Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (1/2002-E).

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña acordou citar a Luciano Puerto Fernández, que se atopa en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 3 de xullo, ás 11.30 horas, asista na sala de vistas deste xulgado á celebración do xuízo de faltas número 1/2002 por lesións en agresión en calidade de prexudicado. Advírteselle que deberá comparecer con tódos-los medios de proba que queira presentar no xuízo (testemuñas, documentos, peritos, ...) e que pode estar asistido de avogado, se ben non é obrigatorio.

Así mesmo, é informado de que se residira neste concello e non comparece nin alega unha xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa.

A coruña, 17 de xuño de 2002.

O secretario

Rubricado