Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello na sesión do día 26 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación número 1 (UA-1) do Plan especial de reforma interior número 3 (PERI-3) da Choupana, promovido por Julio Rey y Otros, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP nº 113, do día 20 de maio de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo