Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador 36/16/2002, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador 36/16/2002, por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que intentada a notificación polos medios habituais non se puido practicar.

O que se lle comunica de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo de Pontevedra, situado na avenida de Vigo, 16 Pontevedra, e formular alegacións e presenta-los documentos e as informacións que considere convenientes.

Expediente: 36/16/2002.

Inculpado: Héctor Martínez Barreiro.

Enderezo: Carnicería Valle Miñor, Rosalía de Castro, 43 baixo, 36201 Vigo.

Motivos: incumprimento da normativa en materia de etiquetaxe de carne de vacún.

Data do acordo de incoación: 2 de abril de 2002.

Alegacións á incoación: o expedientado alega que no momento da inspección a carne de vacún comercializada carecía de etiqueta porque se lle esgotaran ó seu provedor de carne, que é quen llas subministraba.

Data de proposta de resolución: 3 de maio de 2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 13 do Regulamento (CE) número 1760/2000, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne de vacún e dos productos a base de carne de vacún.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Sanción: 600 euros.

Pontevedra, 28 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego de Consumo