Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de cabo da policía local, mediante promoción interna e concurso de méritos.

1. Requisitos dos aspirantes. Para seren admitidos a este concurso de méritos, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos: a) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. b) Pertencer ó corpo da policía local do Concello de Vilanova de Arousa, coa categoría de garda, cunha antigüidade de, alomenos, dous anos de servicios prestados neste posto.

2. Instancias e admisión. As solicitudes para tomar parte neste concurso de méritos presentaranse no rexistro do concello dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto das bases no Diario Oficial de Galicia.

3. Tribunal cualificador. O tribunal cualificador estará integrado polo presidente, que será o alcalde da corporación ou membro en quen delegue. Secretario: o da corporación. Vocais: un representante da Comunidade Autónoma; un representante da mesa sectorial correspondente; un funcionario de carreira nomeado polo alcalde; o concelleiro-delegado da policía local e un concelleiro designado conxuntamente polos grupos da oposición na corporación municipal.

4. Acreditación dos méritos. A documentación acreditativa dos méritos que se van avaliar presentarase, xunto coa instancia, solicitando tomar parte no proceso selectivo.

5. Proposta de nomeamento. O tribunal, efectuadas as avaliacións correspondentes, propoñerá para o seu

nomeamento pola Comisión de Goberno ó concursante que obtivese a maior puntuación total.

As bases íntegras deste concurso de méritos, co correspondente programa, publicaranse no BOP e poderanse obter, así mesmo, solicitándoas nas oficinas do concello.

Vilanova de Arousa, 20 de maio de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde