Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado por decreto da Alcaldía, en data 13 de xuño de 2002, anúnciase a seguinte licitación:

1. Obxecto do contrato: a adxudicación da xestión do servicio da cafetería do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade de Sarria.

Prazo de duración: 1 ano, prorrogable ata o máximo previsto no prego de cláusulas económico-administrativas.

2. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

3. Canón que se satisfará ó concello: importe mínimo anual: 180,30 euros.

4. Garantías: provisional: 12,02 euros; definitiva: 3.005,06 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria; rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

b) Teléfono: 982 53 50 00; telefax: 982 53 09 16.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais, a partir do seguinte á derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada no número 13 do prego de cláusulas económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sarria, no rexistro xeral ou ben nos lugares legalmente establecidos.

7. Apertura de plicas.

Data: cuarto día hábil seguinte a aquel en que teña lugar o acto de apertura dos sobres que conteñen a documentación administrativa (agás que coincidise sábado), que terá lugar o día hábil seguinte ó do remate o prazo de presentacións e proposicións, ás 12 horas na casa do concello.

8. Gastos de anuncios: correrán a cargo do contratista adxudicatario.

Sarria, 18 de xuño de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde