada convocatoria específica.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima distinta para o ingreso, o que se fará constar nas bases específicas.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data que remate o prazo de presentación de instancias.

No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalías en igualdade de condicións cos demais aspirantes.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalías que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, antes do nomeamento, acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da praza.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 25,81 A; prazas dos grupos C, D e E, 14,48 A.

h) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio polo secretario xeral, no que se faga constar que o interesado/a cumpre as condicións para participar, esixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

V. Forma de presentación da documentación que hai que achegar para a fase de concurso.

Cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración senón fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso.

O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustifica-los méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos soamente alegados.

Como excepción se o mérito que se alega é ter prestados servicios no Concello de Vigo, bastará con facelo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó concello e o departamento, servicio ou unidade na que se prestaron. No caso contrario deberase achega-la correspondente certificación dos servicios prestados por parte do aspirante.

VI. Presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario e anuncio da convocatoria no BOP para persoal laboral por promoción interna.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

VII. Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador.

A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos se encontran expostas ó público no taboleiro de edictos da Corporación xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP para a corrección por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da dita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A dita lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, senón as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo de un mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.

VIII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros, con voz e voto:

-Presidente: o da Corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario: un funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou da Corporación integrado na escala de Administración xeral, subescala técnica, designado/a polo órgano convocante.

-Vocais: un representante da Corporación. Un representante designado pola Comunidade Autónoma. O xefe/a do servicio correspondente á especialidade. Un ou unha representante da Xunta de Persoal designado/a por aquel, que deberá contar coa condición de funcionario de carreira da Administración.

Calquera outro que fose preceptivo nomear segundo a normativa vixente, e que se fará constar nas bases específicas.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos/as suplentes que serán designados/as xunto cos/cas titulares.

Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á

esixida para o acceso á praza, agás o presidente, ou estar integrados/as no grupo de titulación que corresponda a aquela.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dun asesor/a, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Comunidade Autónoma e na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea, o tribunal poderá acorda-la incorporación como asesor dun especialista na lingua obxecto do exame, que será designado pola Alcaldía, tamén contará coa asistencia técnico-administrativa dun funcionario/a da Unidade de Persoal.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas que se convocan, incorréndose en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da Corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas.

Os membros do tribunal e os asesores que se poidan designar por aquel, que asistan ás sesións percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto as categorías dos tribunais serán as seguintes:

1ª Selección de funcionarios/as do grupo A.

2ª Selección de funcionarios/as do grupo B.

3ª Selección de funcionarios/as do grupo C.

4ª Selección de funcionarios/as do grupo D.

5ª Selección de funcionarios/as do grupo E.

IX. Comezo dos exercicios.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación, retrasándose a data de inicio das probas para cumpri-lo mentado prazo, se fose preciso.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.

Nos concursos-oposicións comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición, así como a relación de aprobados por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen.

X. Sistemas de selección.

Con carácter xeral establécese o concurso-oposición, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro sistema.

1. Fase de concurso:

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, salvo que legalmente se esixa outro:

a) Coñecemento e experiencia profesional:

Valorarase con 0,20 puntos por ano, ata un máximo de 2 puntos. Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e acreditaranse con certificación de servicios prestados expedida polo organismo oficial no que se prestaron; ou vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no Inem ou nóminas se os servicios se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza.

b) Por participación en cursos, o certificado de asistencia dos cales sexa expedido por un organismo oficial, centro homologado para impartilos ou colexio profesional, e que teña relación coas funcións de calquera dos postos ós que se adscriba a praza.

No caso de centros homologados na certificación deberá consta-la resolución expresa de homologación.

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto, 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto, de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto, entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

A puntuación máxima por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a ser valorados.

c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións da praza.

-Por cada título expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto, se son superiores ós do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo nivel.

-Por cada título expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

Neste último caso deberá acreditarse fehacientemente que a duración dos estudios necesarios para obte-lo título é como mínimo dun curso académico ou no seu defecto, nove meses.

A puntuación por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

2. Fase de oposición.

Salvo que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará como mínimo de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo, o tribunal poderá acorda-la lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública.

A forma de practicarse o exercicio será acordada polo tribunal en cada caso en función das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.

No exercicio práctico o tribunal poderá propoñe-los casos prácticos que se sinalen nas bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario específico, e con base a eles establece-la duración deste, sen prexuízo do que poida establecerse nas bases específicas.

A solución dos casos prácticos, ou cando menos, os criterios para a súa valoración deberán ser fixados polo tribunal antes de iniciarse o exame e constar na correspondente acta.

Ademais practicarase unha proba de coñecemento do idioma galego, que fixará o tribunal atendendo á categoría e funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas bases específicas de cada convocatoria

Por último, para as prazas que se indiquen en cada convocatoria específica, practicarase unha proba voluntaria de coñecemento dos idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, coa exclusión do galego e o castelán. Só poderán elixirse 4 como máximo.

A proba consistirá nunha traducción dun texto en castelán ó idioma ou idiomas elixidos, sen axuda do diccionario.

A participación nesta proba deberá solicitarse na propia instancia, indicando o idioma ou idiomas dos que solicita examinarse o/a aspirante. Sen este requisito non se lle permitirá a participación no exame.

Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

A proba de coñecemento de idioma galego cualificarase cun máximo de 2 puntos.

A/o aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realize o concello, co fin de obte-la debida capacitación.

A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder do 40% do total da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición, rebaixándose cando fose preciso para non exceder do dito tope.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso -co límite máximo do 40% da puntuación total-, nos exercicios da oposición e nas probas de coñecemento do idioma galego e, se é o caso, doutros idiomas da Unión Europea e das comunidades autónomas, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

A proba de coñecemento dos idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas con lingua vernácula, cualificarase con 0,50 puntos por idioma, cun máximo de 2 puntos.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal asistentes á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos ou máis.

Segundo os grupos ós que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:

-Grupo A: 90 temas.

-Grupo B: 60 temas.

-Grupo C: 40 temas.

-Grupo D: 20 temas.

-Grupo E: 10 temas.

No temario deberán figura-los temas a que fai referencia o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño.

Se os exames non foran corrixidos ó remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario/a para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será o seguinte: primeiro, o técnico/a do concello; segundo, o/a representante da Comunidade Autónoma; terceiro, o/a representante do Comité de Persoal; cuarto, o representante da Corporación; quinto, o secretario/a e sexto o presidente/a.

Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que corrixiran o exame, ou presenciado a súa lectura, se é o caso.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate polo que obtivese maior puntuación polo punto de coñecementos ou experiencia profesional; se seguira persistindo o empate, a/o de maior idade.

Naqueles exercicios en que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.

XI. Calendario preciso para a realización das probas.

Para o seu inicio haberá que aterse ó disposto na base IX.

Entre a celebración de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios), deberá transcorrer un mínimo de 72 horas e un máximo de 45 días.

XII. Quenda de promoción interna.

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especialidades:

1. A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a un grupo superior dentro da mesma escala ou dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo. Tamén no cambio de escala dentro do mesmo grupo, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas.

2. Réxime de promoción interna:

a) Os/as aspirantes -o persoal municipal que non se atope en situación administrativa de suspensión firme- deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso á praza ou cumpri-los requisitos que legalmente se autorice que a substitúan e contar cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo ou escala á que pertezan o día da finalización do prazo de presentación de instancias.

b) As prazas que non se cubran por esta quenda, acumularanse ás de quenda libre, sempre que os exercicios teñan lugar antes ou simultaneamente cos desta, e o persoal poderá presentarse a ámbalas dúas.

c) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, salvo que por imperativo legal se esixa outro.

d) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, salvo que legalmente se esixa outro:

1. Antigüidade. Por cada ano ou fracción integrado no grupo ou escala de orixe: 0,30 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación continua de administracións públicas (I, II e III AFCAP), dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal e cursos incluídos nos plans anuais de formación do concello, sempre que o certificado de asistencia o expida o concello e cursos impartidos por colexios profesionais, que teñan relación coas funcións do posto ó que se adscriba a praza.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Inem ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas (no caso da comunidade autónoma galega Consellería de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude), sempre que teñan relación coas funcións do posto ó que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto, 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto, de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto, entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación máxima por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

3. Titulacións académicas:

a) Por estar en posesión de titulo superior ó esixida para o acceso á praza: 1 punto.

b) Por estar en posesión doutros títulos do mesmo nivel que o esixido para o ingreso na praza como mínimo, excluída a que serviu para obte-la que se alega como mérito, sempre que teña relación directa coas funcións dos postos ós que se poida adscribi-la praza segundo a RPT vixente: 1 punto.

A puntuación máxima por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

4. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso/validación de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso/validación de perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídico-administrativa: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,75 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

O/a aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos, efectuaráselle unha proba de coñecementos que se valorará cun máximo de 0,25 puntos. A proba realizarase despois da fase de concurso e antes de iniciarse o da oposición, se estivese prevista, para o que se convocará ós aspirantes que non acheguen certificación de contar con ningún curso de lingua galega a través do taboleiro de anuncios.

e) Fase de oposición.

Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.

Con carácter xeral o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e a promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira pro

mocionar. Dispensaráselle ós/ás aspirantes nas bases específicas dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das súas funcións, ou en anteriores exames para ingreso na Administración ou anteriores promocións, o que se deberá facer constar expresamente nas convocatorias específicas.

Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento de idioma galego ou doutros idiomas, salvo que as bases específicas establezan o contrario. Os doutros idiomas previstos na base X, deberán facerse constar expresamente nas correspondentes bases específicas.

Os aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixir destino.

XIII. Achega de documentos.

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior -salvo a carta de pagamento dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en conta na fase de concurso- os/as aspirantes propostos/as para ocupa-las prazas convocadas achegarán na Secretaría Xeral (Unidade de Persoal), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.

A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as dos puntos a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ámbolos dous lados; a do punto c) con copia do título oficial ou, no seu defecto, resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá acompañarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia na que se faga consta-la súa equivalencia coa esixida para o acceso); a do punto d) deberá acreditarse a través da superación do correspondente recoñecemento médico que contará, con carácter xeral, coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto fisico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo, e sen prexuízo das probas concretas que poidan esixirse nas bases específicas de cada convocatoria. Se non se esixise o anterior requisito, o aspirante deberá achegar

certificado médico oficial para o efecto; ás dos puntos e) e f) con declaración xurada para o efecto.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, as/os aspirantes propostos non presentaran a documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de funcionario/a público/a está exento/a de presenta-la documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados

no momento da súa toma de posesión, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.

