Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.172

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO do 30 de maio de 2002, da Delegación Territorial de León da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, de notificación da resolución do expediente 623/2001.

Resultando infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario a resolución dictada pola autoridade laboral competente, no expediente administrativo sancionador que máis abaixo se relaciona, procédese a efectua-la dita notificación mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e a súa exposición no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido do interesado, co fin de que produza os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase de que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción está de manifesto e á disposición do interesado na Sección de Relacións Laborais e recursos desta Oficina Territorial de Traballo, sita na Gran Vía de San Marcos, 27 (1ª planta), León.

Nº expediente: 623/2001.

Nº acta: 1281/2001.

Empresa: Agustín Santiago Regalado.

Contía da sanción: 1.502,54 euros.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o delegado territorial da Xunta de Castela e León, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada e para a súa exposición no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en León, 30 de maio de 2002.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León