Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (521/2001).

María Escribano Silva, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete dos da Coruña e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo verbal arrendaticio que co número 521/2001-T se seguen neste xulgado, entre as partes que se dirán, dictouse sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Na Coruña o 11 de marzo de 2002. Vistos pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete dos da Coruña e o seu partido, María Escribano Silva, estes autos de xuízo verbal arrendaticio que co número 521/2001 se seguen ante este xulgado por instancia da Rede Nacional de Ferrocarriles Españoles (Renfe), representado pola procuradora Pando Caracena e asistido do letrado Martín Baranda, contra a asociación Orden Soberana y Militar de San Juan de Jerusalén, con último domicilio coñecido en estación de Cambre (A Coruña), declarado en rebeldía en primeira instancia, dictouse no nome de El-Rei a seguinte sentencia:

Resolvo que estimando a demanda interposta pola Red Nacional de Ferrocarriles Españoles (Renfe) representada pola procuradora Pando Caracena contra a asociación Orden Soberana y Militar de San Juan de Jerusalén, en rebeldía en autos. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre o local sito no primeiro andar da estación de Cambre (A Coruña) existía entre a parte demandante e a demandada, por falta de pagamento das rendas pactadas e, consecuentemente, que debo declarar e declaro haber lugar o desafiuzamento da entidade demandada do expresado local, condenándoo a face-la súa entrega no prazo legal establecido; de non o facer procederase ó seu lanzamento. Condénase, así mesmo, ó pagamento da cantidade de 477,72 euros (79.486 pesetas), con imposición de custas á parte demandada.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia (DOG), e para que lle sirva de notificación á demandada rebelde, Orden Soberana y Militar de San Juan de Jerusalén, á que se lle fai saber que consonte o disposto no artigo 457 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, dentro do prazo de cinco días contados desde o día seguinte ó da notificación poderá presentar ante este xulgado escrito de preparación da apelación. Ós

demandados non se lles admitirá o recurso de apelación se ó preparalo non manifestan, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme o contrato deban pagar adiantadas».

Expido e asino este edicto na Coruña o 30 de abril de 2002.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS