Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-048/2002C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE del 27 de noviembre) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a

partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, facer proposta de probas concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegacións no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 10 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 048/2002C.

Denunciado: José Rodríguez Rodríguez.

DNI: 76755689.

Último enderezo coñecido: San Cibrao das Viñas, nº 18-2º, 32005 Ourense.

Feito denunciado: cazar con escopeta cargada entre unha densa néboa, con outras persoas nas proximidades.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.38º da Lei 4/1997 de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: multa de 601,01 euros e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano.

Instructora: Montserrat González Pérez.