XIV. Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase considera-la realización dun período de prácticas ou un curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados /as funcionarios/as en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

XV. Nomeamento.

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo, se é o caso, os/as que o superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Os nomeamentos deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia.

XVI. Toma de posesión.

Os nomeamentos notificaránselle ós interesados/as para que tomen posesión no prazo dun mes. Quen non o faga sen causa xustificada será declarado en situación de cesante.

Previamente deberán prometer ou xura-lo cargo na forma establecida no artigo 1 do R.D. 707/1979, do 5 de abril, esixíndose ademais no caso dos funcionarios do corpo da policía local o compromiso de portar armas.

Na dilixencia de toma de posesión, farase consta-la manifestación do/a interesado/a de non vir desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita ó recoñecemento de compatibilidade, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.

Se a persoa interesada viñese percibindo algunha pensión, a súa percepción quedará en suspenso durante o tempo que dure o desenvolvemento do cargo. Se viñera desenvolvendo outro compatible co novo, terá que optar por un deles dentro do prazo de toma de posesión. Se se tratara de cargos susceptibles de compatibilidade, deberá instala nos dez primeiros días de prazo de toma de posesión, entendéndose este prorrogado mentres recae resolución.

XVII. Incidencias.

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos

tribunais poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

B) Persoal laboral.

Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:

a) Modifícase a base I, que queda redactada así:

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión de prazas de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se acorda ofertar no ano 2001 a través de convocatoria pública e que son as seguintes:

Oficial albanel: 1 praza.

Oficial conductor: 1 praza.

Oficial sepultureiro: 1 praza.

Oficial xardineiro: 1 praza.

Axudante de oficios: 3 prazas.

b) Na base IV substitúese a letra b) por:

«b) Ter cumpridos 18 anos ou 16 sempre que o menor viva de forma independente, con consentimento dos seus pais ou titores, ou, con autorización de persoa ou institución que os teña ó seu cargo».

c) Modifícase a base VIII, que queda redactada así:

VIII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente: o da Corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario: o secretario xeral da Corporación ou técnico de Administración xeral, designado/a polo alcalde, (con voz e sen voto).

-Vocais: tres representantes da Corporación. Tres representantes do comité de empresa, que conten coa condición de persoal funcionario de carreira ou laboral da Administración.

-Asesor: o xefe/a do servicio correspondente á especialidade ou técnico cualificado (con voz e sen voto).

Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a e o asesor, que só contarán con voz.

Todos eles, agás o presidente, deberán contar coa titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso as prazas.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio, tamén contará coa asistencia técnica-administrativa dun funcionario da unidade de persoal.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de prazas convocados.

En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para os tribunais de selección de persoal funcionarios.

d) As bases XIII, XV e XVI, substitúense pola seguinte:

XIII. Contratación.

Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente, notificaráselles ós/ás interesados/as para que subscriban os seus contratos laborais-fixos no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da notificación do acordo.

Quen non o subscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

Previamente deberan ter presentada na oficina de persoal, toda a documentación esixida na base IV en relación coa XII, no prazo máximo de 20 días naturais contados a partir da publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.

No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio.

Outras disposicións comúns.

Tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios/as se efectúen a «persoal funcionario» entenderanse referidas a «persoal laboral» e as que se fagan a «grupo de titulación» a «equiparado ó grupo de titulación».

Os candidatos que non tendo superado o proceso selectivo, aprobasen tódalas probas da fase de oposición para ingreso nos correspondentes grupos, corpos, escalas, formarán parte dunha lista de substitucións para os efectos de poder ser nomeados ou contratados como persoal interino ou laboral, segundo o disposto na disposición transitoria do Decreto 116/1993, do 3 de xullo, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

ANEXO

Salvo que nas bases específicas se indique outra cousa, existirá un grupo de temas comúns para tódalas probas derivadas da oferta, segundo o grupo de titulación -ou a súa equivalencia no caso do persoal laboral-, e que serán 18 temas para o grupo A, 12

temas para o grupo B, 8 temas para o grupo C, 4 temas para o grupo D, e 3 temas para o grupo E, tal como se enumeran a seguir:

Grupo A.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. A coroa.

Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 5. Formas de actuación administrativa: fomento, policía e servicio público.

Tema 6. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 7. A Unión Europea: nacemento e fase da súa evolución. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.

Tema 8. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 9. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 10. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 11. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 13. Organización municipal.

Tema 14. Competencias municipais.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 16. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Tema 18. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.

Grupo B.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 6. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 8. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 9. Organización e competencias municipais.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 11. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Grupo C.

Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 3. Significado da Unión Europea. As súas institucións. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 6. Organización e competencias municipais.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo D.

Tema 1. Referecia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 4. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo E.

Tema 1. Breve referencia ó significado da Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

O tema 3 para os grupos D e E, no caso de que se trate de probas para seleccionar persoal laboral substituirase polo seguinte:

Tema 3. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o Estatuto. Faltas e sancións, procedemento sancionador do persoal laboral segundo o acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

Bases específicas.

1. Técnico/a de Administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración xeral; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e as complementarias propias dos posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión dos títulos de licenciado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.

V. Exercicios da oposición.

Constará des seguintes exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 2 horas, un tema de carácter xeral, determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña ó epígrafe concreto deste, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa forma de exposición se refire.

Neste exercicio valorarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achega persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de dúas horas catro temas extraídos ó chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.

Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos.

Concluída a lectura da totalidade dos temas o tribunal poderá pedirlle ó aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de tres horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos.

Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base X das xerais.

Quinto exercicio. Voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base X das xerais.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

ANEXO

Temario

(Non lle son de aplicación os do grupo incluídos como anexo ás bases xerais).

Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.

Tema 1. Teoría do Estado. Xustificación e fins do Estado. Elementos do Estado. Formas do Estado.

Tema 2. Funcións do Estado: a división de poderes.

Tema 3. As formas de goberno.

Tema 4. A Constitución española de 1978: principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas na nosa Carta Magna, a súa protección xurisdiccional.

Tema 5. A coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo. O Tribunal Constitucional: composición e competencias. O recurso de amparo.

Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 7. O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Principais competencias dos órganos xurisdiccionais.

Tema 8. O poder executivo e a súa regulación. Composición e funcións do Goberno da nación. A súa relación cos outros poderes.

Tema 9. A Administración do Estado central e periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 10. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 11. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xeais e análise do seu contido.

Tema 12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Tribunal de Contas de Galicia.

Tema 13. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 14. A Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 15. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. O tratado da Unión Europea.

Tema 16. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes: o Consello de Ministros, a Comisión e o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 17. O ordenamento xurídico comunitario: as súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Restriccións.

Tema 18. Sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 19. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais no sistema español. Normas do Goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas de dereito interno.

Tema 20. As relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Distinción entre lexislación básica, plena e supletoria.

Tema 21. O regulamento: concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da postestade regulamentaria. Principio de inderrogabilidade singular de regulamentos.

Tema 22. Principios da organización administrativa. Principios rectores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación.

Tema 23. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: producción, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e actos presuntos.

Tema 24. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión do oficio.

Tema 25. Os recursos administrativos. Reclamacións previas á vía xudicial. A execución dos actos administrativos: motivos da súa suspensión.

Tema 26. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados.

Tema 27. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.

Tema 28. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento. As sentencias e a súa execución. Recursos contra as sentencias.

Tema 29. A contratación administrativa. Natureza xurídica. Diferencias coa contratación civil.

Tema 30. Clases de contratos administrativos.

Tema 31. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia. Clasificación e rexistro de empresas.

Tema 32. O expediente de contratación. Os pregos de condicións facultativas e de prescricións técnicas.

Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.

Tema 34. As garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.

Tema 35. Dereitos e deberes da administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Revisión de prezos. Interpretación e resolución contractual. A impugnación dos contratos públicos: xurisdicción competente.

Tema 36. Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa.

Tema 37. O fomento e os seus medios.

Tema 38. A policía administrativa. O poder de policía e os seus límites. Os medios: especial consideración da potestade sancionadora da Administración.

Tema 39. O servicio público. Evolución do concepto. Servicio público e prestacións administrativas. Análise xeral dos modos de xestión dos servicios públicos.

Tema 40. A xestión directa dos servicios públicos.

Tema 41. A xestión indirecta dos servicios públicos.

Tema 42. A expropiación forzosa: concepto e elementos. Procedemento xeral. Referencias ós procedementos especiais. Garantías xurisdiccionais.

Tema 43. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.

Tema 44. Uso e utilización do dominio público. Estudio especial da concesión e da reserva demanial.

Tema 45. A responsabilidade da Administración pública: principios e procedementos. A responsabilidade das autoridades e do persoal ó servicio das administracións públicas: vertentes, especial consideración da civil e penal.

Segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. Os entes locais de Galicia: natureza e características.

Tema 3. O municipio. Os réximes municipais especiais de Galicia.

Tema 4. O territorio do municipio: alteracións dos termos municipais.

Tema 5. A poboación. O Estatuto do veciño. O empadroamento.

Tema 6. A organización municipal. Distribución de atribucións entre os órganos municipais.

Tema 7. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.

Tema 8. Competencias municipais e servicios mínimos nas corporacións locais. Actividades complementarias doutras administracións públicas.

Tema 9. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e exercicio de accións.

Tema 10. A provincia no réxime local: especial consideración das súas competencias en relación cos pequenos municipios na Lei de Administración local de Galicia.

Tema 11. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 12. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.

Tema 13. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación.

Tema 14. O estatuto dos membros das corporacións locais.

Tema 15. O persoal ó servicio das entidades locais. A función pública local e a súa organización. Normas sobre ingreso.

Tema 16. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

Tema 17. Réxime disciplinario dos funcionarios de administración local. O seu procedemento.

Tema 18. A información e participación cidadá.

Tema 19. Os bens das entidades locais.

Tema 20. Medios de intervención das corporacións locais na actividade dos seus cidadás.

Tema 21. Os servicios públicos locais: especial consideración da reserva nos servicios locais.

Tema 22. Os contratos das administracións locais: especialidades repecto á normativa legal.

Tema 23. A Lei xeral tributaria: principios e contido.

Tema 24. A Lei xeral orzamentaria: principios e contido.

Tema 25. As facendas locais. As ordenanzas fiscais.

Tema 26. A función recadadora nas facendass locais.

Tema 27. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos.

Tema 28. A imposición local autónoma.

Tema 29. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 30. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

Tema 31. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á Facenda Pública.

Tema 32. A función inspectora nas corporacións locais.

Tema 33. A lexislación de augas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 34. A lexislación de costas e portos: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 35. A lexislación de montes: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións. Especial consideración sobre a normativa de montes en man común.

Tema 36. A lexislación de obras públicas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 37. A lexilación de estradas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 38. Estatuto xurídico básico da propiedade do solo na Lei 6/1998, do 13 de abril. Dereitos e deberes dos propietarios.

Tema 39. Normas sobre valoracións, expropiacións e indemnizacións na Lei 6/1998, do 13 de abril.

Tema 40. O planeamento urbanístico e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 41. A xestión urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 42. A disciplina urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 43. A lexislación medioambiental: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 44. A lexislación en materia de educación: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 45. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

2. Técnico de sistemas.

I. Número de prazas: 3.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado en ciencias exactas ou físicas ou enxeñeiro superior.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 3 horas 5 temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un dos temas corresponderá ó temario común para o grupo A de titulación e catro ó temario específico.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un ou varios casos prácticos, propostos polo tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio relativo a tarefas propias das funcións asignadas a subescala, nun prazo máximo de 3 horas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Cuarto exercicio. Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, segundo o previsto na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario específico

(Os dezaoito primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo A).

Tema 1. Lexislación de protección de datos de carácter persoal.

Tema 2. Lexislación de protección xurídica de programas de ordenador.

Tema 3. Métrica 3: descrición e obxectivos. Xuízo de PSI. Definición e organización. Estudio da información relevante. Identificación de requisitos. Estudio dos sistemas actuais. Deseño do modelo dos S.I. Definición de arquitectura tecnolóxica. Definición do Plan de Acción. Revisión e aprobación do PSI.

Tema 4. Métrica 3: estudio da viabilidade do sistema (EVS). Establecemento do alcance do S.I. Estudio da situación actual. Definición de requisitos do S.I. Estudio de alternativas. Valoración das alternativas. Selección da solución. Participantes nas actividades do proceso EVS.

Tema 5. Métrica 3: análise do S.I. Definición do sistema. Establecemento de requisitos. Identificación dos sistemas de análise. Análise de subsistemas en uso. Análise de clases. Elaboración do modelo de datos. Elaboración do modelo de procesos. Definición de interfaces de usuario.

Tema 6. Conceptos básicos da enxeñería do software asistida por ordenador. A automatización do software. Evolución. Beneficios. Tipos de ferramentas CASE.

Tema 7. Enxeñería do software: os diagramas. Diagramas automáticos. Principais técnicas estructuradas.

Tema 8. Métodos da tecnoloxías CASE. Soporte das metodoloxías de desenvolvemento. Métodos de desenvolvemento do software. Metodoloxías estructuradas máis utilizadas (Mesire, métrica, SSADM).

Tema 9. Contorno de ferramentas CASE: compoñentes; clasificación de ferramentas; xogo de ferramentas; contornos; xestores.

Tema 10. Probas do software: conceptos xerais. Verificación e validación. Definición de proba. Principios da proba. Erros no software.

Tema 11. Probas do software: enfoque e estratexia de probas. Probas con e sen uso do ordenador.

Tema 12. O proceso de dirección de proxectos. Defini-los obxectivos do proxecto. Definición formal de obxectivos. O documento de obxectivos do proxecto. Preparación de D.O.P. Directrices para productos do desenvolvemento. Criterios de terminación do proxecto. Documentación de respostas críticas. Documento baixo o control de cambios.

Tema 13. Dirección de proxectos: funcións de seguridade de sistemas. Porqué unha función de seguridade. Procedemento para salva-lo risco. Factores de risco. Medida do risco. Revisións do proxecto.

Tema 14. Planificar, estimar e programar: as fases e o proceso de planificación. Definición dun plan. Defini-los productos e as tarefas. Estimar esforzo e duración. Validar estimacións. Determina-lo programa preliminar. Determinar e balancear recursos. Termina-lo plan de traballo. Aprobación e comunicación de plans do proxecto. Directrices para planificar e estimar.

Tema 15. Seguimento e control do proxecto. Frecuencia do seguimento e información. Información requirida do equipo do proxecto para o seguimento. Información do proceso á dirección. Estimación de terminación. Informe de situación. O papel das reunións no fluxo da información interno e externo. Seguimento e informes manual e automático. Control de cambios. Informe do proxecto terminado.

Tema 16. Establecemento de directivas para o desenvolvemento de aplicacións: criterios para obter directivas efectivas. Obxeccións comúns ó uso de directrices. Distribución e comunicación de directrices.

Tema 17. Sistemas operativos distribuídos: qué é un sistema distribuído; conceptos de hardware e software; aspectos do deseño.

Tema 18. Comunicación nos sistemas distribuídos: Protocolos con capas. Redes con modo de transferencia asíncrona. Modelo cliente/servidor. RPC. Comunicación en grupo.

Tema 19. Sincronización de sistemas distribuídos: sincronización de reloxos; exclusión mutua; algoritmos de elección; transaccións atómicas; bloqueos.

Tema 20. Procesos e procesadores: fíos; modelos de sistemas; asignación de procesadores; tolerancia a fallos; sistemas distribuídos en tempo real.

Tema 21. Arquivos distribuídos e memoria compartida: deseño e implantación dun sistema distribuído de arquivos. Memoria distribuída con base a páxinas, as variables compartidas baseada en obxectos. Comparación.

Tema 22. Informática distribuída. Cliente-Servidor. Mainframe.

Tema 23. Modelo Cliente-Servidor. Servidores de transaccións. Servidores de datos.

Tema 24. Sistemas de arquivos en rede. NFS. SAMBA. ASDU.

Tema 25. Dispositivos de almacenamento. Características e tipos. Sistemas de arquivos. Arquitecturas NAS, DAS e SAN.

Tema 26. Seguridade no CPD: seguridade física; controladores E/S; seguridade da información; seguridade das comunicacións; seguridade intranet-internet e correo electrónico; estructura organizativa; consideracións da área de seguridade.

Tema 27. Seguridade no CPD: controis. Controis de organización e administración; controis ambientais; control das operacións; plans de continxencia; recuperación en caso de desastre; seguridade de acceso ós datos.

Tema 28. Seguridade: identificación dos controis; chequeo de controis; o informe final; probas periódicas de seguridade.

Tema 29. Seguridade nas redes de comunicacións: estandarización dunha arquitectura de seguridade; mecanismos de seguridade; marco de autenticación X-509.

Tema 30. Servicios de autenticación (Kerberos). Servicios seguros. Mensaxería segura. Diálogo seguro e/s.

Tema 31. SET (Secure Electronic Transaction). Tipos de firewalls e arquitecturas.

Tema 32. Virus. Programas seguros, inseguros e nocivos.

Tema 33. S.O. UNIX: procedementos de seguridade e de identificación do sistema. Procedementos de xestión de usuarios. Procedementos de apagado e acendido. Procedementos de manexo de discos.

Tema 34. S.O. UNIX: procedementos de administración do sistema. File Systems, backup e restauración (cpio). Tunning do sistema.

Tema 35. S.O. UNIX: procedementos de administración dos servicios de impresión. Procedementos de manexo das TTY.

Tema 36. S.O. UNIX: procedementos básicos de rede. Daemons. Procedementos de compartición remota de ficheiros.

Tema 37. Sistemas operativos UNIX (Dixital UNIX). Estructura. Xestión de recursos. AVFS.

Tema 38. Servidores de terminais e impresoras. LAT. Configuración en UNIX.

Tema 39. Java: programación concorrente mediante fíos. Interrupcións. Sincronismo.

Tema 40. Java: comunicacións, streams e sockets. Compoñentes JavaBeans.

Tema 41. A linguaxe Informix-4GL. Partes dunha aplicación en Informix-4GL.

Tema 42. Acceso a bases de datos e xeración de informes con Informix-4GL.

Tema 43. Bases de datos relacionais. Estructura. Álxebra e cálculo.

Tema 44. A linguaxe SQL. Estructura básica, operacións, funcións, subconsultas, relacións, vistas e modificación de datos. Linguaxe de definición de datos.

Tema 45. Transaccións: concepto, estados, atomicidade e durabilidade. Concorrencia, secuenciabilidade e recuperabilidade. Illamento.

Tema 46. Arquitecturas de sistemas de bases de datos: sistemas SGBD, centralizados, cliente-servidor, paralelos e distribuídos.

Tema 47. SGBD Open Source: sistemas máis comúns. Características fundamentais.

Tema 48. Arquitectura do SGBD Servidor Informix IDS 7.x: conceptos básicos, arquitectura multithread, arquitectura de disco.

Tema 49. Utilidades de supervisión e backup Informix IDS 7.x: xestión de memoria, xestión de disco. Principais ferramentas de backup.

Tema 50. Soporte transaccional do sistema Informix IDS 7.x. Estructura básica. Sistema tolerante a fallos.

Tema 51. Aplicación informática para xestión tributaria da Administración local. Procesos. Intercambio de datos con outros organismos.

Tema 52. Aplicación informática para a recadación tributaria na Administración local. Procesos. Intercambio de datos con outras entidades.

Tema 53. Aplicación informática para a xestión do Padrón Municipal de Habitantes na Administración local. Procesos. Intercambio de datos con outras entidades.

Tema 54. Aplicación informática para a xestión da policía local. Atestados. Tráfico. Xestión de persoal.

Tema 55. Aplicación informática para o Rexistro de Entrada e a xestión de expedientes.

Tema 56. Intranets: definición e beneficios. Niveis de uso. Intranet fronte ó traballo en grupo tradicional.

Tema 57. O W3C. Obxectivos e actividades do W3C. Recomendacións mínimas para a accesibilidade ó contido web.

Tema 58. Tecnoloxías fundamentais da web: SGML, DOM, URI, XML.

Tema 59. Formatos e linguaxes para presenta-la información: HTML, XHTML, CSS, XSL. O HTML dinámico.

Tema 60. Tecnoloxías de procesamento en servidor e linguaxes de servidor para a xeración de contidos web dinámicos.

Tema 61. Arquitectura de metadatos: documentos, metadatos e enlaces. A forma dos metadatos. O modelo RDF: definición, fundamentos e obxectivos.

Tema 62. Linguaxes de script: JavaScript, Jscript, EcmaScript, VBScript. Definición, orientación e características.

Tema 63. Servicios de directorio. Características. Servicios dispoñibles: X.500, DNS. Execución de servidores DNS locais.

Tema 64. Correo electrónico. Características. Sistemas e normas: SMTP, X.400. Construcción de sistemas de correo electrónico corporativos.

Tema 65. Redes de telecomunicación: fundamentos e conceptos elementais. Transmisión analóxica e dixital. Perturbacións. Capacidade. Control de enlace de datos. HDLC. Multiplexación. Conmutación de circuítos e paquetes.

Tema 66. Redes telefónicas: RTC, RDSI, xDSL. Desagregación do bucle local. Redes de comunicacións móbiles.

Tema 67. Redes de telecomunicación por cable: aspectos xerais. Topoloxía e medio físico da rede. Transmisión de datos sobre medios de cable.

Tema 68. Redes de acceso vía radio e satélite: sistema MMDS. Sistema LMDS. Sistema Hispasat. Sistemas VSAT. Redes VSAT corporativas. Sistemas asimétricos mixtos. Constelacións de satélites.

Tema 69. Tecnoloxía Frame Relay. Obxectivos. Fundamentos. Arquitectura de protocolos. Transferencia de datos. Control de conxestión.

Tema 70. Tecnoloxía ATM: obxectivos; arquitectura; conexións lóxicas. As celas de ATM. A xestión do tráfico en ATM. Control e de conxestión. Frame Relay sobre ATM.

Tema 71. Interconexión de redes. O protocolo IP. Obxectivos. Principios de interconexión de redes. Arquitectura de protocolos TCP/IP. O protocolo Internet ou IP. O encamiñamento e o protocolo IP. Protocolos de control. IP next generation.

Tema 72. Sistemas de cableado estructurado. Norma 568 EIA/TIA. Propósitos. Estructura: subsistemas.

3. Técnico medio de servicios económicos.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado en ciencias económicas ou empresariais ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de 4 horas, a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases: dous pertencentes ó anexo I e dous ó anexo II.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de catro horas, e consistirá na realización dun suposto relativo a algunha das materias indicadas como anexo III a estas bases específicas, relativo a tarefas propias das funcións asignadas á subescala, que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercico.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade ó previsto na base X das xerais. Os dous primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do terceiro e cuarto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

ANEXO I

(Exclúese o temario común para prazas do grupo B, que figura como anexo ás bases xerais).

Dereito civil e mercantil. Dereito constitucional e administrativo. Economía xeral.

Tema 1. O concepto da persoa. Clases de persoas. Persoas naturais: nacemento e extinción. Persoas xurídicas: concepto, natureza e clases. Constitución e extinción das persoas xurídicas. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición e perda da nacionalidade española. Veciñanza civil.

Tema 2. Organización económica da sociedade conxugal. O sistema económico-matrimonial no Código civil e na Lei do dereito civil de Galicia. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación nas ganancias. O réxime de separación de bens.

Tema 3. Os dereitos reais: concepto e clases. Diferencias entre os dereitos reais e os dereitos de crédito. A propiedade. Modos de adquirir e perde-la propiedade. A posesión. O usufructo. A servidume. O Rexistro da Propiedade.

Tema 4. Os dereitos reais de garantía: concepto e clasificación. Hipoteca. Peñor. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento.

Tema 5. A obriga: concepto e clases. Fontes da obriga. Proba das obrigas. Influencia do tempo nas relacións xurídicas.

Tema 6. O contrato: concepto e clases. Elementos dos contratos. Xeración, perfección e consumación dos contratos. Ineficacia dos contratos. Interpretación e forma dos contratos.

Tema 7. A compravenda: concepto e elementos. Contido da compravenda. A permuta. O contrato de arrendamento: concepto e clases. O arrendamento de predios urbanos. O arrendamentos de predios rústicos.

Tema 8. A doazón: concepto e clases. Elementos da doazón. Efectos da doazón. Revogación e reduc

ción de doazóns. A sucesión mortis causa: concepto e clases. A herdanza: concepto e situacións en que pode atoparse a herdanza. A apartación.

Tema 9. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Conservación dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: contas anuais. O rexistro mercantil.

Tema 10. A empresa mercantil. O empresario individual: capacidade e prohibicións. Proba, adquisición e perda da cualidade de empresario. Exercicio do comercio por persoa casada. O empresario estranxeiro.

Tema 11. As sociedades mercantís: concepto e clasificación. Requisitos de constitución das sociedades mercantís. A sociedade unipersoal. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade de responsabilidade limitada: principais notas do seu réxime xurídico.

Tema 12. A sociedade anónima: concepto e caracteres. Fundación. Escritura social e estatutos. Acción e obrigas. Órganos da sociedade anónima.

Tema 13. A disolución das sociedades mercantís. Liquidación e división. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís.

Tema 14. Os títulos valores: concepto e clasificación. Os títulos nominativos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: concepto e requisitos formais. O endoso. A aceptación. O pagamento da letra. As excepcións cambiarias.

Tema 15. As obrigas mercantís: características xerais. Os contratos mercantís: concepto e clases. Perfección, forma e proba dos contratos mercantís. Influencia da alteración das circunstancias nos contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

Tema 16. O contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O contrato de transporte. O contrato de seguro. O arrendamento financeiro. O renting. O factoring.

Tema 17. A suspensión de pagamentos: concepto e requisitos. Efectos da declaración de suspensión de pagamentos. A solución da suspensión de pagamentos: o convenio. A creba: concepto, requisitos e clases. Efectos da declaración da creba. Órganos da creba. Solución da creba.

Tema 18. Os contratos bancarios: concepto e clasificación. Operacións bancarias de mediación.

Tema 19. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. O Banco Central Europeo. O ordenamento xurídico comunitario: fontes. Os órganos xudiciais da Unión Europea. Acta única europea.

Tema 20. O orzamento da UE. Os instrumentos financeiros. Fondos estructurais e iniciativas comunitarias.

Tema 21. A constitución española de 1978: características e estructura. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. A reforma constitucional.

Tema 22. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. Leis orgánicas. Leis ordinarias. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto, carácteres e clases. Límites dos regulamentos. Regulamentos ilegais.

Tema 23. Concepto de Administración pública. Tipo de entes públicos. Formas de xestión dos servicios públicos. Xestión directa: a concesión administrativa de servicios públicos. O regulamento de servicios das corporacións locais: aspectos xerais.

Tema 24. As potestades administrativas: concepto e clases. O acto administrativo: concepto e caracteres. Diferentes clasificación dos actos administrativos.

Tema 25. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, fin e forma. A motivación e comunicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 26. Eficacia do acto administrativo. Executoriedade dos actos administrativos. Validez e invalidez do acto administrativo. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 27. A Lei de contratos. Ámbito de aplicación. Requisitos para contratar coa Administración. Actuacións administrativas preparatorias. Procedemento e forma de adxudicación. Perfección dos contratos.

Tema 28. Execución dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción dos contratos. Os contratos en particular: obras, subministracións, prestación de servicios á Administración.

Tema 29. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidades das autoridades e funcionarios.

Tema 30. O procedemento administrativo: concepto e fin do procedemento. Principios xerais e ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común. Características, elementos e fases do procedemento administrativo común. Trazos esenciais dos procedementos especiais.

Tema 31. Os recursos administrativos: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición.

Tema 32. A xurisdicción contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdicción contencioso-administrativa. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación e defensa. Trámites previos á interposición do recurso contencioso-administrativo. Idea xeral do proceso contencioso-administrativo. Recursos contra sentencias.

Tema 33. A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. Entidades locais: organización, competencias e réxime de funcionamento.

Tema 34. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 35. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: control parlamentario da acción do Gobemo. O Valedor do Pobo.

Tema 36. O persoal o servicio das entidades locais. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionario. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario.

Tema 37. A renda nacional: concepto e métodos de estimación. A contabilidade nacional. Natureza e fins. A análise input-output. Relacións sectoriais.

Tema 38. O diñeiro: concepto e funcións do diñeiro. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

Tema 39. O sistema financeiro. O Banco Central. Os bancos comerciais. As caixas de aforros: competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. Outros intermediarios financeiros.

ANEXO II

Dereito financeiro, orzamentario e tributario.

Tema 1. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

Tema 2. A Lei de facendas locais; aspectos xerais. O orzamento da entidade local. Formación. Documentación. Aprobación. Especial consideración da prórroga orzamentaria. Créditos prorrogables e non prorrogables. Axustes á prórroga.

Tema 3. As modificacións orzamentarias. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de crédito. Ingresos que xeran crédito.

Tema 4. O control da actividades financeira. Concepto e clases. O control interno. O control externo. O Consello de Contas. O Tribunal de Contas.

Tema 5. O gasto público. Principios constitucionais. A execución do orzamento de gastos. O procedemento de execución do gasto publico. O acto administrativo de ordenación de gastos e pagamentos. Documentos contables que interveñen no procedemento de execución do gasto público.

Tema 6. Proxectos de gastos con financiamento afectado: estructura. Vinculación xurídica. Seguimento e control. Coeficiente de financiamento. Desviación de financiamento.

Tema 7. A estructura orzamentaria. Clasificación funcional dos gastos. Clasificación económica dos gastos. Criterios e niveis. Clasificación das previsións de ingresos. A partida orzamentaria.

Tema 8. Contabilización de: anulación de dereitos de orzamento corrente e pechado. Devolución de ingresos indebidos de orzamento corrente e pechado. Devolución de ingresos duplicados ou excesivos. Anulación de ordes de pagamento por devolución de ingresos do exercicio corrente e de pechados. Corrección de erros aritméticos no exercicio corrente e pechado.

Tema 9. Endebedamento local: operacións de crédito: concepto e delimitación. Clases de operacións. Natureza dos contratos referentes a operacións de crédito. Requisitos para o endebedamento a longo prazo. Requisitos para o endebedamento a curto prazo. Operación de tesourería. Competencia dos órganos da entidade local.

Tema 10. Liquidación e cerramento do exercicio. Gastos para a compra de bens e servicios. Gastos de transferencias: correntes e de capital. Gastos de investimento. Pagamentos: concepto e clasificación. Pagamentos por obrigas orzamentarias. Pagamentos en firme e para xustificar. Xustificación de libramentos.

Tema 11. A contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública da Administración local. Principios e estructura. A conta xeral. As contas económicas do sector público.

Tema 12. Ingresos orzamentarios. Créditos ozamentarios e remanentes de crédito. Devolucións de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 13. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. Principios do ordenamento tributario español: a Lei xeral tributaria e Lei de dereitos e garantías dos contribuíntes. Aplicación e interpretación das normas tributarias.

Tema 14. Os tributos: concepto e clasificación. Os impostos: clases. Feito impoñible. Non suxeición ou exención. Devengo. Prescrición.

Tema 15. Suxeitos pasivos. Responsables. Retención. Repercusión. Capacidade de obrar. Representación. Domicilio fiscal. O NIF.

Tema 16. Base impoñible. Réximes de determinación. Comprobación de valores. Base liquidable. Tipos de gravame. Cota e débeda tributaria.

Tema 17. O procedemento de xestión tributaria. Iniciación. A declaración tributaria. Comprobación, investigación ou obtención de información. A proba. As liquidacións. A notificación. A consulta tributaria.

Tema 18. A extinción da obriga tributaria. O pagamento. A prescrición. Outras formas de extinción. As garantías.

Tema 19. A recadación dos tributos. O procedemento de constrinximentos: natureza, características e fases.

Tema 20. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 21. Infraccións tributarias: concepto e clases. Sancións tributarias. Delictos contra a Facenda pública. Contrabando.

Tema 22. A revisión dos actos en vía administrativa: o recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas. Suspensión dos actos impugnados. A taxación pericial contradictoria. Procedementos especiais.

Tema 23. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Rendementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 24. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II): ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. Base liquidable. A cota íntegra e líquida estatal. O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto. O imposto sobre a renda de non-residentes.

Tema 25. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 26. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible.

Tema 27. O imposto sobre sociedades (II):período impositivo e devengo do imposto. Tipo de gravame e cota íntegra. Deduccións para evita-la dobre imposición. Bonificacións. Deduccións por investimentos. Pagamento fraccionado. Réximes tributarios especiais: especial referencia dos incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. Xestión do imposto.

Tema 28. O imposto sobre o valor engadido (I): concepto e natureza. Feito impoñible e supostos de non suxeición. Exencións. Suxeito pasivo. Devengo. Base impoñible. Tipos de gravame.

Tema 29. O imposto sobre o valor engadido (II): débeda tributaria. Liquidación, deduccións. Devolucións. Réximes especiais.

Tema 30. O sistema tributario local. A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e características. Os impostos municipais potestativos e obrigatorios. Outros recursos.

Tema 31. Taxas: concepto e clases. A súa regulación na Lei de facendas locais. Os prezos públicos: concepto. Diferencia coas taxas. Os prezos privados. Contribucións especiais: concepto.

Tema 32. Impostos locais (I). Impostos sobre a propiedade: o imposto sobre bens inmobles. Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Tema 33. Impostos locais (II). Impostos sobre actividades: imposto sobre actividades económicas. Imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Tema 34. Ingresos de dereitos público non tributarios das facendas locais: a participación nos tributos do Estado. As subvencións: principios xerais. Subvencións correntes. Subvencións de capital. Subvención finalistas.

Tema 35. Ingresos de dereito privado: rendementos ou productos do patrimonio propio. Producto da enaxenación de bens patrimoniais. O patrimonio municipal do solo: destino.

ANEXO III

Contabilidade, matemática financeira e estatística.

I. Contabilidade: a referida ós temas do anexo II.

II. Matemática financeira: capitalización simple e composta: rendas, préstamos e empréstitos.

III. Estatística: medidas de posición e dispersión: números índices.

4. Administrativo/a de Administración xeral.

I. Número de prazas: 4.

II. Características.

Enmarcada no grupo C; escala, Administración xeral; subescala, administrativa. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, e resérvanse as prazas para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral.

A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con 10 anos de antigüidade integrados/as no grupo D de titulación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas por pregunta, rela

cionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo a estas bases.

O número de preguntas non poderá ser inferior a 40, e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver dous casos prácticos propostos polo tribunal, que finalizarán nun informe-proposta ó órgano competente para resolver, en materias relacionadas co temario anexo, nun prazo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na elaboración dun suposto práctico nun ordenador persoal mediante un paquete integrado baixo contorno windows no tempo que estableza o tribunal.

Cuarto exercicio. Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, segundo o previsto na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os tres primeiros se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que on obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

ANEXO

Temario

(Exclúese o común para prazas do grupo C, que figura como anexo ás bases xerais).

Primeira parte: dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6. O goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte: dereito administrativo.

Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión

Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía

Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte: Administración local.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadronamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

5. Auxiliar de Administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo D; escala, Administración xeral; subescala, auxiliar. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos/as aspirantes.

Consistirá nunha copia a máquina durante 10 minutos dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima e excluínte de 200 pulsacións por minuto. Se o/a aspirante utilizase máquina eléctrica -está prohibida a electrónica- a velocidade mínima e excluínte será de 230 pulsacións por minuto.

Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito, de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicarse ós aspirantes no momento de comeza-la proba e incluírse na correspondente acta.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 40 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.

Terceiro exercicio. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo tribunal e que garde relación co contido do programa.

Avaliaranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, a corrección ortográfica e a claridade da exposición.

Cuarto exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na elaboración dun suposto práctico nun ordenador persoal mediante un paquete integrado baixo contorno windows no tempo que estableza o tribunal.

Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Sexto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final faranse de conformidade co previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os catro se primeiros

cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un de eles.

ANEXO

Temario

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.

Tema 2. Os poderes do Estado: a división de poderes.

Tema 3. A Unión Europea. A acta única europea. As liberbades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administracións autonómicas. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordenación. Sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 8. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.

Tema 9. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 10. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.

Tema 11. Organización municipal. Competencias.

Tema 12. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 13. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 14. A función pública local e a súa organización.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.

Tema 16. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 18. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 19. Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos e a súa función.

Tema 20. Tratamento de textos: principais operacións nun tratamento de texto, finalidade, principais programas existentes. Bases de datos: concepto e finalidade.

6. Inspector auxiliar urbanismo.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscrita a praza que se convoca.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, e resérvase a praza para promoción interna entre funcionarios/as do grupo E, que pertenza á escala de Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais, que cumpran os requisitos esixidos na base XII das xerais de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público do ano 2001.

A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como temario común para prazas do grupo D nas bases xerais e do que figura como anexo a estas bases.

O número de preguntas non poderá ser inferior a 40, e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un perído máximo de dúas horas, e consistirá na resolución dun suposto práctico relativo a algunha das materias que integran o temario anexo relativo a tarefas propias das funcións asignadas á subescala, que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio.

Terceiro exercicio. Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, segundo o previsto na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.

No exercicio teórico cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

ANEXO

Temario específico

(Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D).

Tema 5. A Lei do solo de Galicia: obxecto, estructura e principios xerais.

Tema 6. O planeamento urbanístico: clases de instrumentos de ordenación.

Tema 7. O Plan Xeral de Ordenación Municipal: obxecto e contido.

Tema 8. O Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo: as ordenanzas urbanísticas municipais.

Tema 9. Clasificación do solo. Réxime das distintas clases e categorías do solo.

Tema 10. Execución dos plans de ordenación: sistemas de actuación.

Tema 11. As licencias urbanísticas: actos suxeitos a licencia, competencias e procedemento.

Tema 12. Deber de conservación.

Tema 13. A ruína e a súa declaración.

Tema 14. Protección da legalidade urbanística: suspensión das actuacións ilegais e as súas medidas cautelares. A restauración da orde xurídica infrinxida e a realidade física alterada.

Tema 15. Suspensión e revisión de licencias e ordes de execución.

Tema 16. Infraccións urbanísticas: concepto e tipificación; as persoas responsables.

Tema 17. Sancións urbanísticas: imposición, graduación, competencia e procedemento.

Tema 18. Tipos de sanción. Prescrición das infraccións urbanísticas.

Tema 19. A inspección urbanística: contido e funcións.

Tema 20. Procedemento nas actuacións da inspección urbanística.

7. Suboficial da policía local.

I. Número de prazas: 1.

II. Característica da praza.

Integada no grupo C de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local, categoría, suboficial. Estará dotada coas retribucións básicas corespondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, establécense as seguintes:

a) Contar coa condición de cidadán español, debido a que as funcións destas prazas comportan exercicio de autoridade.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior, FP II ou equivalente.

c) Ser titular do permiso de conducir clase A e clase B, con autorización BTP.

d) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres.

e) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada por escrito.

f) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación xunto coa instancia dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

V. Identificación dos opositores.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis axeitadas ás funcións que se van desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do dito test, contidos no anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Previamente ó seu inicio o tribunal deberá proceder a comprobar que os aspirantes cumpren o requisto do epígrafe d), do epígrafe IV «Condicións dos aspirantes», destas bases específicas, declarando eliminados ós que non a cumpran.

Consistirá na realización da seguintes probas físicas:

Proba circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á ezquerda do valo.

Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o dibuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro porase en marcha á sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

2ª Proba. Carreira velocidade 50 m lisos.

Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento do corpo.

Material. Pista de tartán e cronómetro.

Posición inicial. En pé cos brazos estendidos ó longo do corpo, pés separados e paralelos aproximadamente ó largo das cadeiras, coas pernas estendidas e o tronco erguido.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando o peito do aspirante chegue á liña final. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

3ª Proba. Carreira de fondo 800 m.

Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica. Material. Pista de atletismo.

Descrición. Os aspirantes, en grupos de 10, situaranse detrás da liña de saída, efectuarán esta á sinal e posta en marcha do cronómetro. A proba finalizará no momento no que complete a distancia indicada.

4ª Proba. 50 m. Natación.

Obxectivos. Control do medio acuático.

Material. Piscina de 25 m.

Descrición. O aspirante nadará co estilo que queira a distancia de 50 m. A saída será desde o borde da piscina ou podio de saída desta, en posición de salto e o final da proba será cando o aspirante toque a parede tras percorre-los 50 m.

Regras. Tras cada longo debe tocarse a parede da piscina. A indumentaria estará composta unicamente por bañador, gafas e gorro. Non se poderá interferir nas vías dos demais aspirantes, pois significaría a descualificación. O interferido poderá repeti-la proba tras un descanso e anotaráselle o mellor tempo realizado.

Táboa de puntuacións

Circuíto de axilidadeCarreira de fondo

800 m

Carreira de velocidade

50 m

Natación

50 m

Homes:

11''03' 15''9''50''

Mulleres:

12''04' 05''12''55''

Considerarase apto ó aspirante que supere como mínimo tres das catro probas.

Terceiro exercicio. Teórico para avaliación de coñecementos xerais e específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo maximo de 2 horas a 4 temas elixidos ó chou, dous da parte xeral e dous da parte específica do temario que figura como anexo I a estas bases.

Cuarto exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver nun prazo máximo dunha hora un suposto práctico elexido ó chou entre cinco supostos propostos polo tribunal e relacionados co temario específico que figura nestas bases.

Quinto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo, o tribunal resérvase a posibilidade, se o estima conveniente, de realizar probas de control antidopping.

Sexto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego, das institucións e do dereito básico de Galicia.

Sétimo exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo da puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, na súa aplicación ás funcións propias da policía local, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

VI. Valoración dos exercicios.

O primeiro, segundo e quinto exercicio valoraranse como apto ou non apto.

O terceiro e cuarto exercicio valoraranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non acade como mínimo 5 puntos.

O sexto e sétimo exercicio valoraranse cun máximo de 2 puntos cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios terceiro, cuarto, sexto e sétimo servirán para elabora-la relación de aprobados/as por orde de puntuación que serán nomeados/as funcionarios en prácticas.

VIII. Curso selectivo de formación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico na Academia Galega de Seguridade.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación será declarado/a «non apto» e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.

ANEXO I

(Exclúese o común para prazas do grupo C, que figura como anexo ás bases xerais).

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978: antecedentes, principios xerais, estructura e características.

Tema 2. A Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais. O Tribunal Constitucional.

Tema 3. A Coroa. As Cortes Xerais. O Defensor do pobo.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e estructura.

Tema 5. O presidente da Xunta. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tema 6. Dereitos e deberes dos funcionarios. Responsabilidade penal, civil e disciplinaria.

Tema 7. A Unión Europea. Organización e evolución.

Tema 8. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal, a poboación e a organización municipal.

Tema 9. O patrimonio municipal. Medios de defensa dos bens municipais.

Tema 10. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes.

Tema 11. Delictos de lesións. Delictos contra a liberdade e indemnidade sexuais: agresión, abuso, acoso, exhibicionismo e provocación sexual. Delictos contra o patrimonio: furto, roubo; roubo e furto de uso de vehículos; usurpación; fraudes; danos.

Tema 12. Delictos contra a liberdade. Os dereitos do detido. Especial consideración da asistencia letrada e o procemento habeas corpus. A Lei orgánica 1/1992, de protección da seguridade cidadá: a identificación.

Tema 13. Delictos contra a seguridade do tráfico. Límites entre a sanción penal e a administrativa na negativa a realiza-la proba de alcoholemia. A alcoholemia: conceptos, taxas, persoas obrigadas e práctica da proba de alcoholemia.

Tema 14. O delicto de falsidade en documento público en relación coas placas de matrícula.

Tema 15. Dereito administrativo e administración pública. O acto administrativo.

Tema 16. A potestade normativa e de autoorganización dos entes locais: ordenanzas, regulamentos e bandos.

Tema 17. Situacións dos estranxeiros en España. Réxime xeral e situacións específicas. Delicto de xenofobia e racismo.

Tema 18. Formalidades da denuncia e os seus efectos. O atestado policial.

Tema 19. O homicidio e as súas formas. Omisión do deber de prestar socorro.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal. Principais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade. Centros oficiais.

Parte específica.

Tema 1. A Lei de forzas e corpos de seguridade. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Título V: das policías locais.

Tema 2. Lei de coordinación de policías locais de Galicia 3/1992.

Tema 3. A protección do domicilio e o rexistro domiciliario.

Tema 4. As armas prohibidas e o delicto de tenza ilícita de armas.

Tema 5. A venda ambulante. Regulación e actuación policial.

Tema 6. O dereito de admisión. As follas de reclamación. Horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos.

Tema 7. A Lei de seguridade vial: antecedentes e desenvolvemento regulamentario. Competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación.

Tema 8. Inmobilización e retirada de vehículos. Consideración especial das denominadas zonas ora.

Tema 9. Permisos e licencias de conducir. Clases. Especial consideración dos vehículos especiais.

Tema 10. O transporte escolar e de menores. Condicións de seguridade.

Tema 11. Tratamento policial dos menores de idade: orixes do dereito de menores. Ámbito de aplicación da Lei 5/2000.

Tema 12. Delictos contra a saúde pública.

Tema 13. Infraccións, sancións e medidas cautelares. O procedemento sancionador en materia de tráfico.

Tema 14. Accidentes de tráfico: concepto, evolución e fases. Elementos do accidente.

Tema 15. Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Xeneralidades. Medicións sonométricas.

Tema 16. A inspección técnica de vehículos. Antecedentes. Obrigatoriedade e exencións. Vehículos accidentados, mixtos e policiais. Intervención policial.

Tema 17. Comportamentos colectivos: concepto e clasificación. O comportamento nos desastres.

Tema 18. Intervención policial en relación coa venda e consumo de alcohol e tabaco.

Tema 19. Técnicas de dirección: a relación mando subordinado.

Tema 20. Teorías psicolóxicas da delincuencia.

ANEXO II

Exclusións médicas

Son as que figuran como anexo II nas bases de garda da policía local.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local considéranse no artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara as normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia amósanse agradables e intelixentes e só se descubren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afan desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorba-los demais xa que pres

tan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valorase positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes no perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

5. Capacidade de organización de grupos.

6. Flexible e seguro das súas decisións.

8. Suboficial da policía local (promoción interna).

I. Número de prazas: 2.

II. Característica das prazas.

Integadas no grupo C de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local, categoría, suboficial. Estarán dotadas coas retribucións básicas corespondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriban as prazas.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso de méritos por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia, desenvolta polo artigo 3.1º do Decreto 204/2000, do 21 de xullo.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das xerais sinaladas na base IV das xerais os aspirantes deben reuni-los seguintes requisitos:

a) Ter unha antigüidade mínima de 2 anos no posto de sarxento, como funcionario de carreira, no corpo da policía local do Concello de Vigo.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior, FP II ou equivalente.

Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

V. Identificación dos opositores.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo

tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Baremo de méritos.

Os méritos dos aspirantes puntuaranse de acordo co establecido no anexo I do Real decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais de Galicia. En todo caso, os aspirantes deberán presentar e defender un proxecto profesional relacionado co posto de traballo que van desenvolver. O dito proxecto deberá ser presentado no momento que o tribunal o acorde expresamente, por escrito e defendido oralmente ante o tribunal cualificador.

VII. Valoración dos méritos.

Realizarase de acordo co seguinte baremo:

VIII. Curso selectivo de formación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico na Academia Galega de Seguridade.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación será declarado/a non apto e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.

9. Garda da policía local.

I. Número de prazas: 26.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local; categoría, garda. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, establécense as seguintes:

a) Contar coa condición de cidadán español, debido a que as funcións destas prazas comportan exercicio de autoridade.

b) Ter cumpridos 18 anos e non sobrepasa-los 30 anos de idade.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

d) Ser titular do permiso de conducir clase A e clase B, con autorización BTP.

e) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres.

f) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada por escrito.

g) Acreditala aptitude física, mediante a presentación xunto coa instancia dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspi

rante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

V. Identificación dos opositores.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver, contidas no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física.

Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Previamente ó seu inicio o tribunal deberá proceder a comprobar que os aspirantes cumpren o requisto do epígrafe e), do epígrafe IV Condicións dos aspirantes, destas bases específicas, declarando eliminados os que non a cumpran.

Consistirá na realización da seguintes probas físicas:

1ª Proba: salto vertical.

Obxectivo. Medi-la potencia do tren inferior (músculos extensores).

Material. Encerado milimetrado.

Posición inicial. Erguido lateralmente e ó carón do encerado. Pés xuntos e co ombro pegado á parede. Desde esta posición elevación do brazo máis achegado á parede ata a súa máxima extensión vertical. Non se poderá realizar ningún movemento a nivel de cadeira. O artello da moneca deberá estar en prolongación co eixo do brazo. Nesta posición realízase a primeira marca no encerado.

Execución. O aspirante saltará tan alto como poida e marcará cos dedos o nivel conseguido.

Regras. O candidato pode move-los brazos, flexiona-lo tronco e os xeonllos. Non se permite o salto se o aspirante non adoptou a posición inicial correcta. Mídese a distancia entre a marca feita na posición inicial e a conseguida no salto. Permítense dous intentos, apuntándose a mellor marca das dúas.

2ª Proba: flexións de brazos.

Obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-umeral.

Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara adiante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.

Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo sobrepase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá de se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superar esta. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

3ª Proba. Circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen ó chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª Proba. 100 m lisos.

Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento do corpo.

Material. Pista de tartán e cronómetro.

Posición inicial. En pé cos brazos estendidos ó longo do corpo, pés separados e paralelos aproximadamente ó ancho das cadeiras, coas pernas estendidas e o tronco erguido.

Regras. O cronómetro porase en marcha á sinal de saída e deterase cando o peito do aspirante chegue á liña final. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

5ª Proba. Carreira de 1.000 m.

Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica.

Material. Pista de atletismo.

Descrición. Os aspirantes, en grupos de 10, situaranse detrás da liña de salida, efectuarán esta ó sinal e posta en marcha do cronómetro. A proba finalizará no momento no que complete a distancia indicada.

6ª Proba. 50 m. Natación.

Obxectivos. Control do medio acuático.

Material. Piscina de 25 m.

Descrición. O aspirante nadará co estilo que queira a distancia de 50 m. A saída será desde o borde da piscina ou podio de saída desta, en posición de salto e o final da proba será cando o aspirante toque a parede tras percorre-los 50 m.

Regras. Tras cada longo debe tocarse a parede da piscina. A indumentaria estará composta unicamente por bañador, gafas e gorro. Non se poderá interferir nas vías dos demais aspirantes, pois significaría a descualificación. O interferido poderá repeti-la proba tras un descanso e anotaraselle o mellor tempo realizado.

Táboas de puntuación

Salto verticalFlexións

de brazos

Circuíto

axilidade

Carreira

100 m lisos

Carreira

1.000 m

Natación

50 m libres

CMRepeticiónTempoTempoTempoTempo

Homes

55129'' 913'' 003' 14''40'' 0

Mulleres

43310'' 614'' 503' 56''46'' 0

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos os tempos sinalados nos cadros anteriores.

Terceiro exercicio: exercicio teórico para avaliación de coñecementos xerais e específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito no prazo máximo de dúas horas a 4 temas elexidos ó chou, dos que figuran como anexo I a estas bases, dous da parte xeral e dous da parte específica.

Cuarto exercicio: recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo, o tribunal resérvase a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Quinto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego, das institucións e do dereito básico de Galicia. Cualificarase cun máximo de 2 puntos de conformidade co previsto na base X das xerais.

Sexto exercicio: de carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, na súa aplicacións ás funcións propias da policía local, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

VII. Valoración dos exercicios.

O primeiro, segundo e cuarto exercicio valoraranse como apto ou non apto.

O terceiro exercicio valoraranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non acade como mínimo 5 puntos.

O quinto e sexto exercicio valoraranse cun máximo de 2 puntos cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios terceiro, quinto e sexto servirá para elabora-la relación de aprobados/as por orde de puntuación que serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

VII. Curso selectivo de fomación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as debe

rán superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Ademais os/as aspirantes que superen o curso deberán realizar un período de prácticas no concello que será valorado pola Alcaldía tralo informe do xefe do corpo, debento obte-la cualificación de apto para superalo.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación será declarado/a non apto e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórico-práctica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.

ANEXO I

Temario específico

(Exclúense os temas comúns para prazas do grupo D, que figuran como anexo as bases xerais).

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes dos españois.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais. A Xunta de Galicia.

Tema 3. O territorio, a poboación e a organización municipal. Competencias municipais.

Tema 4. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución.

Tema 5. Delictos contra a liberdade. Os dereitos do detido.

Tema 6. Delictos contra a Administración pública.

Tema 7. Delictos de lesións. Delictos contra a liberdade sexual. Delictos contra o patrimonio e a orde socio-económica.

Tema 8. Lei 5/2000, reguladora da responsabilidade penal do menor: ámbito de aplicación. Detención dos menores. Mediadas cautelares. Dereitos e deberes dos menores internados. Responsabilidade civil.

Tema 9. Actuacións básicas ante emerxencias: avaliación do índice de risco. Avaliación de víctimas. Actuacións ante accidentes de tráfico. Afogamentos. Electrocucións.

Tema 10. Formalidades da denuncia e os seus efectos. A identificación das persoas. O atestado policial.

Parte específica.

Tema 11. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. Principios básicos.

Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V das policías locais.

Tema 12. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Tema 13. A Lei de seguridade vial: antecedentes e desenvolvemento regulamentario. Competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación. Inmovilización e retirada de vehículos: supostos. Especial referencia ás denominadas zona ora.

Tema 14. Infraccións, sancións e medidas cautelares na Lei de seguridade vial. Principios do procedemento sancionador segundo a Lei 30/1992 e regulación do procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación e seguridade vial.

Tema 15. Delictos contra a seguridade do tráfico. A alcoholemia: concepto, taxas, modo de intervir. Delictos contra a saúde pública.

Tema 16. Regulamento xeral de circulación: elementos de seguridade casco-cinto. Regulamento xeral de conductores: permisos de conducción dos estranxeiros. Regulamento xeral de vehículos: especial referencia á matriculación.

Tema 17. Permisos e licencias de conducir e documentación de vehículos.

Tema 18. Ordenanzas municipais e bandos da Alcaldía en materia de limpeza e ornato, venda ambulante, establecementos públicos, contedores, valas e estados, mercados e outras da vía pública.

Tema 19. Dereitos e deberes dos funcionarios do corpo da policía local. Procedemento disciplinario.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Principiais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade. Centros oficiais.

ANEXO II

Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións policiais.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o epígrafe 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local considéranse no artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara as normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia mostranse agradables e intelixentes e só se descubren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afan desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valórase positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes no perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

10. Bombeiro.

I. Número de prazas: 5.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D, escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, extinción de incendios; categoría, bombeiro. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial ó obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

IV. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

V. Identificación dos opositores.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Eliminatorio composto de tres probas:

1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés e sen impulso.

Descanso de 30 segundos.

2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 12 flexións consecutivas, brazos totalmente estendidos en posición prono e debendo supera-lo queixo a barra, non permitíndose balanceo na realización das flexións.

Descanso de 45 segundos.

3ª Executar 30 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 30 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

As flexións teñen como obxectivo medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-umeral.

Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara adiante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.

Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo sobrepase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá de se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superar esta. Se unha

repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan a seguir xunto coas marcas e puntuacións:

1ª Proba 100 m lisos.

Obxectivo: medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.

Terreo: superficie plana que non escorregue.

Material necesario: cronómetro.

Descrición: posición inicial: ó oí-lo sinal de preparados o executante colocarase detrás da liña de saída.

Desenvolvemento: ó oí-la voz de xa debe saír en sprint (máxima velocidade) ata chegar á liña de meta, nese momento pararase o cronómetro.

Instruccións para o controlador: realizaranse dous intentos de saída, no caso de facer dous nulos o aspirante quedara eliminado. Pó-lo cronómetro en marcha no momento no que se dá o sinal da partida e paralo cando pise a liña de meta.

Valoración da proba: realizarase o rexistro en segundos e décimas de segundo, quedando eliminado o aspirante que non acade a puntuación mínima, 12'' 85.

2ª Proba carreira 200 m con carga 30 kg.

Obxectivo: medi-la resistencia anaeróbica.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de preparados o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.

Desenvolvemento: á voz de xa tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no epígrafe b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 45''.

3ª Proba circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de ancho, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª Proba carreira 1.000 m:

Obxectivo: medi-la resistencia aeróbica de media duración.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: á voz de preparados os aspirantes situaranse de pé detrás da liña de saída; a voz de xa indicará o inicio da proba que finalizará no momento no que se completen os 1.000 metros establecidos.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no epígrafe b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 3' 14''.

5ª Proba natación 100 m.

Descrición: o aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de xa comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

Valoración: rexerán as puntuacións que figuran no epígrafe b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 1' 45''.

Marcas e puntuacións.

MarcasPuntuación

100 m lisos11'' 8020
11'' 9018
12'' 0016
12'' 1514
12'' 3512
12'' 6010
12'' 858
Carreira 200 m con carga 30 kg
33''20
35''18
37''16
39''14
41''12
43''10
45''8
Axilidade8'' 820
8'' 8518
8'' 9516
9'' 1014
9'' 3012
9'' 5510
9'' 858
Carreira 1000 m2' 50''20
2' 52''18
2' 55''16
2' 59''14
3' 04''12
3' 09''10
3' 14''8
Natación 100 m1' 15''20
1' 17''18
1' 20''16
1' 24''14
1' 28''12
1' 36''10
1' 45''8

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Nas probas deste epígrafe b) os aspirantes quedan obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 8 puntos, senón quedará eliminado. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Terceiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Cuarto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo o tribunal resérvase a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Sexto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo da puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e formas previstas na base X das xerais.

O primeiro e cuarto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

O segundo exercicio cualificaranse as probas do epígrafe a) como apto ou non apto e nas do epígrafe b), puntuarase de 0 a 20 puntos, quedando os aspirantes obrigados a chegar en calquera das probas un mínimo de 8 puntos, senón quedará eliminado. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

O terceiro exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.

A cualificación do quinto e sexto exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición segundo, terceiro, quinto e sexto, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

VII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez achegada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, compróbese a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

e) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.

Secretario: un técnico de Administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio, o suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

ANEXO I

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Parte específica.

Tema 5. Líquidos inflamables e combustibles.

Tema 6. Gases.

Tema 7. Química e física do lume.

Tema 8. Teoría da extinción do lume.

Tema 9. Explosións.

Tema 10. Clasificación dos incendios atendendo á súa natureza.

Tema 11. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos tipos de incendios.

Tema 12. Incendios forestais. Tipoloxía e formas de combate-los.

Tema 13. Comportamento ante o lume dos diferentes tipos de estructuras.

Tema 14. Gases licuados do petróleo (GLP).

Tema 15. Xeralidade da NBE/CPI-96.

Tema 16. Socorrismo. Principios xerais. Actuación en caso de accidentes con síntomas de fracturas, conmoción, queimaduras e intoxicación.

Tema 17. Resistencia e reacción ó lume.

Tema 18. A auga e os seus activos na loita contra o lume.

Tema 19. Transporte de mercadorías perigosas ADR.

Tema 20. Vehículos, equipos e roupa protectora dos servicios contra incendios.

(Bibliografía recomendada: Manual de protección contra incendios (MAPFRE), Manual de socorrismo do 061, Manual de Seguridade contra Incendios (Fundación MAPFRE) e Manual básico do bombeiro do Goberno Vasco).

ANEXO II

Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de bombeiro.

Nestes casos, o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica,

e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de bombeiro.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e á desconsideración cara a normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descubren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido

de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, valóranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes para configura-lo perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese á capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

11. Conductor-bombeiro.

I. Número de prazas: 3.

II. Características.

Integradas no grupo D de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente e en posesión do carné de conducir da clase C+E con BTP na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial co obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

V. Identificación dos opositores.

Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.

VI. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Eliminatorio composto de tres probas:

1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de cinco metros sen axuda dos pés.

Descanso de 30 segundos.

2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 7 flexións consecutivas, brazos totalmente estendidos e debendo supera-lo queixo a barra.

Descanso de 30 segundos.

3ª Executar 20 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 40 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

As flexións teñen como obxectivo medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos e os da cintura escapulo-umeral.

Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara adiante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.

Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo sobrepase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá de se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superar esta. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan a seguir xunto coas marcas e puntuacións:

1ª Proba 100 m lisos.

Obxectivo: medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.

Terreo: superficie chá que non escorregue.

Material necesario: cronómetro.

Descrición: posición inicial: ó oí-lo sinal de preparados o executante colocarase detrás da liña de saída.

Desenvolvemento: o oí-la voz de xa debe saír en sprint (máxima velocidade) ata chegar á liña de meta, nese momento pararase o cronómetro.

Instruccións para o controlador: realizaranse dous intentos de saída, no caso de facer dous nulos o aspirante quedará eliminado. Pó-lo cronómetro en marcha no momento no que se dá o sinal da partida e paralo cando pise a liña de meta.

Valoración da proba: realizarase o rexistro en segundos e décimas de segundo.

2ª proba carreira 200 m con carga 30 k.

Obxectivo: medi-la resistencia anaeróbica.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de preparados o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.

Desenvolvemento: á voz de xa tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

3ª Proba circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª Proba carreira 1.000 m:

Obxectivo: medi-la resistencia aeróbica de media duración.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: á voz de preparados os aspirantes situaranse de pé detrás da liña de saída; a voz de xa indicará o inicio da proba que finalizará no momento no que se completen os 1.000 metros establecidos.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

5ª proba natación 100 m.

Descrición: o aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de xa comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

Valoración: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

Marcas e puntuacións.

MarcasPuntuación

100 m lisos12'' 0010
12'' 159
12'' 308
12'' 457
12'' 656
12'' 905
13'' 204
13'' 403
13'' 752
14'' 251
Carreira 200 m con carga 30 kg
36''10
38''9
40''8
42''7
44''6
46''5
49''4
52''3
55''2
59''1
Axilidade9'' 6010
9'' 809
9'' 908
10'' 007
10'' 106
10'' 205
10'' 304
10'' 403
10'' 502
10'' 601
Carreira 1.000 m3' 00''10
3' 04''9
3' 08''8
3' 12''7
3' 16''6
3' 20''5
3' 25''4
3' 30''3
3' 35''2
3' 40''1
Natación 100 m1' 22''10
1' 27''9
1' 32''8
1' 37''7
1' 42''6
1' 47''5
1' 52''4
1' 57''3
2' 03''2
2' 10''1

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Nas probas deste epígrafe b), quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nun exame práctico composto de diversas probas de habilidade na conducción dun vehículo do servicio polo circuíto proposto polo tribunal.

