Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. V/D do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón (expediente 4303/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 11 de abril de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. V-D do PERI Aragón-Travesía de Vigo (expediente 4303/401), presentado pola Comunidade de Bens Bardelas y Álvarez, S.L., Manuel González González e José Simón Viéitez, propietarios únicos en proindiviso, que desenvolve as previsións contidas no estudio de detalle da mencionada unidade (expediente 6202/411), aprobado definitivamente o 28 de xuño de 2001.

Segundo.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos do presente acordo de aprobación definitiva, os interesados deberán presentar un aval polo 100% do orzamento das obras, que ascende á cantidade de 214.056,69 euros (35.616.037 pesetas), así como, de acordo coas determinacións do PERI IV-05, outro aval correspondente ó 6% dos custos de urbanización da rúa Sur do PERI, por importe de 19.093,61 euros (3.176.910 pesetas).

Terceiro.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras, efectuarase un replanteo destas en coordinación cos técnicos do departamento de vías e obras do concello. Tamén deberá comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de servicios electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública.

Cuarto.-Publíquese o presente acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia. Notifíqueselles ó departamento municipal de vías e obras, e ós interesados afectados, con indicación dos recursos procedentes.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifíquese o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 22 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo