Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.107

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (116/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos número 116/2002, por instancia de Miguel Ángel Sanmartín Blanco contra a empresa Asgai de trastorno límite de la personalidad sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 9 de maio de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Miguel Ángel Sanmartín Blanco, declaro a improcedencia do seu despedimento e coindeno a empresa Asgai de trastorno límite de la personalidad a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 782,38 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 3.741,75 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 116-2002 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena, e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese a parte demandada de que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberalle aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Asgai de trastorno límite de la personalidad, expido e asino esta cédula na Coruña o 9 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA