Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2002 pola que se convoca a contratación das obras de construcción do Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei.

Obxecto: contratación das obras de construcción do Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei.

Prazo de execución: sete meses.

Orzamento: 720.391,32 euros.

-Anualidade 2002: 600.000 euros.

-Anualidade 2003: 120.391,32 euros.

Garantía provisional: 14.407,83 euros.

Garantía definitiva: 28.815,65 euros.

Clasificación: grupo C; subgrupos: todos; categoría E.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e, ademais, o prego de cláusulas administrativas particulares no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1438

Para dispor das fotocopias do proxecto deberán dirixirse á copistería Tórculo Artes Gráficas, S.L., praza de Mazarelos, 14, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55.

Modelo de proposición: o que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do duodécimo día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións.

Se for sábado ou inhábil, a apertura será o seguinte primeiro día hábil.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública