Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-P-2001/081 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que no anexo se mencionan as resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial en Galicia.

1. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, conforme os impresos que se xuntan. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de se tratar de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 20 de maio de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/081.

Denunciado: Carlos Castro López-Baro Entenza-Pedracarballa, 9 Salceda de Caselas.

DNI: 35565319.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, ás 14.58 horas do día 1 de maio de 2001, nun regato afluente do río Miño, ó seu paso pola Aldea, no concello de Tomiño.

Data do acordo da incoación: 28 de xuño de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18 de outubro de 2001.

Alegacións á proposta de resolución: non presenta.

Feitos probados: pescar sen licencia nun regato afluente do río Miño.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 300,51 A (50.001 pesetas).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.