Para a realización deste exercicio deberán comparecer provistos do permiso de circulación esixido, declarando o tribunal excluído do proceso selectivo, ó aspirante que non cumpra os requisitos esixidos nestas bases, respecto do dito permiso.

Cuarto exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Quinto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.

Así mesmo, o tribunal resérvase a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Sexto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Sétimo exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de computo da puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e formas previstas na base X das xerais.

O primeiro e quinto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

O segundo e cuarto exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.

No terceiro exercicio cualificaranse as probas do punto a) como apto ou non apto e nas do punto b), quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

A cualificación do sexto e sétimo exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

A relación de aprobados por orde de puntuación, farase de conformidade coa base X das xerais.

VII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez achegada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, compróbese a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

e) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.

Secretario: un técnico de Administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio, o suboficial, e, no seu defecto, o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

ANEXO I

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Parte específica incendios.

Tema 1. Teoría da extinción do lume.

Tema 2. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos incendios.

Tema 3. Incendios forestais. Tipoloxía, formas de combatelos.

Tema 4. Clasificación dos incendios atendendo á súa natureza.

Tema 5. Gases.

Tema 6. Gases licuados do petróleo (GLP).

Tema 7. Socorrismo. Principios xerais. Actuación en caso de accidentes con síntomas de fracturas, conmocións, queimaduras e intoxicación.

Tema 8. Vehículos, equipos e roupa protectora dos servicios contra incendios.

Tema 9. Breve descrición do termo municipal de Vigo. O casco urbano. Principais vías urbanas e de circunvalación. Monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.

Parte específica mecánica.

Tema 1. Motor de gasolina. Descrición dos seus elementos e funcionamento.

Tema 2. Motor diésel. Principios fundamentais e funcionamento.

Tema 3. Circuíto de alimentación e de inxección en motores diésel. Equipo eléctrico dos vehículos con motor diésel e gasolina. Arranque. Iluminación.

Tema 4. Engraxe. Misións do engraxe e sistemas.

Tema 5. Cambio de velocidades. Descrición e funcionamento.

Tema 6. Freos. Elementos de que se compoñen. Clases. Funcionamento. Embrague. O seu obxecto. Elementos de que se compón. Funcionamento.

Tema 7. Turbocompresores. Sobrealimentación. Refrixeración. O seu obxecto. Fundamento e descrición dos seus elementos.

(Bibliografía recomendada: Manual de protección contra incendios (MAPFRE), Manual de socorrismo do 061, Manual de seguridade contra incendios (Fundación MAPFRE) e Manual básico do bombeiro (do Goberno Vasco).

ANEXO II

Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de conductor-bombeiro.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se deapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de conductor-bombeiro.

Respecto da exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto do perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara as normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descubren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afan desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, valorase positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes para configura-lo perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese á capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

12. Oficial albanel.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición libre co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario específico

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Albanelería: oficio, ferramentas, utiles e medios auxiliares.

Tema 6. Cementos: características e clases. Argamasa, xesos e cales. Clasificación e aplicacións.

Tema 7. Fábrica de ladrillo: particións, muros resistentes, clases, condicións dos muros, execución e control de execución.

Tema 8. Fabrica de bloques: clases, execución e control de execución.

Tema 9. Argamasas. Compoñentes, condicións dos materiais, características das argamasas, amasadura e tempos de utilización.

Tema 10. Revestimento de paramentos: chapados e revestemento de azulexos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Rebocaduras, especificacións de materiais, execución e control de execución.

Tema 11. Revestimento de paramentos: gornecidos e enlucidos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Rebocaduras, especificación dos materiais, execución e control de execución.

Tema 12. Soleiras: tipos, materiais, execución e control de execución.

Tema 13. Pavimentos continuos e pavimentos flexibles. Materiais, execución e control de execución. Pavimentos de pezas ríxidas: forma e tipo de material, sistemas de colocación, execución e control de execución.

Tema 14. Entibación, apeos e estadaxes. Tipos e características xerais.

Tema 15. Movementos de terras. Muros de contención e operacións de recheo.

Tema 16. Encofrados. Xeneralidades. Clasificación. Materiais utilizados.

Tema 17. Idea xeral de traballos doutras profesións en relación coa albanelería: fontanería, carpintería e pintura.

Tema 18. Traballos de demolición. Idea xeral de demolicións de tabiques, muros e construccións pequenas en xeral.

Tema 19. Formigóns. Compoñentes. Curado. Fraguado.

Tema 20. Seguridade e hixiene: riscos, proteccións personais e colectivas nas obras de albanelería.

13. Oficial conductor.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición libre co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP 1 ou equivalente e deberán estar en posesión do permiso de conducir da categoría C+D+E.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario específico

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. O tacógrafo. Utilización. Obrigas do conductor respecto do seu uso.

Tema 6. A inspección técnica de vehículos. O seu obxectivo e periodicidade.

Tema 7. Requisitos administrativos para a conducción de vehículos automóbiles. Permisos de conducción. A tarxeta de transporte.

Tema 8. Carga e descarga. Normas e prohibicións.

Tema 9. Transporte de cargas especiais. Normativa.

Tema 10. Operacións e comprobacións básicas para a posta en servicio de vehículos lixeiros, pesados e máquinas.

Tema 11. O circuíto de carga de batería.

Tema 12. Circuítos de iluminación do vehículo. Tipos e funcións.

Tema 13. Diversos sistemas de engraxe. Descrición e aplicacións.

Tema 14. Refrixeración por auga. Compoñentes. Precaucións e mantemento.

Tema 15. Sinalización segundo lei e regulamento de tráfico, circulación e seguridade vial.

Tema 16. Infraccións, sancións e medidas cautelares segundo a Lei e regulamento de tráfico, circulación e seguridade vial.

Tema 17. Prioridades de paso: cruzamentos, estreitamentos, pontes, obras, etc.

Tema 18. Suspensión. Constitución e elementos de que consta.

Tema 19. Distintos tipos de servofreos.

Tema 20. Seguros. Modalidades e as súas coberturas. Partes de sinistro.

14. Oficial sepultureiro.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

Resérvase para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da Corporación, equiparado o grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario específico

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial sepultureiro.

Tema 6. Cemiterios: concepto e clases.

Tema 7. Condicións de localización dos cemiterios.

Tema 8. Sepulturas: concepto e uso.

Tema 9. Depósitos de cadáveres e salas de autopsia.

Tema 10. Normas sobe apertura, inspección, suspensión e clausura dun cemiterio.

Tema 11. Servicios que se prestan nos cemiterios municipais.

Tema 12. Coidados e prevencións na práctica das exhumacións.

Tema 13. Maneira de realizar unha inhumación: especialidades segundo a sepultura.

Tema 14. Concepto de domicilio mortuorio. Depósito funerario, conducción ordinaria e traslados.

Tema 15. Concepto e clases de cadaleitos.

Tema 16. Normas sanitarias sobre cadáveres.

Tema 17. Concepto de policía sanitaria mortuoria.

Tema 18. Forma de prestación do servicio funerario no Concello de Vigo.

Tema 19. Breve análise do contido da Lei 49/1978, do 3 de novembro, sobre enterramentos e cemiterios municipais.

Tema 20. Regulamento de policía sanitaria e mortuoria da Comunidade Autónoma galega, aprobado polo Decreto 134/1998, do 23 de abril e as súas modificacións.

15. Oficial xardineiro.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001.

Resérvase para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da Corporación, equiparado ó grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario específico

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial xardineiro.

Tema 6. Céspedes. Implantación do céspede. Preparación do terreo. Sementeira. Sementes e as súas clases, mesturas. A sementeira por tepes.

Tema 7. Mantemento de céspedes. Tipo de segas. Escarificados. Aireados, etc.

Tema 8. Botánica aplicada á xardinería: a planta, conceptos xerais. A raíz, o talo, as follas e as flores. Clasificación das plantas. Nomenclatura.

Tema 9. Multiplicación de plantas: asexual e sexual.

Tema 10. Pragas e enfermidades. Pragas máis comúns e o seu tratamento.

Tema 11. Maquinaria, útiles e ferramentas máis usadas na xardinería.

Tema 12. Diferentes tipos de rega. Regas en xardíns e xardineiras.

Tema 13. Plantación de árbores, arbustos e sebes, dimensionado das fochas, época de plantación, entourado, apertura, preparación da focha, fertilización.

Tema 14. Poda e cirurxía arbórea: orientación da caída dunha póla, apontoamento dunha póla con axuda de cordas. Refaldrado, corrección na orientación en pólas estructurais.

Tema 15. Podas en arbustos. De formación e de floración.

Tema 16. Conservación de zonas verdes: conceptos xerais de conservación dunha zona verde. Calendario de conservación ó longo do ano.

Tema 17. Preparación de arboredo para plantación. A raíz núa, terrón, etc.

Tema 18. Solos, análise, emendas e correccións.

Tema 19. Fertilizantes e substratos.

Tema 20. Seguidade e saúde laboral: riscos, proteccións personais e colectivas nos traballos de xardinería.

16. Axudante de oficios.

I. Número de prazas: 3.

II. Características.

En réxime laboral, equiparados ó grupo E para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo E e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de empego público correspondente ó ano 2001.

Resérvanse dúas prazas para promoción interna, entre persoal laboral coa categoría de peóns, equiparados ó grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de estudios primarios, de escolaridade ou equivalente.

Os aspirantes pola tanda de promoción interna, deberán contar coa condición de peóns con contrato laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde fai 2 anos como mínimo.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un test de 20 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza como mínimo.

Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tareas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Exclúese de realizar este terceiro exercicio o persoal que participa pola tanda de promoción interna.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

Temario

Os tres primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo E.

Tema 4. Ferramentas máis utilizadas polas brigadas de obras, albanelería, electricidade, carpintería e fontanería. Características e aplicacións.

Tema 5. Maquinaria utilizada polas brigadas de obras. Características e aplicacións da formigoneira, compresor, martelo, dumper e compactadora.

Tema 6. Conservación e mantemento de parques e xardíns: ferramentas utilizadas, podas e fertilización.

Tema 7. Os materias da construcción. Clases e aplicación.

Tema 8. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.

Tema 9. A misión do axudante en relación cos diversos oficios: especial referencia ós de albanelería, electricidade, fontanería, carpintería e pintura.

Tema 10. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas de carácter común ós diversos oficios.

Vigo, 31 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde