Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 13 de xuño de 2002, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica a resolución do expediente administrativo sancionador 06/2002, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se mencionan no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello da Guarda, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación cos artigos 14 e 65 do Regulamento de servicio, policía e réxime dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de

1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo-DOG nº 228, do 28 de novembro de 1995), e, en vitude do disposto na resolución da presidencia de Portos de Galicia do 20 de marzo de 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (artigo 107 en relación co artigo 114 da Lei 30/1992). O prazo para a súa interposición será dun mes (artigo 115 da Lei 30/1992), contado desde a notificación da presente resolución.

No caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectivo o importe da sanción na conta número 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpor recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Porto-Precepto infrinxido-Precepto sancionador-Sanción

proposta

Sanc 06/2002

PO-9472-AL

Garda Civil da Guarda

Jesús Martínez Lomba

R/ Fernández Albor, 7-1º

36780 A Guarda (Pontevedra)

Circulaba indebidamente cun vehículo polo dominio público marítimo-terrestre.

16-12-2001; 2.30; A Guarda

Art. 114.1º a) Lei 27/1992.

Art. 14 e 65 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/1992180,3 euros