Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-EN-2001/71 (conservación da natureza).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persona que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

1. Contra a dita resolución caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten ó seu dispor na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra (r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 29 de maio de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2001/71.

Denunciado: Francisco José Solla Santomé, enderezo: r/ La Junquera, nº 2 A, Moaña (Pontevedra).

DNI: 53115976.

Feitos denunciados: capturar frinxílidos cunha trampa (rede de néboa), 5 varas de visgo e catro chamarices vivos (1 xílgaro, 2 picaouros e 1 liñaceiro).

Feitos denunciados ás 10.20 horas do 28 de outubro de 2001 no lugar, Couso-Meira, no concello de Moaña.

Data do acordo da incoación: 31-1-2002.

Data do acordo da proposta: 12-3-2002.

Proposta: sancionar a Francisco José Solla Santomé con multa de 120,20 euros.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: cazar cunha trampa rede 5 varas de visgo e chamarices vivos.

Precepto infrinxido: artigo 62 en relación co 53 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación cos anexos I e III do Real decreto 1095/1989, do 8 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: multa de 120,20 euros.