Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.106

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (361/2001).

César Ortigueira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 361/2001 se dictou a seguinte:

«Cédula de citación.

O xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede co fin de que o próximo día dous de xullo ás dez trinta horas asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, parándoo o prexuízo a que houbera lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivera, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e sirva de citación a Juan Fernández Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Betanzos, catro de xuño de dous mil dous.

O secretario

Rubricado