Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de subministración de furgoneta ó servicio do Concello de Cerceda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cerceda.

2. Subministración: adquisición de furgoneta.

3. Orzamento base de licitación: 69.033,65 A.

4. Prazo de entrega: 3 meses.

5. Tramitación ordinaria, procedemento aberto e forma de adxudicación: concurso.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Cerceda.

7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, ou por correo dentro dos quince días naturais contados a partir da última publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

8. Garantía:

-Provisional: 1.380,67 A.

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Apertura de ofertas: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Os anuncios e publicacións serán por conta do adxudicatario.

Cerceda, 21 de maio de 2002.

José García Liñares

Alcalde-presidente