Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.107

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (779/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 779/2001 contra a empresa Atlántica Multimedia, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, 7 de maio de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo 779/2001 seguidos por instancia de Mercedes Fernández Romero, maior de idade, asistida polo letrado Manuel de la Torre Gómez, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz contra a empresa Atlántica Multimedia, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que estimando a prescrición alegada polo Fondo de Garantía Salarialm e estimando parcialmente a demanda interposta por Mercedes Fernández Romero, debo condenar e condeno a empresa Atlántica Multimedia, S.L. a que lle aboe a aquela a cantidade de 5.105,91 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida resolución só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no mesmo prazo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta. Deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de Depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número da conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Atlántica Multimedia, S.L., con enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 7 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado