Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal e suspensión de licencias.

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 11 de xuño de 2002, pola maioría absoluta legal, por 8 votos a favor e 2 abstencións, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente os documentos e planos que integran o Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado, por instancia do propio concello, pola empresa Consultora Galega, S.L.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG, no BOP, no taboleiro municipal e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

O referido prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación no DOG.

Terceiro.-Suspende-la concesión de licencias nas áreas do territorio que se indican no anexo, de conformidade co contido da proposta formulada polos redactores do PXOM.

ANEXO

Suspensión de licencias

a) Solo urbano non consolidado.

No solo urbano non consolidado (áreas de reparto nº 1 a 130, a excepción da área de reparto nº 35, na que se dá unha suspensión parcial), suspéndense as licencias nas áreas sitas nas seguintes zonas:

N-525BarracaFerradalAs Fontes

MiradorA NogueiraPiñeiroGodalla

VilaboaLama de MouroLamarredondaFontenova

SantánA SilvelaOs XugueirosVilariño

b) Solo urbano consolidado.

No solo urbano consolidado, suspéndense nas seguintes zonas:

-O Regueiro.

-A Veiga.

-Rúa Pardo Bazán fronte ós Salesianos.

-A Godalla.

-A Arqueta.

c) Solo urbanizable.

Suspéndense tamén en todo o solo urbanizable.

Nota: a delimitación exacta destas zonas grafíase no plano denominado áreas de suspensión de licencias.

A exposición pública faise na oficina de Urbanismo.

Rúa Suárez, nº 21 (Allariz).

Allariz, 18 de xuño de 2002.

Francisco García Suárez

Alcalde