Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación de contratos de obras.

Mediante o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión que tivo lugar o 10 de xuño de 2002, aprobouse o expediente administrativo e a autorización do gasto, para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia das obras que a continuación se relacionan:

Plan de obras e servicios 2002:

1. Entidade adxudicataria:

-Entidade local: Concello de Corcubión (A Coruña).

-Dependencia: Secretaría.

-Nº de expediente: 108-0.

2. Obxecto do contrato:

-Execución da obra: parque do Campo do Rollo en contorno.

-Lugar de execución: Corcubión.

-Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma de adxudicación: concurso.

-Orzamento base da licitación (IVE incluído): 91.848,12 A.

-Garantía provisional: 1.836,96 A.

-Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

4. Obtención da documentación e información:

-Entidade: Concello de Corcubión (A Coruña).

-Enderezo: praza José Carrera nº 1.

-CP: 15130.

-Tfl.: 981 74 54 00.

-Fax: 981 74 71 00.

-Data límite de obtención da documentación: durante o prazo para a presentación de proposicións.

5. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: C-6-c.

-Solvencia: segundo prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de ofertas de participación:

-Data límite: 13 días desde a publicación do último anuncio publicado.

-Documentación: cláusula 12 do prego.

-Lugar de presentación: o indicado no punto 4.

7. Apertura de ofertas:

-Lugar: Casa do Concello de Corcubión.

-Data: o 3º día a partir do último para a presentación de ofertas.

-Hora: 13 horas.

8. Outra información:

-Gastos de anuncios e taxas: anexo I ó prego.

-Control de calidade: 1%.

Corcubión, 11 de xuño de 2002.

Alfredo Benigno González García

Alcalde-presidente en funcións