Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. edificio Kiwi-r/ Foxo, nº 5.
Situación: concello de Tui.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 78 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente denominado Garaxe ata o C.T. que se proxecta no edificio Kiwi, na rúa Foxo nº 5, no concello de Tui, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 56 m de lonxitude, con conductor R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte
ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 16 de maio de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra