Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.106

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación (189/2000).

Por telo así acordado no procedemento arriba referido, seguido neste Xulgado de Primeira Instancia

e Instrucción número tres dos de Pontevedra, notifícaselle a Francisco Crespo Iglesias a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentencia. En Pontevedra o 24 de abril de 2001.

Vistos por María Jesús Hernández Martín, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Pontevedra e o seu partido, os autos de separación contenciosa 189/2000, seguidos ante este xulgado por instancia de María del Pilar Rodríguez Soto, representada pola procuradora María Belén Álvarez Sánchez, e asistida do letrado Rey López, contra Francisco Crespo Iglesias e o Ministerio Fiscal sobre separación matrimonial, resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora sra. Álvarez en nome e representación de María del Pilar Rodríguez Soto, decretando a separación do matrimonio formado por María del Pilar Rodríguez Soto e Francisco Crespo Iglesias, cos efectos legais inherentes e as seguintes medidas complementarias:

Atribúese a garda e custodia do fillo común menor de idade, Alejo Alberto, á nai, María del Pilar Rodríguez Soto, sen prexuízo do exercicio conxunto por ámbolos proxenitores da patria potestade realizándose o réxime de visitas respecto ó proxenitor non custodio, dada a idade do menor, na forma que este considere conveniente.

Fíxase en 30.000 pesetas a cantidade que mensualmente aboará Francisco Crespo Iglesias en concepto de alimentos a favor do seu fillo Alejo Alberto, e en 40.000 pesetas a cantidade que el lle deberá aboar á esposa en concepto de pensión compensatoria, cantidades que se acomodarán anualmente de acordo coa variación que experimente o salario mínimo interprofesional e que se farán efectivas dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para este fin designe María del Pilar Rodríguez Soto.

Queda disolta a sociedade legal de gananciais, que poderá ser liquidada, firme que sexa esta resolución, por petición de calquera das partes en fase de execución de sentencia, atribuíndo o uso da vivenda conxugal ó esposo, Francisco Crespo Iglesias, conservando este a administradión do enxoval doméstico ata a súa liquidación. Francisco Crespo Iglesias aboaralle á súa esposa, en concepto de litis expensas, a cantidade que se determine en execución de sentencia.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ó rexistro civil no que conste o matrimonio dos cónxuxes, co fin de realiza-las correspondentes anotacións.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos, para ante a Audiencia Provincial, que se interporá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en forma a quen abaixo se indica, expido e asino esta cédula en Pontevedra o 29 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA