De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador 36/53/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Expediente: 36/53/2001.
Inculpado: Cándido Rodríguez Feiro.
Enderezo: praza de San Xosé, 2, 36001, Pontevedra.
Motivos: incumprimento da normativa que regula os dereitos dos consumidores en materia de publicidade.
Data do acordo de incoación: 13-12-2001.
Data da proposta de resolución: 14-2-2002.
Alegacións do expedientado: non presenta escrito no seu descargo.
Preceptos infrinxidos: Lei 34/1988, do 11 de novembro, xeral de publicidade.
Preceptos sancionadores: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.
Sanción: 150 euros.
Pontevedra, 30 de maio de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial do Instituto Galego de Consumo