Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.107

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación.

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, certifico que nos autos acumulados de xuízo verbal 256/2001 e 70/2002 se dictou sentencia co encabezamento e resolución que literalmente din:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 15 de abril de 2002.

En nome da Súa Maxestade El-Rei.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou esta resolución no procedemento civil verbal, seguido neste xulgado co número 256/2001 e 70/2002, no que actuaron como demandante Comuca, S.L., representado pola procuradora dos tribunais Rita Goimil Martínez, e asistido polo letrado Javier Lois Bastida, e como demandados Construcciones Técnicas Garrido, S.L. e Ana María Alonso Garrido, declarados en rebeldía procesual.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Comuca, S.L., representado pola procuradora dos tribunais Rita Goimil Martínez, e asistido polo letrado Javier Lois Bastida, e contra Construcciones Técnicas Garrido, S.L. e Ana María Alonso Garrido, declarados en rebeldía procesual, condenándoos a pagarlle solidariamente á demandante a cantidade de 2.023,37 euros.

As custas procesuais impóñense ós demandados.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lles sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, Construcciones Técnicas Garrido, S.L. e Ana María Alonso Garrido, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 26 de abril de 2002.

Rubricado